A Deputación da Coruña acolle o primeiro encontro de concellos arredor do Anllóns

La diputacion de a coruna acoge el primer encuentro de ayuntamientos alrededor del anllons

Os cinco alcaldes do territorio que atravesa o Río Anllóns reuníronse co responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, coa idea de dar os primeiros pasos de cara á elaboración dun proxecto de desenvolvemento turístico arredor do río. O “Proxecto Anllóns” será unha das iniciativas do Plan de Patrimonio da Deputación da Coruña.

Os concellos da Laracha, Carballo, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso e a Deputación da Coruña suman forzas para vertebrar un proxecto de desenvolvemento turístico que ten o río Anllóns como eixo central arredor do que xirarán iniciativas de sendeirismo, interpretación da natureza e patrimonio. Na xuntanza propúxose, aínda que non formen parte do curso do río, a inclusión de Malpica e Laxe para que o proxecto sexa da totalidade da Comarca de Bergantiños.

O “Proxecto Anllóns”, como xa foi bautizada a iniciativa, bota a andar co horizonte do ano 2020 e con idea de formar parte do Plan de Patrimonio da Deputación da Coruña.  Na primeira das xuntanzas, que se desenvolveu este martes na sede institucional da Coruña, participaron os cinco alcaldes do territorio, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o da Laracha, José Manuel López, o de Cabana, José Muíño Domínguez, o de Coristanco, Abraham Gerpe e o de Ponteceso, Xosé Lois Carballido ademais do deputado de Turismo, Xosé Regueira e persoal técnico das áreas de turismo e intervención da Deputación da Coruña.

A iniciativa insírese na liña de actuación de promoción e desenvolvemento turístico relativa ao Plan de Patrimonio no que se integran outros sete proxectos para a conservación e divulgación do patrimonio cultural e natural como son o do Xeoparque de Ortegal, Parque Compostela Rupestre, Parque Arqueolóxico do Megalitismo ou a Reserva da Biosfera do Mandeo.

O deputado Xosé Regueira referiuse na súa intervención ao proxecto do Mandeo para mostrar a “potencialidade dun recurso fluvial como eixo articulador de toda a comarca natural, con capacidade de atracción turística e promoción económica do territorio”. No caso do Anllóns, Regueira insistiu na “riqueza dun río con patrimonio natural e patrimonial, historia e referencias literarias claves na nosa lingua coa figura de Pondal fundamentalmente”.

Na xuntanza, destacouse de maneira especial a potencialidade do Anllóns para o sendeirismo e a interpretación da natureza, cos elementos destacados do territorio que atravesa o río. Os representantes institucionais dos concellos e a Deputación apuntaron a necesidade de primar a cooperación intermunicipal e, como os demais proxectos, establecer as liñas de actuación para o desenvolvemento dun futuro plan director que estableza as urxencias e os pasos a seguir para a elaboración e consolidación do proxecto.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg