O Interplay desvela o programa da súa xornada profesional

El interplay desvela el programa de su jornada profesional

Globomedia, 2btube, Hitsbook e Infomix súmanse a Flooxer (Atresmedia), Mtmad (Mediaset), Playz (RTVE Digital), CRTVG e Playground na primeira xornada profesional do Carballo Interplay, que se celebrará o día 4 de abril como un aperitivo do Festival de Contidos Dixitais, cuxa quinta edición se estenderá a longo de toda esa primeira semana de abril.

O Carballo Interplay ideou, para o seu primeiro Día Pro, unha serie de actividades e espazos pensados para conectar a creadores e creadoras coas principais plataformas, produtoras e medios de comunicación que están apostando no Estado polos contidos dixitais de creación propia. Tamén contará coa participación de representantes das principais asociacións do sector en Galicia -como o Cluster do Audiovisual, AGAG ou CREA- e directores e directoras e programadores e programadoras de festivais de series dixitais estatais e internacionais. Hoxe desvelamos o programa completo e convidamos as persoas interesadas en participar neste Mercadao Profesional  acreditarse, de xeito gratuíto, na web do festival: carballointerplay.com.

10h00. Recollida de acreditacións.

10h30. A televisión e os contidos nativos de internet: experiencias e novas plataformas. As televisións levan anos adaptándose aos novos medios, expandindo os seus contidos a través de distintas plataformas. Pero ademais, están empezando a crear as súas propias plataformas de contido só para internet, dirixidas a públicos novos e apostando por talentos nacidos nas propias redes. Alberto Fernández Torres, subdirector de contidos e transmedia RTVE Digital; Mafalda González Alegre, responsable de desarrollo de contenidos de Flooxer; José Pereira Fariña, director da Área de Innovación e Negocio da CRTVG; Clara Gavilán y Jesús Gómez Carbón, directora de contidos e productora executiva de Mtmad; e Jesús Gómez Carbón, Talent Manager e Branded Content de Mtmad compartirán as súas experiencias e visión de futuro para o contido dixital nas televisións xeralistas.

12h00. En busca do talento dixital. Produción de contidos audiovisuais para novos medios. Cos cambios no panorama de medios e as novos hábitos de consumo audiovisual, xorden novos tipos de produtoras e axencias que traballan co talento dixital para ofrecer contidos frescos ás novas plataformas. As produtoras tradicionais tamén crean as súas divisións dixitais. Algo se está a mover na industria cara á profesionalización dos contidos para internet e temos catro empresas para darnos a súa visión: Guillermo Carreras e Josune Imizcoz, directores do equipo de video e produtores executivos en Playground Media; Bastian Manintveld, presidente executivo de 2btube; Maya Maidagán, directora dixital en Globomedia; Rodrigo Espinel, director de Hitsbook Network.

17h00 – 19h00. Zona Pro. Espazo de encontro que fomente o contacto, a través de citas profesionais, entre os creadores e creadoras de series dixitais e as plataformas e produtoras asistentes. 
O Carballo Interplay quere destacar, na imaxe da programación profesional, a figura de Margaret Hamilton, enxeñeira de software pioneira cxio talento foi vital para o éxito das misións de Apolo á Lúa.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg