Faro de Laxe

Faros
Laxe

Saber máis sobre Faro de Laxe

Esta construción de 11 metros de altura, está situada na punta Ínsua do cabo Laxe, sobre unha loma duns 50 metros sobre o nivel do mar, que defende a vila e o porto dos ventos dominantes, nun espazo natural privilexiado.

A instalación luminosa actual data do ano 1996 e as súas características correspóndense coas dunha Baliza Xiratoria Acrílica, dotada de lámpadas de incandescencia conectadas á rede eléctrica. A súa aparencia luminosa correspóndese coa de grupo de 5 destellos en 20 segundos.

En augas próximas naufragou a Praia de Arnela en 1972, un barco de Corme que en arribada ao seu porto a mar o arrastrou ata as pedras e rompentes da Punta da Insua, salvándose só dous tripulantes.

O topónimo “A Costa da Morte”, define unha ampla zona de Galicia entre as rías de Muros e Noia e a da Coruña. Este curioso topónimo, segundo algúns estudosos, podería ter sido acuñado polos gregos para definir a rexión onde o Sol desaparecía a diario no mar e se atopase no país dos mortos ata a mañá seguinte.

Ver vídeo de Faro de Laxe

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Laxe

Praia de Soesto
Explora a Praia de Soesto: Un refuxio para os amantes do surf na Costa da Morte ...
Igrexa de Santa María da Atalaia
A poucos quilómetros de Malpica de Bergantiños atopamos Laxe, un pequeno pobo ma...
PR-G 70 Punta Insua. Laxe
Percorrido: Circular Punto de partida/llegada: Laxe Lonxitude: 4,6 km. Duració...
Praia de Traba de Laxe
Desconexión, natureza en estado puro e mar en cada rincón. Así é a praia de Trab...
Igrexa de San Simón de Nande
Situada no lugar de Matío, na parroquia de Nande (San Simón), municipio de Laxe ...
Praia de Laxe
Explora a Praia de Laxe: Beleza e comodidade na Costa da Morte A Praia de Laxe,...
PR-G 114 Laxe – Traba
Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Laxe – Mórdomo (Traba) Lonxitude: 8...
Miradoiro del Monte Castelo
Miradoiro de Monte Castelo: Panorámicas impresionantes e natureza viva O Mirado...
Conxunto histórico artístico da vila de Laxe
Camiñando polas rúas da vila de Laxe, podemos atoparnos con numerosos edificios ...
Soesto (Laxe)
A praia de Soesto, situada no pobo de Laxe, é outro potencial enclave do surf qu...