Igrexa de Santa Baia de Brens

Saber máis sobre Igrexa de Santa Baia de Brens

Na parroquia de Brens, dentro do concello de Cee, atópase a Igrexa de Santa Baia de Brens, unha das mostras máis representativas da arquitectura relixiosa rural da Costa da Morte. A súa construción principal data do século XVIII, aínda que foi reformada e ampliada ao longo do tempo, especialmente en 1956, cando se engadiron as tres naves da planta basilical.

A estrutura destaca pola súa capela maior de forma rectangular cuberta con bóveda de canón en cantaría. No seu interior, chama a atención o retablo maior, decorado con motivos característicos do barroco compostelán, asociados aos artistas Simón Rodríguez e Casas e Novoa.

No centro do retablo preside a imaxe de Santa Baia, cunha coroa de prata, palma do martirio e un libro, considerada unha das pezas escultóricas máis valiosas do barroco relixioso que se conservan en Cee.

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Festival Festiletras de O Couto
Cultura e Costa da Morte son dúas realidades que camiñan da man. Esta relación é...
Capela de San Pedro Mártir e a súa Fonte Milagreira – Cee
A Capela de San Pedro Mártir, situada na parroquia de Pereiriña (Cee), é un pequ...
Igrexa de San Martiño de Cores
A igrexa de San Martiño de Cores é unha construción do século XIII remodelada no...
Sistema dunar de Ponteceso
Estamos ante unha das dunas ramplantes máis altas de Europa. Este conxunto de du...
MACCMO: Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte
Cando Julio Pujales, pintor da Coruña, muriu repentinamente aos 58 anos, a súa e...
Coristanco: Laguna de Fontecova
O Concello de Coristanco, ao ser de interior, ten atractivos moi diferentes no q...
Museo Fernando Blanco. Escola das nenas
A súa construción débese ao filántropo nacido na vila a finais do século XVIII, ...
Complexo Sedimentario Costeiro (Carnota)
Os seus 7 kilómetros de lonxitude fan do areal de Carnota un dos máis grandes de...
Naufraxio de Laxe
A festa do “Naufraxio” é unha homenaxe da xente de Laxe á Virxe do C...
Igrexa de San Cristovo de Corzón
Situada no camiño que conduce de Santiago a Fisterra, esta sinxela construción d...