Mina de Recesindes (Vimianzo)

Cultura e historia, Megalitismo, Prehistoria
Vimianzo

Saber máis sobre Mina de Recesindes (Vimianzo)

Unha cámara moi especial

Calquera que se acerque á mina de Recesindes ten sorpresa garantida e non só polo tamaño da mámoa (túmulo de terra) de 25 metros de diámetro, senón pola cámara escondida. A súa forma, poligonal, case circular e con corredor, non é moi habitual na Costa da Morte. Pero é a colocación das seis losas de pedra do dolmen o que o fai excepcional, porque están magníficamente traballadas para encaixar, con precisión milimétrica, sen deixar ningún espazo entre elas. Mesmo se pode ver como están regularizadas na parte superior para poder colocar perfectamente a tapa, da que a día de hoxe non quedan rastros.

Este monumento forma parte dunha necrópolis megalítica da que se conservan outros dous túmulos ao suroeste, e dous máis foron destruídos coa construción da estrada que pasa xusto ao lado da Mina.

Hai noticias de escavacións realizadas por buscadores de tesouros durante a Guerra Civil, en 1936 nas que, segundo un veciño, se atoparon dúas hachas de pedra e unha cazuela.

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Vimianzo

Arca do Rabós (Vimianzo)
Caminando entre túmulos Camiñando por un prado, vemos nunha plantación de árbor...
Igrexa de San Miguel de Treos
Treos agocha un deses recunchos que se descobren sen présa, no interior do Conce...
Faguía de Carnés, festa centenaria dedicada aos callos
A “Faguía de Carnés” é unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia. Na...
Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kiló...
Praia de Sabadelle
Entre Traba e Camelle, na parroquia de Carantoña, atópase a enseada de Sabadelle...
Conxunto histórico artístico de Cereixo
As Torres de Cereixo datan do século XVII e un dos seus primeiros donos foi Pedr...
Asalto ao Castelo de Vimianzo
No ano 1468 levouse a cabo en Galicia o que popularmente se coñece como a revolt...
Igrexa de Santiago de Cereixo
A Igrexa de Santiago de Cereixo é unha das grandes xoias do románico na Costa da...
Torres de Cereixo
As Torres de Cereixo son un dos pazos máis impoñentes da Costa da Morte, erguida...
Ruta do Corredor Megalítico
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Quilómetros totais: 41 quilómetros. Accesos en vehícul...