O Monte Pindo. Follas da historia. Dumbría

Dumbría

Saber máis sobre O Monte Pindo. Follas da historia. Dumbría

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Aldea de Fieiro / A Moa
  • Lonxitude: 4,00 km (ida)
  • Duración aproximada (ida e volta): 3 horas
  • Dificultade: Media

Esta é a ruta máis fácil para ascender ata a Moa.
Transcorre en todo momento pola cara do macizo, polo que ao chegar á cima a visión do océano é repentina e sorprendente.
Comezamos na aldea do Fieiro e ascendemos por unha pista forestal ata entrar no monte por sendeiros empedrados.
Continuando a ascensión chégase ao “Alto das Cortes”, desde onde se obtén unha panorámica da praia de Carnota.
Continuamos e atravesamos os restos de antigas murallas e a zona de pastos de caballos salvaxes xa próximos á cima.
A Moa é o punto máis elevado do Monte Pindo, considérase un resto da denominada Superficie Fundamental de Galicia, que se formou hai uns 60 millóns de anos.
Este impresionante domo cupuliforme ten unhas 200 pías.

Para regresar ao punto de partida desandamos os nosos pasos, sempre atentos a un posible resbalón.
Que a bolsa da paisaxe non faga que baixemos a garda tanto sobre o camiño como sobre a protección solar e as reservas de auga que necesitaremos os días máis calurosos.

O Pindo é un monte mítico con moita historia, tanto antiga como contemporánea.
Tristemente arrasado polos incendios tamén foi un lugar onde moitos veciños sobreviviron escondidos da represión durante a ditadura.
Estas historias poden ser contadas polos habitantes do lugar aos que merece a pena prestar atención e conversar con eles.

Unha vez rematada a ruta podemos continuar ao nivel do mar visitando os lugares do Pino e Ézaro e acercarnos ao lugar onde o río Xallas desemboca en cascada no mar.
Un fenómeno único en toda a Europa continental.

Tamén debemos subir ata o miradoiro e deleitarnos coas estupendas vistas mentres recordamos o tremendo esforzo que fan os ciclistas para ascender por tremendas pendentes sen desfalecer.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Ruta Sendas do Mar De Razo a Baldaio

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Razo. Praia de Baldaio Lonxitude: 5,5 km Dura...

Ruta guiada pola vila resurgida de Cee

A Ruta guiada pola vila resurgida de Cee ofrece unha oportunidade única para mergullarse na historia...

Paseo Fluvial Rio Anllons

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Área recreativa de Gabenlle Lonxitude: 4,3 km ...

Derrubando muros con Pintura. Carballo

Derribando Muros con Pintura é unha iniciativa de arte urbano que está convertendo a Carballo nun au...

Ruta Meigha Lirea en Cee

A Ruta Meigha Lirea é un espectacular percorrido de sendeirismo circular situado no corazón da Costa...

O Monte Pindo. Miradas do Atlántico

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Igrexa do Pindo – A Moa Lonxitude: 4,00 km (ida) ...

Arqueoloxica de Borneiro

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Castro A Cidá de Borneiro Longitud: 10 km Duración ap...

Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kilómetros totais: 43 ki...

Paseo fluvial do río Negro

O paseo fluvial do río Negro é unha das rutas máis fermosas do concello de Muxía, situada na parroqu...

Ruta por A Ameixenda

A Ruta por A Ameixenda é unha andaina circular que conxuga mar e montaña nun percorrido cargado de p...