Pedra do Brazal ou Cabalgada

Espazos naturais
Dumbría

Saber máis sobre Pedra do Brazal ou Cabalgada

É unha gran mole de granito localizada no monte do Brazal, na beira oeste do camiño que sae do lugar do Logoso en dirección sur, bordeando o castro do mesmo nome. Pódese dicir que é un dos poucos monumentos caprichosos da natureza que se mantén intacto despois de millóns de anos aguantando multitude de agresións naturais como chuvia, vento, terremotos, etc., e algunha que outra polo home, manténdose en equilibrio estable ata os nosos días.

Cunha superficie de apoio de 0,5 metros de radio sobre a súa base inferior de granito de forma semiesférica de 2 metros de radio, soporta o peso de máis de 150 toneladas. O seu centro de gravidade coincide co punto tanxente de ambas, eixe principal de equilibrio. Na súa superficie superior ten tres pilóns cilíndricos, socavados pola erosión da chuvia e o vento. Un delas, de 0,48 metros de profundidade e 0,8 metros de diámetero, mantén auga durante case todo o ano. Tamén se pode observar, a cabalo da mole, un pequeno bloque de granito solto, que en realidade eran dous, un delas foi tirado ao solo.

Atópase moi cerca do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía. Ademais, ao gañador da 12ª etapa da Volta España 2012 no miradoiro do Ézaro, Joaquim Rodríguez “Purito”, entregouselle un trofeo que era unha réplica desta pedra.

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Dumbría

Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kiló...
Miradoiro do Ézaro
Nel non só podes visitar a súa espectacular cascada na desembocadura do río Xall...
Cementerio de Cores
É o segundo cemiterio municipal de Dumbría e está xunto ao tanatorio de titulari...
Ruta do Corredor Megalítico
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Quilómetros totais: 41 quilómetros. Accesos en vehícul...
Igrexa Parroquial de Santiago de Berdeogas
No corazón da Costa da Morte, a Igrexa Parroquial de Santiago de Berdeogas convé...
Pedra da Arca (de Regoelle) (Dumbría – Vimianzo)
El misterio de “The Thing” dentro del dolmen Pedra da Arca é un dos...
Curso baixo, fervenzas e desembocadura do Ría Xallas (Dumbría)
Lugar de Interese Xeolóxico Español de Relevancia Internacional (tamén se define...
Robledal Devesa da Lúa
Espazo natural aberto onde se atopan un gran número de robles a orixes do río qu...
Dolmen Pedra da Arca de Regoelle
El Dolmen de Pedra da Arca tamén se coñece como de Regoelle. Ten forma poligonal...
Cruceiro de Dumbría
Xusto fronte á Igrexa de Santa Baia de Dumbría, na mesma praza de A Grixa (Dumbr...