{"id":64154,"date":"2024-06-13T13:48:00","date_gmt":"2024-06-13T11:48:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/?p=64154"},"modified":"2024-10-17T13:57:24","modified_gmt":"2024-10-17T11:57:24","slug":"contaminacion-luminosa-dombate-2024-cmat","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/staging.visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/contaminacion-luminosa-dombate-2024-cmat","title":{"rendered":"A CMAT advirte sobre a necesidade de concienciar sobre os retos da contaminaci\u00f3n luminosa na Costa da Morte"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>CABANA DE BERGANTI\u00d1OS, 13\/06\/2024.<\/strong>&nbsp;Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT) ven de organizar, coa colaboraci\u00f3n do Concello de Cabana de Berganti\u00f1os e o cofinanciamento da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e da propia CMAT a trav\u00e9s das axudas a entes de xesti\u00f3n tur\u00edstica da provincia, unha xornada informativa para concienciar a alcaldes e alcaldesas, persoal t\u00e9cnico e empresarios da Costa da Morte sobre o problema da contaminaci\u00f3n luminosa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Este evento, celebrado na noite do m\u00e9rcores no emblem\u00e1tico dolmen de Dombate, contou con intervenci\u00f3ns de persoas especializadas no eido da f\u00edsica, a iluminaci\u00f3n p\u00fablica e o turismo. Asistiron os alcaldes e alcaldesas dos 17 concellos do xeodestino tur\u00edstico da Costa da Morte, as\u00ed como persoal t\u00e9cnico dos mesmos e representantes dos empresarios da Costa da Morte a trav\u00e9s da directiva da Asociaci\u00f3n de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM).<\/p>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\"><strong>A necesidade de concienciar sobre a Contaminaci\u00f3n Luminosa<\/strong><\/h4>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O acto foi aberto polo presidente da CMAT,&nbsp;<strong>Manuel Mu\u00ed\u00f1o,<\/strong>&nbsp;quen quixo lembrar que este tipo de xornadas \u201cserven para que todas e todos, sector p\u00fablico e privado, nos concienciemos sobre o problema da contaminaci\u00f3n luminosa. \u00c9 importante escoitar \u00e1s voces expertas e deixarnos aconsellar polos profesionais que traballan d\u00eda a d\u00eda neste sector\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Trala primeira intervenci\u00f3n, foi a quenda do f\u00edsico&nbsp;<strong>Jorge Mira<\/strong>, Catedr\u00e1tico de F\u00edsica Aplicada da USC, quen fixo fincap\u00e9 na necesidade de reducir a contaminaci\u00f3n luminosa para mellorar a sa\u00fade e o benestar xeral: \u201cEsta problem\u00e1tica vai m\u00e1is al\u00f3 do eido tur\u00edstico, ten que ver co benestar da veci\u00f1anza. \u00c9 un problema que \u00e9 necesario abordar, pois unha noite escura forma parte do ciclo natural do ser humano. Por isto \u00e9 importante controlala\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Foron tam\u00e9n moi ilustrativos os relatorios de&nbsp;<strong>Susana Mal\u00f3n<\/strong>, CEO de Lum\u00ednica Ambiental e de&nbsp;<strong>Miguel Barcelona<\/strong>, Director Nacional de mantemento e eficiencia enerx\u00e9tica de Ingesan. A primeira dedicou a s\u00faa quenda aos aspectos m\u00e1is t\u00e9cnicos da iluminaci\u00f3n p\u00fablica e, o segundo, a asesorar aos asistentes sobre as vantaxes que unha empresa de servizos enerx\u00e9ticos (ESE) pode ofrecer \u00e1 hora de modificar o alumeado p\u00fablico para que os concellos poidan ser m\u00e1is sostenibles e eficientes.<\/p>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\"><strong>Unha mesa redonda sobre as oportunidades do astroturismo<\/strong><\/h4>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Despois das intervenci\u00f3ns, foi a quenda dunha mesa redonda sobre as oportunidades que o astroturismo ofrece para a Costa da Morte como Destino Starlight na que participaron o propio Jorge Mira; Marta Rodr\u00edguez, da Secretar\u00eda t\u00e9cnica da CMAT e Jos\u00e9 Mu\u00ed\u00f1o, Alcalde de Cabana de Berganti\u00f1os. Os tres coincidiron na boa labor que desde a CMAT se est\u00e1 a facer para mellorar a concienciaci\u00f3n sobre as oportunidades do astroturismo para a contorna. Non s\u00f3 para desestacionalizar o turismo, sen\u00f3n tam\u00e9n como xeito de concienciarnos sobre a importancia de coidar a luz nocturna.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Marta Rodr\u00edguez<\/strong>, da Secretar\u00eda T\u00e9cnica da CMAT e xestora SICTED do destino Costa da Morte, fixo fincap\u00e9 neste sentido en que a Costa da Morte \u201cnon \u00e9 s\u00f3 un destino para gozar do sol e a praia nos meses de xullo e agosto. Queremos que a Costa da Morte sexa m\u00e1is que isto, e ser Destino Starlight ofr\u00e9cenos grandes oportunidades, como por exemplo o VII Encontro Internacional Starlight que se celebrar\u00e1 a principios de outubro no noso territorio\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">De feito, no mesmo dolmen de Dombate, xa fora celebrada antes desta xornada a primeira reuni\u00f3n cos monitores Starlight da Costa da Morte para recoller informaci\u00f3n sobre as actividades astrotur\u00edsticas postas en marcha ou previstas para este ano 2024. Actividades que ser\u00e1n inclu\u00eddas nun informe sobre as oportunidades do astroturismo nos destinos tur\u00edsticos Starlight galegos para a Axencia de Turismo de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\"><strong>O astroturismo, un reto e unha oportunidade para os concellos da Costa da Morte<\/strong><\/h4>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O acto foi clausurado coa intervenci\u00f3n do alcalde de Cabana de Berganti\u00f1os,&nbsp;<strong>Jos\u00e9 Mu\u00ed\u00f1o<\/strong>, que quixo dedicar uns minutos a advertir aos concellos pequenos da importancia de asesorarse ben para poder mellorar a s\u00faa iluminaci\u00f3n de xeito eficiente: \u201cHai xente especialista con moita experiencia neste eido, como os profesionais que hoxe escoitamos, e \u00e9 importante deixarse asesorar ben. Vir\u00e1 xente que diga que as luces brancas son mellores e m\u00e1is baratas. Pero sempre temos que intentar facer ben os investimentos pensando no longo prazo. Existen axudas en diferentes niveis da Administraci\u00f3n que poden facilitar que te\u00f1amos concellos m\u00e1is eficientes e m\u00e1is amables co entorno e coa veci\u00f1anza\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Este evento, ao que asistiron representantes do sector p\u00fablico e privado da Costa da Morte, cuxo balance do acto foi moi positivo, sup\u00f3n unha oportunidade para seguir mellorando na concienciaci\u00f3n sobre as oportunidades do astroturismo e o seu potencial para o territorio. Ademais, enm\u00e1rcase dentro dun ano importante para a Costa da Morte como Destino Starlight, xa que ser\u00e1 a&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/costa-da-morte-vii-encontro-internacional-starlight\">sede do VII Encontro Internacional Starlight<\/a>&nbsp;organizado pola Fundaci\u00f3n Starlight.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Asociaci\u00f3n organiza un evento para concienciar e informar aos alcaldes, empresarios e persoal t\u00e9cnico dos concellos sobre o problema da contaminaci\u00f3n luminosa e establecer medidas para reducila.<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":64133,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A CMAT advirte sobre a necesidade de concienciar sobre os retos da contaminaci\u00f3n luminosa na Costa da Morte - Costa da Morte","description":"A Asociaci\u00f3n organiza un evento para concienciar e informar aos alcaldes, empresarios e persoal t\u00e9cnico dos concellos sobre o problema da contaminaci\u00f3n luminosa"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[110,539,545],"class_list":["post-64154","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-cabana-gl","tag-jorge-mira-gl","tag-starlight-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/staging.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64154","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/staging.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/staging.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/staging.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/staging.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=64154"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/staging.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64154\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/staging.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/64133"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/staging.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=64154"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/staging.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=64154"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/staging.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=64154"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}