O Concello de Zas pon en marcha nas Torres do Allo un programa didáctico dirixido a centros educativos

El ayuntamiento de zas pone en marcha en las torres do allo un programa didactico dirigido a centros educativos

O vindeiro mes de maio arrincan as actividades escolares propias das Torres do Allo con visitas didácticas e obradoiros para cada ciclo. Tódolos venres o Pazo do Allo estará aberto para que os centros escolares poidan visitalo con reserva previa.

A Concellería de Cultura do Concello de Zas ten listo un ambicioso programa didáctico para o monumento das Torres do Allo. A partir do vindeiro mes de maio arrincan as actividades didácticas propias do pazo que se realizarán os venres baixo reserva dos centros educativos. As Torres do Allo é un lugar idóneo para realizar unha visita escolar nun entorno natural, auténtico e estimulante. A través das visitas didácticas, adaptadas a cada ciclo educativo, o alumnado descubrirá os valores artísticos, históricos, medioambientais, científicos e etnográficos que atesoura o Pazo do Allo e tódolos elementos que compoñen o ben.

As visitas educativas ás Torres do Allo complétanse cunha variada oferta de obradoiros didácticos adaptados a cada ciclo escolar. Para o ciclo de Infantil haberá un taller de plantación de sementes chamado “Sementes do Allo”. A través da páxina web das Torres do Allo (www.torresdoallo.gal) os centros educativos poden descargar oCartafol Escolar onde atoparán tódolos detalles relacionados cos obradoiros e visitas didácticas. Tódalas actividades, visitas e obradoiros son de balde. Tamén poden informarse a través do enderezo electrónico info@torresdoallo.gal.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg