A CMAT convoca una mesa de traballo sectorial co obxectivo de incluir Costa da Morte na WAOH! Route.

La cmat convoca una mesa de trabajo sectorial con el objetivo de incluir costa da morte en la waoh route

 

A reunión realizarase con data Venres  27 de Abril de 11:00 A 13:00H no Salón de Plenos do Concello de Fisterra. O pasado martes 3 de abril, a CMAT participou na xornada de traballo do proxecto europeo “Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route” (WAOH! Route), no que Turismo de Galicia é socio xunto a outras entidades europeas. O obxecto do proxecto é crear unha marca atlántica de turismo de mergullo sostible.  Aínda que a actividade principal é o mergullo, tamén incluirán outras actividades náuticas e/ou realizadas no litoral (rutas en barco, surf, avistamento de cetáceos…).

Turismo de Galicia debe presentar 3 zonas, con 3 lugares de cada zona, para representar o territorio galego. A priori, a entidade establece: Mariña Lucense, Ría de Corcubión e Ría de Arousa.  Aínda que ven difícil  poder realizar grandes trocos na selección das zonas, deixan marxe para que os axentes implicados argumenten as zonas que consideran deben formar parte do proxecto. De feito, están abertos a recibir informes e argumentos, xa que queren que os axentes participen activamente.

Co obxecto de presentar a Costa da Morte como unha das zonas, desde a CMAT convócase unha MESA DE TRABALLO SECTORIAL CON CONCELLOS COSTEIROS, MUSEOS DO MAR, GALPS E EMPRESAS DE OCIO NÁUTICO, co fin de recoller información relevante sobre a oferta deste tipo de actividades e a calidade do litoral para practicalas ao longo de todo o ano (tomando este  factor como referencia  importante, xa que a marca ten que favorecer a desestacionalización da demanda).

Para  facilitar a coordinación, a recopilación e o tratamento da información, a CMAT, achegará  unhas fichas a cubrir por todos os axentes que ofrezan actividades náuticas con fins de ocio/recreativo, así coma aloxamentos turísticos (hoteis e casas de turismo rural) que estean próximas á costa e/ou ofrezan servizos especiais a turistas interesados no mergullo e ocio náutico.

Aqueles axentes interesados en participar activamente no proxecto, que terá unha duración de 2 anos, deberán  confirmar a súa participación no enderezo electrónico: admincmat@visitacostadamorte.com, cubrindo as fichas correspondentes e incluíndo calquera documentación e información que consideren de relevancia para o posicionamento de Costa da Morte como destino de mergullo e turismo naútico.

 Dende a axencia de turismo (CMAT)  pregase  a confirmación da súa participación no proxecto antes do día 4 de maio de 2018, así coma a confirmación de asistencia á reunión do día 27, antes do día 25 de Abril.

 

 Descargar Anexo 1 (Empresas naúticas)

 Descargar Anexo 2 (Aloxamentos especializados)

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg