Paseo Fluvial de Ponteceso

Ponteceso

Saber máis sobre Paseo Fluvial de Ponteceso

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal
  • Lonxitude: 2,5 km
  • Duración aproximada (ida e volta): 1,5 horas
  • Dificultade: Fácil

A chegada ao mar do río Anllóns debuxa unha das imaxes máis espectaculares que podemos atopar na Costa da Morte.
Contrariamente á imaxe que máis temos na cabeza e que asocia este territorio con grandes acantilados e o mar golpeando sobre eles, temos diante de nosoutros un estuario calmado que virte as súas augas no mar creando un territorio de enorme riqueza paisaxística e ambiental que temos a obriga de manter intacta.

Empezamos o noso percorrido desde a Casa natal de Eduardo Pondal, diante da que atopamos a ponte que divide os concellos de Ponteceso e Cabana, e que precisamente sería obxecto dalgúns dos versos do poeta.
Trátase dun dos moitos ponte/fronteira que atoparemos ao longo deste territorio e que nos servirán tanto para sortear o río como tamén para cambiar de concello.
Pontes con moita historia como o de Lubiáns, o de Brandomil ou o de Ponte do Porto.

Regresando á ruta en Ponteceso, desde alí arrinca unha senda que nos levará ata o Malecón do Couto, con pasarelas de madeira perfectamente integradas no contorno que nos permiten pasear por unha Zona de Especial Protección para as aves.
O sendeiro está delimitado por elementos vexetais que fan a nosa intrusión máis respectuosa e nos axudan a non interromper a vida das aves acuáticas que teñen aquí o seu territorio.

Se continuamos o sendeiro ao finalizar as pasarelas nos atoparemos aos pés do Monte Branco.
Neste punto podemos iniciar o ascenso continuando pola senda do PRG – 148 ata o porto de Corme.
Pero nesta ocasión desandamos os nosos pasos cara ao punto de inicio para continuar remontando o Anllóns durante aproximadamente un kilómetro ata o final do camiño.

Unha ruta curta, accesible e completamente chana nun contorno moi particular que cambia a cada minuto pola influencia das mareas.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Paseo Maritimo de Caión

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Praza de Eduardo Vila Fano Longitud: 2 km Duración apro...

Ruta Esteiro do Anllóns

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Praia do Curro / Ensenada de Lodeiro Lonxitude: 3.5 km ...

Paseo Fluvial de Ponteceso

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal Lonxitude: 2,5 km Duraci...

PR-G 70 Punta Insua. Laxe

Percorrido: Circular Punto de partida/llegada: Laxe Lonxitude: 4,6 km. Duración aproximada (ida e ...

Ruta de Corcubión ao faro de Cee

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Villa de Corcubión Lonxitude: 3,83 km (ida) Duración ap...

Paseo fluvial do río Negro

O paseo fluvial do río Negro é unha das rutas máis fermosas do concello de Muxía, situada na parroqu...

PRG148 Ponteceso

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal / Porto de Corme Lonxitude...

Ruta Muxía – Os Muíños

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Punta da Cruz. Paseo Marítimo de Muxía Lonxitude: 9,...

Ruta Santiago de A Ameixenda

A Ruta Santiago de A Ameixenda é un percorrido curto pero moi simbólico, que revive a lenda do paso ...

Ruta das cascadas. Mazaricos

O concello de Mazaricos realiza unha proposta de rutas para coñecer cinco cascadas no contorno das c...