Desde Malpica a San Adrián

Malpica

Saber máis sobre Desde Malpica a San Adrián

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Paseo Marítimo de Malpica.
    Ermita de San Adrián
  • Lonxitude: 3,50 km (ida)
  • Duración aproximada (ida e volta): 2 horas
  • Dificultade: Fácil

Esta ruta curta de gran valor paisaxístico conta con tres tipos de usuarios.
Por un lado, atopamos aos camiñantes do Camiño dos Faros que comezan en Malpica a primeira etapa desta cada vez máis popular ruta con final en Fisterra.
Por outra banda, están os veciños e veciñas de Malpica que suben con regularidade ata o Santuario de San Adrián nun paseo lúdico ou deportivo.
Por último, están as persoas que buscan unha etapa curta e fácil onde apreciar as paisaxes da Costa da Morta sen andar demasiado.

Podes comezar este camiño no paseo marítimo, desde as praias de Arena Maior e Canido.
Unha vez aquí, o camiño te guiará por esta costa e terás unhas bonitas vistas da vila que vas deixando atrás.

Unha primeira etapa leva ata o arenal de Seaia que está dotado dunha área recreativa onde podemos descansar antes de iniciar o curto pero pronunciado ascenso ata o miradoiro e ermita de San Adrián.
Unha vez arriba podemos desfrutar dunhas vistas irrepetibles, xusto en liña coas illas Sisargas.

Para regresar ata Malpica temos dúas opcións.
A máis fácil é desandar os nosos pasos pola pendente abaixo pasando por diante dunha fonte á que se lle outorgan propiedades milagrosas.
A segunda opción é continuar o ascenso ata a cume do monte Beo e retomar o sendeiro no arenal de Seaia onde podemos darnos un chapuzón se as temperaturas acompañan.

Se visitamos este lugar o 16 de xuño atoparemos unha gran concorrencia e o ambiente festivo propio da romería.

Para completar a nosa visita a Malpica temos que pasear polas súas rúas buscando as tendas de artesanía con mostras da alfarería de Buño.
Unha das tradicións artesanas máis importantes de Galicia e que podemos coñecer en detalle no Ecomuseo Horno do Forte.

Outro dos referentes desta vila mariñeira é o posto pesqueiro que tamén debemos visitar e deixarnos sorprender co seu bullicio e actividade.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kilómetros totais: 43 ki...

PRG-142 Ruta das cascadas. Carballo

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Brea – Entrecruces (Carballo) Lonxitude: 18,6 km (ida) ...

Ruta por A Ameixenda

A Ruta por A Ameixenda é unha andaina circular que conxuga mar e montaña nun percorrido cargado de p...

Ruta San Guillerme e Faro de Fisterra

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Fisterra Longitud: 4.00 km (ida) Duración apro...

Museo Aberto de Carnota

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Rieiro – Miñarzo (Carnota) Longitud: 13 km (ida) Duraci...

Ruta Muxía – Monte Facho

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Muxía/ Mirador Monte Facho Lonxitude: 11,4 km ...

PR-G 114 Laxe – Traba

Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Laxe – Mórdomo (Traba) Lonxitude: 8,7 km. Duración apro...

Ruta Santiago de A Ameixenda

A Ruta Santiago de A Ameixenda é un percorrido curto pero moi simbólico, que revive a lenda do paso ...

Ruta das cascadas. Mazaricos

O concello de Mazaricos realiza unha proposta de rutas para coñecer cinco cascadas no contorno das c...

Paseo fluvial do río Negro

O paseo fluvial do río Negro é unha das rutas máis fermosas do concello de Muxía, situada na parroqu...