Muíños e batáns do Mosquetín

Arquitectura civil
Vimianzo

Saber máis sobre Muíños e batáns do Mosquetín

Desde 1998 o conxunto é propiedade da Deputación Provincial, pertencendo anteriormente aos veciños do Mosquetín. Existen aquí dos edificios alongados. O máis próximo ao río consta de tres estadías e alberga catro muíños. O outro, dispón tamén de tres habitáculos, gardando os tres batáns e tres muíños. Trátase dun claro exemplo da enxeñaría popular, que aproveita a forza da auga, a través dunha rede de canalizacións, para mover as pedras dos muíños e tamén para facer funcionar os batáns.

Os batáns servían antigamente para batanear, especialmente as mantas da zona, e así converter un tecido de textura pouco firme noutro de trama preta. O resultado conseguíase mollando as teas e golpeándoas durante bastante tempo.

Descoñécese a antigüidade deste conxunto etnográfico, do que se atopan referencias no Catastro de Ensenada (1753), Descrición económica do Reino de Galicia e Memorias de Juan Antonio Posse.

Ver vídeo de Muíños e batáns do Mosquetín

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Vimianzo

Pedra da Lebre (Vimianzo)
O misterio das pinturas A Pedra da Lebre é o bello nome dun dolmen moi alterado...
Igrexa de San Pedro de Berdoias
A Igrexa de San Pedro de Berdoias agárdate en Berdoias (Vimianzo, Terra de Sonei...
Igrexa de Santiago de Cereixo
A Igrexa de Santiago de Cereixo é unha das grandes xoias do románico na Costa da...
Ruta Vierio Fidalgo. Vimianzo
Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Igrexa de San Pedro de Berdoia...
Pedra da Arca (de Regoelle) (Dumbría – Vimianzo)
El misterio de “The Thing” dentro del dolmen Pedra da Arca é un dos...
Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kiló...
Casota de Freáns (Vimianzo)
De tumba a refuxio de pastores A particular forma da Garda Civil de Freáns fixo...
Faguía de Carnés, festa centenaria dedicada aos callos
A “Faguía de Carnés” é unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia. Na...
Pazo de Trasariz
Este pazo con capela xada, conta na planta baixa cun pórtico de oito arcos sobre...
Penedos de Pasarela e Traba
Esta extraordinaria formación xeolóxica, que se localiza entre os concellos de L...