Igrexa de San Xoán Bautista en Carballo

Arquitectura relixiosa
Carballo

Saber máis sobre Igrexa de San Xoán Bautista en Carballo

A Igrexa de San Xoán Bautista en Carballo é un dos exemplos máis claros de como a vila foi medrando tamén no seu patrimonio relixioso e nos seus espazos comunitarios. No ano 1974 tomouse a decisión de construír un novo templo e derrubar o anterior, aínda que podía restaurarse, xa que a canteiría empregada na súa construción era de boa calidade.

O proxecto deste terceiro templo foi asinado polo arquitecto carballés José Manuel Rey Pichel. E o resultado non foi só unha igrexa: concibiuse un complexo parroquial con varias dependencias, levantado en hormigón, pensado para a vida diaria da parroquia e para acompañar os seus momentos máis importantes.

A memoria da antiga parroquial segue presente en detalles que conectan pasado e presente: reaproveitáronse as campás, varias imaxes e obxectos litúrxicos. Ademais, no adro pódese contemplar un cruceiro de 1811, trasladado desde Cernide, onde se atopaba a antiga igrexa parroquial, converténdose nun pequeno fito histórico que completa a visita.

Ver vídeo de Igrexa de San Xoán Bautista en Carballo

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Carballo

Igrexa de Santa María de Rus
A Igrexa de Santa María de Rus, situada no lugar de Casal de Perros, no concello...
Ponte Lubiáns
A Ponte de Lubiáns, situada no lugar da Revolta, na parroquia de San Xoán de Car...
Festas de San Xoán en Carballo
A noite de San Xoán na Costa da Morte é quizás unha das máis importantes dentro ...
Razo (Carballo)
Esta é unha das praias mellor valoradas para o surf en Galicia. Adquiriu a súa f...
Complexo Dunar e lagoa da Praia de Razo – Baldaio (Carballo)
Ademáis de atoparnos ante un dos areais máis extensos de toda Galciia, coñecido ...
Mirador de estrelas en Pedra Moura de Aldemunde
En Carballo existe un lugar que evoca historias de fantasía. O dolme de Pedra Mo...
F.I.O.T. Festival Internacional Outono de Teatro
Desde 1992 o F.I.O.T. (Festival Internacional Outono de Teatro) é un referente n...
Ruta dos menhires.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Kilómetros totais: 43 kilómetros. Accesos en vehículo:...
Pedra Moura de Aldemunde (Carballo)
El dolmen que llegó volando O nome Pedra Moura evoca a existencia de leiendas d...
Fervenza de Entrecruces ou de San Paio
A Fervenza de Entrecruces ou de San Paio, no concello de Carballo, é un dos gran...