A Costa da Morte busca traspasar fronteiras en FITUR 2025

A CMAT volverá ter unha importante presenza na Feira Internacional do Turismo (FITUR) 2025 en Madrid
Imagen Por Defecto Posts

Desde o mércores 22 ata o domingo 26 de xaneiro celébrase en Madrid a Feira Internacional do Turismo (FITUR) 2025, unha cita de vital importancia para o turismo onde a Costa da Morte terá un papel importante. A CMAT, como asociación que representa a nivel turístico aos 17 concellos e aos empresarios da Costa da Morte, terá o seu propio espazo para destacar o territorio nesta feira internacional.

Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe

O lema que acompañará á CMAT durante este encontro será o de «Naturalmente Salvaxe». Dúas palabras que definen moi ben o atractivo turístico do territorio. Neste sentido, o xoves 23 a partir das 18:20, a asociación presentará o seu vídeo promocional, no que se destaca a importancia da natureza salvaxe da Costa da Morte.

A Costa da Morte é un lugar indómito que, ano tras ano, demostra que a natureza non se pode domesticar. Agreste e salvaxe pero acolledora con calquera persoa que se achegue a coñecela. Desde os seus roteiros de sendeirismo, as súas praias, os seus bosques e fervenzas e o seu ceo estrelado. A Costa da Morte é un destino magnífico por descubrir.

Presenza dos concellos

Ademais da caseta da CMAT, haberá concellos da Costa da Morte que terán os seus propios espazos, nos que presentarán as súas propostas turísticas.

Vimianzo e Laxe, en colaboración coa Xunta de Galicia, presentarán un vídeo promocional sobre os penedos de Pasarela e Traba. Esta contorna natural conta cunha formación granítica singular protexida e conta cunha das mellores vistas panorámicas do territorio.

Cee será recoñecido como Destino Turístico Intelixente durante FITUR. Cee incorporouse a esta rede en 2024 e será o primeiro concello da provincia da Coruña en ser recoñecido como tal. Tamén será presentado un vídeo promocional por parte da alcaldesa, Margarita Lamela.

Camariñas terá o seu lugar na caseta de Turespaña para presentar tamén o xoves 23 pola tarde a XXXIV Mostra do Encaixe a través do cartel, un vídeo promocional e unha camiseta oficial da Mostra, deseñada por Esteban Freiría.

Dumbría presentará xunto a Vimianzo a campaña MiraQVistas, para destacar o valor turístico do miradoiro do Ézaro. Tamén a campaña inmersiva Dumbría 360º.

Outros concellos como Carnota, Muxía ou Fisterra terán os seus momentos de protagonismo en iniciativas como Solpor, Camiño Fisterra-Muxía ou a Volta da Gloria.

Podes unirte á nosa canle de Telegram para non perderte ningunha das novidades sobre a Costa da Morte.

Costa da Morte Asociación Turística al día

Últimas noticias

# Acción Ecolóxica en Santa Mariña: Únete á Limpeza Col...

A conservación do noso litoral require da implicación de toda a cidadanía. Baixo esta premisa, a asociación ambiental Ma...

La CMAT presenta en Carballo la nueva unidad didáctica ...

La CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebró hoy en las Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, la segun...

La CMAT presenta la primera unidad didáctica digital de...

La CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentó esta mañana en la Casa da Cultura de Corcubión la nueva unidad di...

La CMAT aborda con el sector del autocaravanismo la bús...

Aprovechando la celebración de la reunión, la entidad mantuvo también un encuentro de trabajo con el vicepresidente de l...

La Costa da Morte se prepara para el eclipse con una jo...

La CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebró este martes en Caión una jornada de divulgación en torno al eclip...

La Costa da Morte reconoce el compromiso con la calidad...

La jornada se abrió con la intervención de la alcaldesa anfitriona, Mónica Rodríguez, quien dio la bienvenida a las pers...

La CMAT impulsa un plan de acción más ambicioso para 20...

La Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebró este lunes 23 de marzo su Asamblea General Ordinaria en la Casa da...

La CMAT pone en marcha un nuevo modelo de reuniones par...

La junta directiva de la CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo se reunió este martes, 3 de marzo, en la Casa do Pe...

La CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basad...

La Costa da Morte fue protagonista este jueves en FITUR con la presentación oficial de su campaña “COSTA DA MORTE: DONDE...

La Costa da Morte llevará a FITUR su nueva campaña: “Do...

La Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aprovechará su presencia en la feria para presentar oficialmente el próxim...
mantente al día

Newsletter Costa da Morte

Suscríbete a nuestra newsletter y recibe las mejores recomendaciones sobre la Costa da Morte. Mantente al día con eventos, rutas, gastronomía y experiencias únicas para tu próxima visita. ¡No te pierdas nada de esta tierra mágica!

1606727203-secc-302-3.jpg