Paseo Fluvial Rio Anllons

Ponteceso

Saber máis sobre Paseo Fluvial Rio Anllons

  • Percorrido: Circular
  • Punto de partida/chegada: Área recreativa de Gabenlle
  • Lonxitude: 4,3 km
  • Duración aproximada (ida e volta): 50 minutos
  • Dificultade: Fácil

Ruta de catro quilómetros que discorre na súa totalidade por pasarelas de madeira completando un tramo do río Anllóns ao seu paso polo concello da Laracha. Pasarela en bo estado con inicio e final na bonita e ben equipada área recreativa de Gabenlle.

Un percorrido ideal para realizar con nenos e nenas descubrindo os moliños completamente rehabilitados que flanquean esta ruta. Estes moliños son: O Formigueiro, o das Pezas, o Grande de Gabenlle e o Tarrulo. Nees podemos descubrir a configuración e o funcionamento dun molino de auga tradicional.

A vexetación da ribeira complemérase coa visión dos campos de cultivo que en moitas ocasións chegan ao mesmo can. Un paseo agradable, con posibilidades educativas e accesible.

Logo de realizar a ruta podemos descansar na área recreativa e continuar o camiño cara á costa. Recomendamos continuar no concello da Laracha e acercarnos ata o antigo porto balleneiro de Caión. Neste punto comeza A Costa da Morte que podemos abrazar con paseos costeiros, na auga con baños e practicando surf ou a través da gastronomía.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

 

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Desde Malpica a San Adrián

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Paseo Marítimo de Malpica. Ermita de San Adrián Lonxit...

Ruta dos piñeiros no mar. Malpica

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Capella das Neves ou Santo Antón-Praia As Torradas Long...

Ruta por A Ameixenda

A Ruta por A Ameixenda é unha andaina circular que conxuga mar e montaña nun percorrido cargado de p...

Ruta da Auga. Zas

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Ponte do Sisto (Zas) Lonxitude: 10 km. Duración aprox...

O Monte Pindo. Follas da historia. Dumbría

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Aldea de Fieiro / A Moa Lonxitude: 4,00 km (ida) Duraci...

Ruta Vierio Fidalgo. Vimianzo

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Igrexa de San Pedro de Berdoias Longitud: 9 kms...

Ruta do Corredor Megalítico

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Quilómetros totais: 41 quilómetros. Accesos en vehículo: Pedra Cuberta, Ar...

Paseo Fluvial Rio Anllons

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Área recreativa de Gabenlle Lonxitude: 4,3 km ...

Ruta Meigha Lirea en Cee

A Ruta Meigha Lirea é un espectacular percorrido de sendeirismo circular situado no corazón da Costa...

PR-G 70 Punta Insua. Laxe

Percorrido: Circular Punto de partida/llegada: Laxe Lonxitude: 4,6 km. Duración aproximada (ida e ...