DOLMEN DE DOMBATE, CATEDRAL DO MEGALITISMO GALEGO

Achégate a Cabana De Bergantiños a través de “DOLMEN DE DOMBATE, CATEDRAL DO MEGALITISMO GALEGO”. Se che interesa a identidade local, este texto vaite enganchar. Pista: fíxate en catedral.
64. Dolmen de Dombate

A cultura megalítica representa un dos maiores símbolos de identidade da Costa da Morte. Ao longo do seu territorio hai catalogados máis de 600 xacementos, contabilizando mámoas (túmulos) e antas ou dólmenes, que fan desta rexión occidental unha das que conservan un maior patrimonio desta cultura prehistórica que se desenvolveu entre o V e o II milenio a. C.

Estes vestixios megalíticos aparecen distribuídos por todo este espazo xeográfico, o que amosa que durante dito período estivo bastante poboado. Non obstante, hai zonas nas que se percibe con claridade unha maior concentración, sobre todo se temos en conta aqueles monumentos de maiores dimensións que chegaron ata os nosos tempos. A comarca da Terra de Soneira, e en concreto o concello de Vimianzo, é a que dispón dun maior número de dólmenes.

De todos os monumentos que hai nesta rexión costeira, o que acadou unha maior proxección, non só na Costa da Morte, senón no resto de Galicia, foi o dolmen de Dombate. Xa no século XIX chamou a atención do historiador Manuel Murguía e do poeta Eduardo Pondal, que lle dedicou un dos seus poemas.

Pasado Vilaseco, lugar batido do aire
no alto da costa de Ures de montesía canle;
pasado Vilaseco, indo p’la gandra adiante,
xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate.

Eduardo Pondal

Desde que se levaron a cabo as escavacións deste dolmen dirixidas polo arqueólogo José María Bello Diéguez entre os anos 1987 e 1989, o xacemento cambiou totalmente de aspecto e descubríronse salientables achados que ampliaron moito o coñecemento deste ben patrimonial. Os máis sorprendentes foron os gravados atopados nalgunhas lousas e os restos de pinturas da cámara e do corredor; así como a aparición dos restos dun dolmen anterior, que pasou a denominarse “Dombate antigo”.

Fronte á entrada do corredor atopouse unha fileira de figuras pétreas de rudimentarias formas antropomorfas, denominadas idoliños, que apareceron tamén noutros dólmenes e que se cre que terían unha función protectora. No interior do monumento descubríronse puntas de frecha, follas de sílex, machados, contas de colar, muíños e moitos fragmentos de cerámica precampaniforme e campaniforme.

Para protexer as pinturas cubriuse o dolmen de maneira provisional cun plástico que se mantivo ata o ano 2011, cando se construíu a estrutura actual que cobre todo o conxunto e se prohibiu o acceso ao interior da cámara. Por este motivo, no Centro de Recepción de Visitantes instalouse unha réplica do monumento orixinal para poder observar os gravados e as pinturas.

A cultura megalítica representa un valioso recurso histórico, cultural e turístico para a Costa da Morte; polo tanto, sería necesario que as distintas administracións tomen consciencia da importancia deste patrimonio de cara á súa conservación e posta en valor. Houbo un intento por parte da Xunta de Galicia de crear o Parque Megalítico da Costa da Morte no ano 2003, pero non se puxo o interese nin os recursos económicos necesarios para levalo adiante.

Galería de fotos de DOLMEN DE DOMBATE, CATEDRAL DO MEGALITISMO GALEGO

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Ao sur da ría na que o Anllóns entrega a colleita hídrica que foi recadando ao longo do seu camiñar por terras bergantiñ...

SOANDRES, ANTIGO MOSTEIRO NA RIBEIRA ALTA DO ANLLÓNS

Nas terras altas do Anllóns na aba norte do Coto de Pedrouzo, sitúase Soandres, unha extensa parroquia do concello da La...

Onde atopar grafitis, murais e arte da rúa na Costa da ...

Pregúntaste onde atopar grafitis, murais e arte urbano en xeral na Costa da Morte? Pois estás de sorte, porque practicam...

RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO

En Galicia proliferan as paisaxes nas que a auga doce é protagonista e cada vez teñen un maior atractivo as rutas de sen...

RAZO-BALDAIO, MODELO DE DIVERSIDADE AMBIENTAL

En poucos lugares da costa galega hai unha área natural con tanta diversidade como neste espazo litoral carballés, no qu...

PONTE LUBIÁN, MEMORIA DE ANTIGOS CAMIÑOS

O territorio da Costa da Morte, debido á súa situación periférica, na antigüidade non foi atravesado por vías de comunic...

Castros e dolmens prehistóricos en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é coñecida pola súa beleza natural, pero tamén pola súa rica herencia ...

Eclipse 2026 na Costa da Morte

Xa saben: a eclipse total de Sol prodúcese porque a Lúa se coloca xusto diante do Sol, e tápanolo. O tamaño aparente dos...

TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das m...

As mellores rutas de senderismo en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é famosa polos seus impresionantes paisaxes de penedos, praias virxes ...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...