O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte celebrarase o xoves 11 de xuño ás 17:00 horas na sede do GALP, situada no Centro de Artesanía e Tradición de Buño, en Malpica de Bergantiños. A cita marca o peche do proceso de participación aberto para avaliar a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Costa da Morte.
Durante este proceso desenvolvéronse diferentes espazos de participación con entidades do territorio, confrarías, concellos, asociacións de redeiras e outros axentes vinculados ao sector, co obxectivo de valorar o traballo realizado polo GALP Costa da Morte na xestión do programa de axudas do FEMPA. Agora, este foro servirá para presentar os resultados obtidos e compartir unha visión conxunta sobre os avances acadados desde o inicio deste período de programación.
O encontro está concibido como un espazo aberto á participación, no que calquera persoa ou entidade do territorio poderá coñecer de primeira man os logros do traballo desenvolvido polo GALP e achegar as principais demandas do sector. A asistencia é libre e desde o equipo técnico do GALP Costa da Morte anímase á difusión e participación neste foro, clave para avanzar cara a un futuro máis sostible para o sector pesqueiro e mariñeiro da Costa da Morte.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Centro de Artesanía e Tradición de Buño
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!