A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11 de xuño ás 19:30 horas no Edificio Bitácora, no Ézaro. O Concello de Dumbría inicia así a conta atrás para a eclipse solar de agosto cunha proposta divulgativa pensada para achegar este fenómeno astronómico á veciñanza e ás persoas interesadas no astroturismo.
A charla, titulada “Eclipse Solar. Unha oportunidade única?”, será impartida por Óscar Blanco Varela, divulgador científico coñecido no ámbito do astroturismo como “cazador de eclipses”, con experiencia en nove eclipses totais. Director do Centro Astronómico de Trevinca, presidente da Agrupación Astronómica Coruñesa IO, astrofotógrafo, monitor Starlight e colaborador habitual en medios, compartirá unha visión clara e próxima sobre a excepcionalidade da eclipse solar que viviremos este verán.
Durante a xornada explicarase a diferenza entre eclipses totais e parciais, a importancia deste acontecemento astronómico e as claves para gozalo dunha maneira segura. A actividade é de acceso gratuíto e libre ata completar aforo, organizada polo Concello de Dumbría coa colaboración da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Ctra. General, 69 - Ézaro - 15297 - Dumbría (A Coruña)
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!