2026
1
Abril

XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas 2026

Artesanía
Camariñas

Saber máis sobre XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas 2026

A XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas 2026 celebrarase do 1 ao 5 de abril cun programa que volverá converter a vila no gran escaparate do encaixe de Camariñas, da moda, da artesanía e da cultura galega. Baixo o lema “Onde o fío se converte en arte”, esta nova edición quere reivindicar Camariñas como o lugar onde late con máis forza o corazón da artesanía en Galicia, cunha programación ampla na que se mesturan tradición, creatividade, talento emerxente e propostas para todos os públicos.

Durante os cinco días da Mostra haberá desfiles de Grandes Deseñadores, Noveis Deseñadores, ArtEncaixe, Delegacións Internacionais, PequeEncaixe e Encaixeiras Sénior, ademais dun programa paralelo moi atractivo con actuacións como Luar na Lubre, Antía Muíño, Sebastián Allones Dans, o espectáculo “Fíos de Salitre”, teatro, monólogos e varias presentacións de libros. Entre as novidades desta edición destaca tamén a participación do deseñador José Perea, que confeccionará un traxe en directo en tempo récord, así como a celebración dun pleno extraordinario no propio recinto para ratificar o cambio de nome da Avenida Ambrosio Feijoo por Avenida das Palilleiras.

A XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas 2026 volverá contar ademais co espazo “Gourmet entre encaixes”, degustacións gastronómicas, demostracións artesanais e parque infantil, reforzando o carácter aberto e festivo dun evento que cada ano proxecta a identidade de Camariñas dentro e fóra de Galicia. O acto inaugural celebrarase o 1 de abril e a clausura terá lugar o 5 de abril ás 19:00 horas. Trátase dunha cita imprescindible para descubrir como o encaixe segue tecendo presente e futuro nun dos eventos máis emblemáticos da Costa da Morte.

Cartel XXXV Mostra do Encaixe de Camarinas

Máis detalles sobre XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas 2026

Data de inicio

Mércores, 1 de Abril de 2026

Data de fin

Domingo, 5 de Abril de 2026

Lugar de celebración

Pabellón Polideportivo Víctor Vigo

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco

As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8 de xuño cun programa cheo de ...

Fecha de inicio

Sábado, 6 de Xuño de 2026

Lugar

Paiosaco (A Laracha)

Ximnasia rítmica e estética en Muxía

O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o talento da mocidade coa actividad...

Fecha de inicio

Mércores, 10 de Xuño de 2026

Lugar

Pavillón Municipal de Muxía

Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte

O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte celebrarase o xoves 11 de xuño ...

Fecha de inicio

Xoves, 11 de Xuño de 2026

Lugar

Centro de Artesanía e Tradición de Buño

Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría

A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11 de xuño ás 19:30 horas no Edi...

Fecha de inicio

Xoves, 11 de Xuño de 2026

Lugar

Ctra. General, 69 - Ézaro - 15297 - Dumbría (A Coruña)

Obradoiro Consellos para a horta en Zas

O Obradoiro Consellos para a horta en Zas chega ao Centro Sociocultural de Zas o venres 12 de xuño á...

Fecha de inicio

Venres, 12 de Xuño de 2026

Lugar

Centro Sociocultural de Zas

Cea da Fame de Cáritas en Vimianzo

A Cea da Fame de Cáritas en Vimianzo celebrarase o 12 de xuño de 2026 ás 21:00 horas no Centro Comer...

Fecha de inicio

Venres, 12 de Xuño de 2026

Lugar

Centro Comercial Fonte dos Cabalos

6ª Carreira Popular Faro Roncudo en Corme-Porto

A 6ª Carreira Popular Faro Roncudo celebrarase o 13 de xuño a partir das 18:45 horas na Praza da Rib...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Corme-Porto

6ª Carreira Popular Faro Roncudo

A 6ª Carreira Popular Faro Roncudo celebrarase o 13 de xuño de 2026 en Corme, cun percorrido que une...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Corme Porto

Festa de San Antonio 2026 en Carnés

A Festa de San Antonio 2026 en Carnés celebrarase o 13 de xuño nesta parroquia do Concello de Vimian...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Carnés - Vimianzo
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg