CARNOTA, MOITA VIDA A CARÓN DO MAR

Acompaña Carnota a través de “CARNOTA, MOITA VIDA A CARÓN DO MAR”. Un capítulo para gardar: dá ideas, referencias e ganas de seguir explorando. Pista: fíxate en orilla.
176. Dunas na praia de Carnota

Desde a punta de Caldebarcos, ao norte, ata a punta dos Remedios, ao sur, fórmase un gran arco areento costeiro, como consecuencia da chegada ao mar das terras baixas do val de Carnota. Un arco de area branca produto dos diminutos grans de seixo e dos restos de cunchas de bivalvos. Un areal de case sete quilómetros de lonxitude considerado como a praia máis longa de Galicia, con distintas denominacións segundo os lugares próximos: praia de Caldebarcos, de San Mamede, de Carnota, do Cancelo e do Mar de Lira. A fauna que máis abunda nesta parte areenta son as gaivotas e o grupo das limícolas.

Paralelo a este arco formouse un cordón de dunas que dificultou á saída ao mar da auga dos regatos que veñen desembocar a este treito costeiro, como o rego de Pedrafigueira, obrigado a desviar o seu curso cara ao norte, uníndose ao río Vadebois, antes da desembocadura na Boca do Río. Estas dunas formáronse polos ventos do noroeste, predominantes na zona. Acadan pouca altura e están escasamente colonizadas. Sobre elas medran plantas que son capaces de adaptarse a este tipo de solos tan áridos.

Detrás das dunas sitúanse as marismas, ao facilitar aquelas o encorado das augas fluviais. A zona de marisma está repartida en dúas partes: a de Caldebarcos ou Berberecheira, ao norte, e a denominada “Lagoa”, ao sur. De par de cada unha delas hai tamén unha lagoa. Na parte marismeña medran varias especies de plantas do grupo das xuncáceas, gramíneas ou salicornias. É onde hai unha maior concentración de aves pola posibilidade de conseguir alimento.

A Boca do Río denomínase así pola canle que comunica o río co mar e permite a entrada da auga salgada na lagoa e máis na marisma cando enche a marea e a súa saída cando devala. Debido ao movemento de gran masa de auga, fórmanse fortes correntes.

Nesta zona entre a area da praia intercálanse penedos que lle dan unha enorme fermosura á paisaxe. Nas proximidades consérvanse os restos dunha antiga construción denominada Casa do Sal, un antigo almacén no que se gardaban as mercadorías que chegaban en barco, entre elas, ese produto, que tivo tanta importancia en épocas pasadas. Tamén se sitúa a marisma e lagoa de Caldebarcos. Na baixamar queda ao descuberto unha gran chaira areenta coñecida entre a veciñanza como a Berberecheira, pola abundancia que había deste bivalvo. É un sitio moi axeitado para a observación de aves, sobre todo do grupo das anátidas e limícolas.

Galería de fotos de CARNOTA, MOITA VIDA A CARÓN DO MAR

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

Observación de aves en Costa da Morte

A observación de aves é moito máis que un pasatempo; é unha ferramenta poderosa para conectar as persoas coa natureza e ...

CEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANTÁSTICO

Cando visitamos unha zona ás veces non nos detemos en certos sitios porque non os consideramos de interese ou porque car...

A Costa da Morte presenta a súa nova campaña: unha apos...

Esta campaña parte dunha idea clara: a Costa da Morte non é un decorado nin un produto construído artificialmente para o...

CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

O castro “A Cidá” de Borneiro (Cabana de Bergantiños), situado preto do dolmen de Dombate, representa unha excelente mos...

Que facer un fin de semana na Costa da Morte

Se te preguntas que facer unha fin de semana na Costa da Morte, aquí traémosche un itinerario perfecto para descubrir es...

GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, á beira do Anllóns, sitúase a Área Recre...

LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría,...

Puntos de información turística na Costa da Morte 2025:...

¿Preparando as túas vacacións na Costa da Morte? Coa Guía 2025 de Puntos de información turística na Costa da Morte, ter...

FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspira...

Actividades ao aire libre na Costa da Morte: surf, kaya...

A Costa da Morte, como é de esperar, é terra de actividades ao aire libre. Especialmente acuáticas. Aínda que é certo qu...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...