CEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANTÁSTICO

Percorre Vimianzo a través de “CEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANTÁSTICO”. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen présas nin tópicos. Pista: fíxate en historia.
95. Cereixo visto desde o esteiro do rio do Porto

Cando visitamos unha zona ás veces non nos detemos en certos sitios porque non os consideramos de interese ou porque carecemos de información sobre eles. Co lugar de Cereixo adoita suceder algo disto. Cereixo acolle un extraordinario patrimonio histórico e arquitectónico, ao que non sempre se lle outorga o valor que merece. Ademais da igrexa parroquial, as torres e o muíño de mareas, o núcleo forma un atractivo conxunto arquitectónico e dispón dun entorno tan acolledor que resulta difícil atopar outro igual na Costa da Morte

O edificio histórico de maior realce constitúeo a igrexa parroquial de Santiago de Cereixo, un pequeno templo románico que conserva en bo estado toda a súa fábrica orixinal. Consta de nave e ábsida rectangulares. A esta accédese por medio dun arco triunfal de medio punto que se apoia en semicolumnas con capiteis adornados con follas de acanto.

No exterior atopamos o elemento máis sobranceiro, a súa porta sur, elaborada con mestría ao máis puro estilo románico. No tímpano represéntase un tema único no románico galego: a translación do corpo do Apóstolo Santiago nunha embarcación, ao que acompañan sete dos seus discípulos. O gran mérito desta imaxe pétrea represéntao a singularidade do tema da Translatio.

Se diriximos a mirada cara ao oeste, veremos na parte alta o edificio das torres de Cereixo, na realidade trátase dun pazo do século XVII con aspecto de fortaleza, aínda que no seu soar existiu anteriormente unha construción defensiva. Os primitivos fundadores desta casa procedían da nobreza local dos Calo e Carantoña, que máis tarde emparentarán con estirpes de máis alto rango, como os Castro Villamarín ou os Lanzós Novoa, Condes de Maceda, benfeitores do santuario de Nosa Señora da Barca de Muxía. Despois de pasar o edificio por varios propietarios, e permanecer en estado de abandono, foi restaurado polos actuais donos e convertido en vivenda particular.

Se descendemos desde a igrexa ao paseo do río e continuamos por el chegamos ao muíño da Arcea ou das Torres, única construción deste tipo que funcionaba coa auga das mareas na Costa da Morte. A orixe desta construción remóntase ao ano 1647 cando Juan Taboada Ribadeneira, señor das torres de Cereixo, lle concede un foro aos irmáns Andrés e Pedro Espasante parar levantar este muíño e a cambio recibir o pago dunha renda anual. Logo de pasar por varios arrendadores e propietarios, un destes últimos rehabilitouno como vivenda particular.

Na praza de Cereixo non pasará desapercibido para o viaxeiro o centenario carballo, que coa súa inmensa copa, dá sombra á superficie deste lugar. Un verdadeiro monumento natural digno de admirar.

Galería de fotos de CEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANTÁSTICO

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

MONTE BRANCO E BALARÉS, O GOCE DA PAISAXE

Monte Branco, monte Brancocando te vexo de lonxeverto a soas triste planto.E. Pondal O poeta Eduardo Pondal (1835-191...

Costa da Morte, naturalmente única: desde hoxe, unha se...

Hai territorios que non se entenden cun “top 10”. Territorios que precisan tempo, contexto e mirada. A Costa da Morte é ...

CASTELO DE VIMIANZO, SÍMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA ...

Son poucas as fortalezas medievais que lograron manterse en pé en Galicia. No territorio da Costa da Morte hai algunhas ...

CORME, VILA NA QUE O PERCEBE VISTE DE FESTA

O núcleo de Corme Porto debe a súa orixe ás boas condicións da enseada na que se sitúa o seu porto que permitía o aprove...

O Camiño de Santiago á fin do mundo: Fisterra e Muxía

Cada vez son máis os peregrinos que deciden continuar o Camiño de Santiago ata o fin do mundo, ben ata o Faro de Fisterr...

RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO

En Galicia proliferan as paisaxes nas que a auga doce é protagonista e cada vez teñen un maior atractivo as rutas de sen...

DERRUBANDO MUROS CON PINTURA, PROXECTO PARA CURAR FERID...

A vila de Carballo formouse na banda dereita do Anllóns na primeira metade do século XVIII tralo redescubrimento das aug...

Descubre os Mellores Plans para a Noite de San Xoán 202...

A Costa da Morte é un destino máxico todo o ano, pero sexamos sinceros, a noite de San Xoán é a máis máxica de todas! Du...

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

CAMELLE, OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN

Camelle, ata non hai moitos anos, era un pequeno núcleo mariñeiro que se estendía pola parte esquerda da baía que leva e...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...