Descubre os Mellores Plans para a Noite de San Xoán 2024 na Costa da Morte

Mejores planes san juan 2024 costa da morte es

A Costa da Morte é un destino máxico todo o ano, pero sexamos sinceros, a noite de San Xoán é a máis máxica de todas! Durante este momento, celebramos que os días son eternos e a noite curta pero especial. É a noite para botar ás meigas fóra e darlle a benvida ao verán. Por iso, se tes pensado estar pola Costa da Morte durante estas datas, deixámosche unha lista cos mellores plans para a noite de San Xoán 2024 na Costa da Morte. Lume!

Mellores Plans para a Noite de San Xoán 2024 na Costa da Morte

Vimianzo

Se hai un concello da Costa da Morte no que o verán é sinónimo de lume, ese é Vimianzo. Para ir quentando motores de cara ao Asalto ao Castelo de 2024, diferentes parroquias da capital de Soneira están argallando festas para San Xoán. Algunhas son as seguintes:

San Xoán en Vilaseco: o venres 21 a partir das 21:30, sardiñada, churrasco, broa e bebida por 10 euros. Unha noite amenizada polo Dúo Élite e Tincinho.

San Xoan de Treos: neste caso, a festa celébrase á semana seguinte, o 28 a partir das 20 horas. Comida, bebida e moita música, con cachela e sardiñas a partir das 22 horas. O último día para apuntarse é o 26 de Xuño. Máis información nas redes da comisión de festas (@festastreos).

Carballo

Outro concello que dedica gran parte do mes de xuño a actividades relacionadas con esta festividade é Carballo. Neste caso, haberá todo tipo de actividades culturais desde o mércores, co pregón de San Xoán e verbena desde o venres. O domingo será o día grande coa gran Cachela de San Xoán, con sardiñada e churrascada popular. Podes consultar máis información aquí: https://carballo.org/media/documentos/despregable_zig-zag_(1).pdf

Fisterra

Na fin do mundo tamén se lle da a benvida ao verán por todo o alto. En Fisterra, está prevista unha sardiñada sen fogata na praia do Sardiñeiro. E é que pode que o San Xoán de Sardiñeiro non teña lume, pero ten moito ritmo e festa. O sábado 22 será o Sardiñeiro Fest desde as 22 horas con moita música.

Na noite do 23 será a gran sardiñada gratuíta na praia do Sardiñeiro a cargo da orquesta Alabama. Un plan que, mires por donde mires, apetece.

Laxe

En Laxe celebran unha fantástica Festa de Benvida ao verán na praza de Ramón Juega. A celebración comezará ás 20 horas cun espectáculo de humor e circo con lume e continuará a partir das 21 horas coa música de Drew Korme para darlle ritmo a esta noite máxica, que culminará cos fogos de artificio e festa da escuma a partir das 23 horas aproximadamente.

Camariñas

Chega a quenda dunha das cachelas máis espectaculares de toda Galicia. Se queres vivir un espectáculo de lume inesquecible, a praia de Area da Vila de Camariñas é a túa opción coa súa tradicional LumArea. A festa comeza xa o sábado cun cartel cheo de djs.

O domingo, desde as 18 horas, comezará a festa coa sardiñada gratuíta con cachelos e broa. A partir das 19 horas comeza a festa rachada con diferentes actuacións de charanga ata as 12 horas, cando será o acendido da maior lumarea e a traca máis potente de Galicia. O fin de festa irá a cargo da Macrodisco Impacto, con Dj Rokiño e Dj Bermúdez.

Corcubión

No concello de Corcubión tamén haberá festa o 23 de xuño para darlle a benvida ao verán no Campo do Rollo. Haberá sardiñas, viño, limonada e espectáculo de títeres. Tamén queimada e lumerada para saltar e espantar ás meigas. A celebración comezará ás 20:30 horas e durará ata final da noite.

Ponteceso

A noite do 23 de xuño tamén será especial en Corme, cunha gran cachela que se acenderá na praia de Arnela. Este acendido será especial, pois será levado a cabo polo C.D. Flechas por un Tubo de tiro con arco.

Algunhas recomendacións para unha Noite Inesquecible

Leva Roupa Axeitada

Xa sabes como é o tempo aquí. Pode parecer que fai bo, pero a noite non perdoa, incluso no verán. Asegúrate de levar unha chaqueta para manterte quente mentres disfrutas das celebracións ao aire libre.

Participa nas Tradicións Locais

San Xoán é unha festa repleta de tradicións, así que intenta vivilas intensamente. Anímate a saltar as cachelas, probar as sardiñas e participar nos ritos de purificación para vivir unha experiencia auténtica.

Explora a Gastronomía Galega

As celebracións de San Xoán son a ocasión perfecta para degustar os pratos típicos da época na nosa costa. Non esquezas probar as sardiñas, cachelos, broa… É unha noite para desfrutar tamén co padal.

Cachelas privadas

Tamén é habitual que a xente faga cachelas privadas. A seguridade é moi importante, polo que para celebralas, é necesario solicitar permisos ao concello correspondente, polo que debes poñerte en contacto con eles para rexistrar a túa solicitude.

Non te perdas un plan: únete á comunidade da Costa da Morte!

Como ves, a Costa da Morte é un lugar cheo de maxia e tradicións. Podes intentar buscar os plans pola túa conta, pero se prefires estar ao tanto das mellores actividades e eventos da costa, tamén podes seguirnos nas redes sociais. Aforrarás tempo, estarás ao día e poderás participar en iniciativas como a Foto do Mes. Non se nos ocorre mellor xeito de aproveitar ao máximo o teu tempo na Costa da Morte.

Veña, vai collendo a chaqueta e a axenda e elixe a túa praia para celebrar os mellores plans para a noite de San Xoán 2024 na Costa da Morte. Meigas fóra!

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

As praias segredas da Costa da Morte

As praias secretas da Costa da Morte son case calquera que non estea nun núcleo urbano. O territorio da Costa da Morte, ...

Consellos fotográficos para captar aves na Costa da Mor...

Hoxe imos parar a darche consellos fotográficos para captar aves na Costa da Morte. E é que a Costa da Morte é un paraís...

Onde atopar grafitis, murais e arte da rúa na Costa da ...

Pregúntaste onde atopar grafitis, murais e arte urbano en xeral na Costa da Morte? Pois estás de sorte, porque practicam...

Historias e lendas mariñeiras da Costa da Morte: mitos,...

A Costa da Morte é moito máis que un destino de natureza salvaxe e praias infinitas. A súa historia está vencellada ao m...

BRANDOMIL, A MAIOR PRESENCIA ROMANA EN A COSTA DA MORTE

Tense afirmado que nas terras máis occidentais de Galicia, como son as da Costa da Morte, o grao de romanización foi moi...

PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e ...

RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO

En Galicia proliferan as paisaxes nas que a auga doce é protagonista e cada vez teñen un maior atractivo as rutas de sen...

PONTE LUBIÁN, MEMORIA DE ANTIGOS CAMIÑOS

O territorio da Costa da Morte, debido á súa situación periférica, na antigüidade non foi atravesado por vías de comunic...

CAMARIÑAS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE

Camariñas é desas vilas que ten un selo de identificación moi definido, pois simplemente con pronunciar o nome desta loc...

Que Visitar en Costa da Morte en 10 Días

Pregúntaste que visitar na Costa da Morte en 10 días? Pois a continuación traémosche a resposta en detalle. Na nosa opin...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...