CAMARIÑAS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE

Mergúllate en Camariñas a través de “CAMARIÑAS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE”. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: fíxate en vuelve.
110. Vila de Camariñas na actualidade

Camariñas é desas vilas que ten un selo de identificación moi definido, pois simplemente con pronunciar o nome desta localidade xa se incorpora á nosa memoria a verba encaixe, ese tecido elaborado polas mans lixeiras e expertas de artesás.

A orixe do nome desta vila procede da planta arbustiva denominada caramiña (Corema album), que medraba nas dunas da desaparecida praia sobre a que se asentou este núcleo. Primeiro naceu a parroquia de San Xurxo de Buría, máis cara ao interior e agrícola, e despois fundouse a localidade mariñeira, máis achegada á costa, para aproveitar os recursos do mar.

Os Moscoso, desde a súa fortaleza de Vimianzo, impuxeron o dominio sobre este porto, que polo século XV xa destacaba pola súa actividade pesqueira e comercial. A abrigada praia do Curveiro facía de embarcadoiro, frecuentado por embarcacións doutros países que navegaban por este litoral. A sardiña e o congro eran as especies que máis se capturaban nesta ría. A mediados do século XVIII había dous trincados ou galeóns que se dedicaban á pesca da sardiña, que, unha vez salgada, exportábase para o Pais Vasco.

Nos primeiros anos do século XX, Camariñas era unha vila pesqueira cunha harmonía urbanística de casas con balcóns ou galería, pintadas de branco e rúas estreitas que conducían ao porto. Apenas había edificacións que alterasen esa sintonía en altura e colorido. A igrexa parroquial e o muíño de vento sobresaían na parte alta. A pesca era a actividade principal, complementada co comercio que se realizaba por vía marítima. A través do seu porto exportábanse sardiñas salgadas, madeira e cereais e importábanse mercadorías manufacturadas e produtos alimentarios diversos.

Aquela fisionomía urbanística cambiou a partir dos anos setenta e oitenta, cando as novas construcións substituíron á arquitectura tradicional, dándolle ao núcleo o aspecto que vemos a día de hoxe. Camariñas preséntasenos actualmente como unha vila máis moderna, pero sen aquel encanto que tiña anos atrás de casas brancas ou de cores acorde coas súas embarcacións.

Son varios os atractivos que ofrece a vila camariñá ao visitante. En primeiro lugar, o de ser capital do encaixe de Galicia, que permite a calquera viaxeiro coñecer esta artesanía e descubrir a súa historia no Museo do Encaixe, ou ver en vivo como se elabora, observando a algunha palilleira coa que se atope pola rúa ou achegándose a unha das escolas municipais de aprendizaxe. Se a visita se produce en Semana Santa, atoparase coa maior exposición que se poida imaxinar na Mostra do Encaixe, que cada ano se vén celebrando por esa época desde 1991.

Aquel turista máis interesado pola historia ou pola arte pode visitar as ruínas do castelo do Soberano, fortaleza construída a mediados do século XVIII ou a igrexa parroquial de San Xurxo, unha obra relevante tanto pola súa arquitectura como polos retablos que acolle no seu interior.

Galería de fotos de CAMARIÑAS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

CORISTANCO, TERRA DA PATACA

Cando pronunciamos o nome de Coristanco, asociado a el de inmediato vénnos á memoria a verba “pataca”, ese tubérculo com...

Castros e dolmens prehistóricos en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é coñecida pola súa beleza natural, pero tamén pola súa rica herencia ...

Eclipse 2026 na Costa da Morte

Xa saben: a eclipse total de Sol prodúcese porque a Lúa se coloca xusto diante do Sol, e tápanolo. O tamaño aparente dos...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

MONTE PINDO, OLIMPO CELTA DE GALICIA

O Monte Pindo, coñecido entre a veciñanza como O Pedregal, é un accidente xeográfico tan impactante na paisaxe que non p...

PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO

Para comprender a importancia e o valor dos Penedos de Pasarela e Traba necesitamos coñecer como se formou este conxunto...

LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Ao sur da ría na que o Anllóns entrega a colleita hídrica que foi recadando ao longo do seu camiñar por terras bergantiñ...

CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arceb...

SOANDRES, ANTIGO MOSTEIRO NA RIBEIRA ALTA DO ANLLÓNS

Nas terras altas do Anllóns na aba norte do Coto de Pedrouzo, sitúase Soandres, unha extensa parroquia do concello da La...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...