CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

Déixate levar por Cee a través de “CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE”. Lectura curta de entrada, pero con miga: sitúate no mapa e no tempo. Pista: fíxate en costa.
150. Vila de Cee 1.jpg

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arcebispo Diego Xelmírez lle concede ao arcediago de Trastámara a administración dun señorío no que se incluía a parroquia de Santa María da Xunqueira. Logo converteuse na cabeza dunha pequena xurisdición baixo a autoridade do citado arcediago, independente da de Corcubión. Cara a mediados do século XVIII chegaron a este porto os fomentadores cataláns e cambiaron o sistema de pesca, o que provocou un conflito cos colectivos de mareantes locais. No seguinte século os ceenses sufriron os ataques das tropas francesas de abril de 1809, que asolaron a localidade e destruíron a igrexa parroquial de Santa María da Xunqueira.

Pero se nos primeiros anos da súa historia, Cee, como o resto das vilas costeiras da Costa da Morte, tivo como actividade económica primordial a pesca e o comercio marítimo, a instalación da fábrica de Carburos de Brens a comezos do século XX e a factoría baleeira de Caneliñas, fundada en 1924, converteron a esta vila na primeira localidade industrial deste territorio occidental de Galicia. A primeira delas aproveitaba a enerxía eléctrica procedente da central hidroeléctrica do Ézaro e chegou a dar traballo a uns 200 operarios.

Na actualidade, Cee converteuse no centro económico e de servizos máis importante da zona sur da Costa da Morte, sobre todo a partir da instalación do Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira.

O visitante ou o peregrino, xa que por esta localidade cruza o camiño xacobeo de Santiago a Fisterra, ten varios motivos para facer unha parada en Cee, pois conserva un interesante patrimonio histórico, arquitectónico e cultural.

A ruta urbana pola vila podería comezar na igrexa de Santa María da Xunqueira, unha construción de orixe gótica, reformada en anos posteriores. Do medievo conserva a súa ábsida. O resto do templo corresponde ás obras realizadas entre o século XVII e comezos do XX. No seu interior acolle a imaxe da Virxe da Xunqueira, denominada así porque a lenda conta que apareceu na ribeira, no medio duns xuncos.

Moi preto da igrexa atópase a praza da Constitución. Á súa entrada sitúase o interesante museo da Fundación Fernando Blanco. No seu interior acolle unha ampla representación do instrumental científico e material didáctico co que foi dotado o centro educativo creado por ese benfeitor e os fondos pictóricos da Fundación. Nesta mesma praza tamén hai interesantes casas construídas pola burguesía local.

A continuación convén introducirse nas rúas do centro histórico e ver a praza da fonte Penín, na que se atopa o pazo do Cotón, unha casa fidalga do século XVIII, na que se aprecia o estilo barroco no escudo, na porta ou nas balaustradas.

Digno de visitar tamén é o edificio da Fundación Fernando Blanco, situado na parte alta, construído cos recursos económicos doados por este filántropo, que fixo fortuna en Cuba. Tamén é interesante o xardín que o rodea pola variedade de plantas que acolle.

Outro importante fillo ilustre desta vila foi o arquitecto e escultor Domingo Antonio de Andrade (1639-1712), un dos principais artistas do barroco galego. Mestre de obras da catedral de Santiago e autor da torre do Reloxo dese mesmo templo. Traballou tamén na catedral de Lugo e no convento de San Domingos de Bonaval.

Galería de fotos de CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

O Camiño de Santiago á fin do mundo: Fisterra e Muxía

Cada vez son máis os peregrinos que deciden continuar o Camiño de Santiago ata o fin do mundo, ben ata o Faro de Fisterr...

As mellores rutas de senderismo en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é famosa polos seus impresionantes paisaxes de penedos, praias virxes ...

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...

A Costa da Morte presenta a súa nova campaña: unha apos...

Esta campaña parte dunha idea clara: a Costa da Morte non é un decorado nin un produto construído artificialmente para o...

Observación de aves en Costa da Morte

A observación de aves é moito máis que un pasatempo; é unha ferramenta poderosa para conectar as persoas coa natureza e ...

Actividades ao aire libre na Costa da Morte: surf, kaya...

A Costa da Morte, como é de esperar, é terra de actividades ao aire libre. Especialmente acuáticas. Aínda que é certo qu...

CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arceb...

Puntos de información turística na Costa da Morte 2025:...

¿Preparando as túas vacacións na Costa da Morte? Coa Guía 2025 de Puntos de información turística na Costa da Morte, ter...

MORAIME, CENTRO HISTÓRICO DA COSTA DA MORTE

Existe un gran descoñecemento da historia de Moraime e do papel que desempeñou en tempos pasados como centro relixioso e...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...