PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO

Descobre Vimianzo a través de “PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO”. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: fíxate en pasarela.
85. Penedos de Traba e Pasarela desde a lagoa

Para comprender a importancia e o valor dos Penedos de Pasarela e Traba necesitamos coñecer como se formou este conxunto granítico e que relevancia ten dentro do noso Planeta. De sabermos que estas formas tan singulares teñen unha antigüidade duns 300 millóns de anos, que se formaron a uns 20 km de profundidade e que abundan moi pouco na Terra, a nosa apreciación cara a este espazo natural sería outra.

Segundo afirman algúns xeólogos, estes penedos xa adquiriron a configuración na profundidade anteriormente aludida hai uns 23 millóns de anos, cando estaban cubertos por unha capa de sedimentos de varios quilómetros, que desapareceu pola erosión. O xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní, cando fala dos penedos de Pasarela e Traba defende que son unha formación única no mundo e que aínda que abunda en Galicia, escasea noutras partes do Planeta.

Por descoñecemento e por intereses económicos este senlleiro lugar anos atrás estivo a punto de ser destruída pola intención de varias empresas de instalar unha canteira neste emblemático lugar, pero grazas á mobilización e denuncia de varias asociacións lograríase frear esta posible agresión e conseguir que o goberno da Xunta de Galicia declarase este espazo natural como Paisaxe Protexida en 2008. Ultimamente aínda sufriu a ameaza da construción dun parque eólico, que tamén se paralizou.

O visitante dispón de varios accesos para chegar a estes penedos, tanto desde o Concello de Vimianzo como do de Laxe. Nós propoñemos a ruta que parte do núcleo de Pasarela e leva ao lugar do Penedo, e desde alí sae un camiño que conduce á Pedra do Barco, onde se inicia o percorrido por este extraordinario lugar natural. Seguimos pola pista de terra ata tomar un camiño á esquerda que leva ao primeiro grupo de rochas situado ao norte do alto da Cachucha. Aquí atoparemos as figuras do Cantor, o Camelo, o Coello ou o Pallaso. Preto deste conxunto atópase a Pedra Multiforme, unha das formacións máis singulares.

Deixamos esta primeira estación e dirixímonos cara á Galla de Pena Forcada, que dá nome á serra que se prolonga ata o Cabo Vilán. Despois de pasar pola Pedra Abaladoira e polo Magrebí, chegamos á segunda zona na que se atopan formas tan espectaculares como a Dama da Costa da Morte, a Zafra ou a Osa.

Continuamos, agora xa por terras do Concello de Laxe, e á beira do camiño atopámonos coa Tartaruga-Peixe ou o Xigante. Ao chegar á pista collemos á dereita, para despois tomar un camiño á esquerda que conduce ao alto da Torre da Moa, a terceira estación, desde a que gozaremos dunha extraordinaria panorámica sobre a lagoa e a Praia de Traba de Laxe. Desde esta plataforma contemplamos na proximidade as figuras do Can Enfurruñado ou a Cachola do Porco.

Galería de fotos de PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

FARO VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE

Nun tempo no que ningún núcleo costeiro da contorna dispoñía de luz eléctrica, o resplandor da luz do faro Vilán producí...

O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, ...

PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e ...

CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arceb...

As praias segredas da Costa da Morte

As praias secretas da Costa da Morte son case calquera que non estea nun núcleo urbano. O territorio da Costa da Morte, ...

BUÑO, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE

A vila de Buño é coñecida en toda Galicia pola súa tradición oleira. A práctica desta actividade por parte dos buñeses p...

A PENELA E RIOBÓ, HISTORIA E ARTE NO SILENCIO

Hai lugares na Costa da Morte que conservan un prezado patrimonio histórico, pero por situarse afastados das principais ...

REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL

O río Anllóns, esa serpe de prata que atravesa Bergantiños de leste a oeste, despois do seu paso pola vila de Carballo e...

MONTE BRANCO E BALARÉS, O GOCE DA PAISAXE

Monte Branco, monte Brancocando te vexo de lonxeverto a soas triste planto.E. Pondal O poeta Eduardo Pondal (1835-191...

SOANDRES, ANTIGO MOSTEIRO NA RIBEIRA ALTA DO ANLLÓNS

Nas terras altas do Anllóns na aba norte do Coto de Pedrouzo, sitúase Soandres, unha extensa parroquia do concello da La...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...