REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL

Explora Coristanco a través de “REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL”. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen présas nin tópicos. Pista: fíxate en verdes.
28. Canles, fervenzas e illotes, formadas polo Anllóns en Verdes

O río Anllóns, esa serpe de prata que atravesa Bergantiños de leste a oeste, despois do seu paso pola vila de Carballo e tras un longo percorrido do seu curso medio por un terreo chairo e un decorrer vagaroso, ao chegar a Verdes, decidiu interromper a monotonía do seu ritmo e axitar as súas augas, como se quixer recuperar a forza da xuventude que tiña ao pouco de comezar a súa andaina en Soandres. A arteria bergantiñá formou no Refuxio de Verdes un sitio de tanta fermosura que acabou por converterse en modelo de beleza natural da comarca e doutros lugares de Galicia.

A este atractivo enclave coristanqués accédese desde varios lugares, segundo a procedencia do visitante. Desde Malpica ou Buño por medio da estrada AC-421, que sae desta última localidade en dirección a Xornes e Cereo; desde Carballo e Coristanco, tomando a vía DP-1918 que por Oca e Xaviña, se dirixe a Verdes; ou mesmo, desde Cances (Carballo), a través dunha estrada local.

O rexuvenecemento que experimenta o Anllóns ao seu paso por Verdes e que deu lugar a este singular espazo débese a varios factores: aos movementos tectónicos da zona que ocasionaron dúas fallas paralelas, que condicionaron o trazado do curso do río; ao tipo de rocha existente neste lugar e á capacidade erosiva do seu caudal. Neste tramo do Refuxio, un dique de gneis, rocha resistente á erosión, atravesa a canle do Anllóns e este para abrirse paso tivo que “cortalo”, dividindo o seu leito en varios brazos, separados por illotes nos que medra a vexetación. Deste xeito, formáronse abundantes rápidos e fervenzas, que lle conceden a esta área unha beleza natural única.

Son varios os elementos que conflúen e fan que o lugar sexa tan atractivo e reciba tantos visitantes. Por un lado está o seu interese xeolóxico creado pola tectónica e o tipo de rocha, que configuraron este senlleiro marco xeográfico neste treito do río; por outro, o interese botánico que lle achega o fermoso bosque de ribeira formado por unha gran variedade de especies arbóreas, que no verán forma unha protectora cúpula vexetal. E por último, estaría o interese etnográfico froito da intervención humana ao longo dos anos, asociada ao conxunto de muíños de ambas marxes, construídos coa mesma rocha de gneis que forma o leito do río.

Esta área recreativa de Verdes naceu no ano 1982, cando o Instituto Nacional para a Conservación da Natureza (ICONA) adquiriu uns muíños, que, despois da súa rehabilitación, se utilizaron como lugar de acollida para os afeccionados á pesca fluvial.

Os veciños da parroquia foron partícipes desta iniciativa e colaboraron co seu traballo para que se levase adiante. O máis custoso foi a construción dunha ponte para comunicar a banda dereita coa illa na que se situaban os muíños rehabilitados, logo completouse a obra coa dotación de pontellas de madeira, mesas, bancos e asadores.

Na actualidade este Refuxio de Verdes converteuse nun dos lugares máis atractivos do interior da comarca de Bergantiños e da Costa da Morte e representa o recurso turístico máis emblemático do concello de Coristanco.

Galería de fotos de REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha...

HÓRREO DE CARNOTA, BELEZA ARTÍSTICA NUNHA CONSTRUCIÓN P...

Non existe ningunha outra construción que identifique a paisaxe galega coma o hórreo. Tan pronto como pasamos por un núc...

PONTE LUBIÁN, MEMORIA DE ANTIGOS CAMIÑOS

O territorio da Costa da Morte, debido á súa situación periférica, na antigüidade non foi atravesado por vías de comunic...

ENSEADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA

Ao longo da Costa da Morte dispoñemos de moitos espazos que nos ofrecen a posibilidade de gozar da natureza a nivel pais...

RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO

En Galicia proliferan as paisaxes nas que a auga doce é protagonista e cada vez teñen un maior atractivo as rutas de sen...

O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, ...

SOANDRES, ANTIGO MOSTEIRO NA RIBEIRA ALTA DO ANLLÓNS

Nas terras altas do Anllóns na aba norte do Coto de Pedrouzo, sitúase Soandres, unha extensa parroquia do concello da La...

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e ...

LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría,...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...