ENSEADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA

Mergúllate en Ponteceso a través de “ENSEDADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA”. Se estás preparando ruta, aquí tes unha parada imprescindible en formato texto. Pista: fíxate en ensenada.
59. Desembocadura do río Anllóns e enseada da Insua

Ao longo da Costa da Morte dispoñemos de moitos espazos que nos ofrecen a posibilidade de gozar da natureza a nivel paisaxístico, xeolóxico, astronómico ou de flora e fauna. Para a observación ornitolóxica existen varias zonas que reúnen excelentes condicións para contemplar as aves. De todas elas, a enseada da Insua quizais sexa unha das máis apropiadas para avistar este tipo de fauna.

O río Anllóns, ao final do seu percorrido, unha vez cruzada a ponte de Ponteceso, e ata a súa desembocadura na ría de Corme e Laxe, forma un amplo esteiro duns 5 km de lonxitude. O límite deste espazo márcao a lingua de area ou barra que, desde a base do monte Branco, se prolonga uns 1500 m en dirección suroeste, deixando unha estreita canle de comunicación do río co mar.

A enseada ocupa unha superficie aproximada dunhas 300 hectáreas, na que a extensión acuática varía segundo o estado das mareas. Coa marea chea as augas inundan toda a explanada de limos, mentres que na baixamar queda tan só unha canle de auga na parte central. Desde os límites da preamar sucédense varias formacións vexetais: xunqueira, carrizal, prados e tamén pequenos bosques de ribeira formados por salgueiros e amieiros.

Todo o conxunto constitúe unha extensa área de gran interese ecolóxico composta por distintos hábitats nos que vive unha gran variedade de fauna e flora que se foi adaptando a estes diferentes ecosistemas, que van desde a zona máis húmida, como a intermareal, ata a máis seca, que son as dunas. Entre os seres vivos que aquí habitan destaca a numerosa colonia de aves que, de maneira permanente ou puntual, poboan esta ampla paraxe.

Grazas a un traballo constante e rigoroso durante moitos anos levado a cabo polo ornitólogo Luis Rabuñal Patiño, foron catalogadas e inscritas arredor de 300 especies de aves nesta área, cifra que supera a de calquera outro espazo natural de Galicia. Algunhas destas especies non foron aínda localizadas en ningún outro lugar da península ibérica.

Durante os meses de inverno, a concentración de aves do grupo das anátidas e limícolas no esteiro do Anllóns representa un acontecemento natural de gran relevancia para todas aquelas persoas que se interesan pola observación deste tipo de fauna. Entre as especies que teñen unha maior presenza destacan o lavanco (Anas platyrhynchos), o pato rabilongo (Anas acuta), o pato cullerete (Spatula clypeata), a garza real (Arcea cinerea), a garzota (Egretta garcetta), o corvo mariño (Phalacrocorax carbo e aristotelis), o mazarico real (Numenius arquata) ou a píllara das dunas (Charandrius alexandrinus). Hai tamén varias especies de gaivotas e paseriformes palustres.

Todas aquelas persoas visitantes que se acheguen a este importante espazo natural deberán saber que entran nunha área protexida na que convén actuar co máximo respecto, alterar o mínimo posible a vida de toda esta avifauna e utilizar os accesos indicados e os postos de observación existentes.

Galería de fotos de ENSEADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

Semana Santa 2026 na Costa da Morte: qué facer en cada ...

A Semana Santa 2026 na Costa da Morte é unha das mellores épocas do ano para descubrir este recuncho atlántico de Galici...

O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, ...

Observación de aves en Costa da Morte

A observación de aves é moito máis que un pasatempo; é unha ferramenta poderosa para conectar as persoas coa natureza e ...

CABO TOURIÑÁN, ÚLTIMO SOLPOR DE EUROPA

Polos anos vinte do pasado século o poeta muxián Gonzalo López Abente xa consideraba o cabo Touriñán coma a punta máis o...

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

HÓRREO DE CARNOTA, BELEZA ARTÍSTICA NUNHA CONSTRUCIÓN P...

Non existe ningunha outra construción que identifique a paisaxe galega coma o hórreo. Tan pronto como pasamos por un núc...

CORCUBIÓN, VILA E PORTO SEÑORIAL DOS ALTAMIRA

A vila de Corcubión, hoxe capital dun pequeno concello, foi a cabeza reitora dunha extensa xurisdición sobre a que exerc...

Eclipse 2026 na Costa da Morte

Xa saben: a eclipse total de Sol prodúcese porque a Lúa se coloca xusto diante do Sol, e tápanolo. O tamaño aparente dos...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

Consellos fotográficos para captar aves na Costa da Mor...

Hoxe imos parar a darche consellos fotográficos para captar aves na Costa da Morte. E é que a Costa da Morte é un paraís...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...