O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Acompaña Dumbría a través de “O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA”. Máis ca unha descrición: é unha forma de entrar no lugar antes de pisalo. Pista: fíxate en vákner.
Dumbría PLAN 7 TERRITORIO VÁKNER

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, que nos permite coñecer as súas impresións sobre a paisaxe, a xente ou feitos que lle sucederon no camiño. Aymeric Picaud, a quen se lle atribúe a autoría do libro Liber Peregrinationis (1143), un dos que compoñen o Códice Calixtino, referíndose aos galegos di: “son un pobo que, entre os demais pobos incultos de España, máis se semella á nosa xente gala, aínda que son coléricos e preiteantes”.

Outros viaxeiros foron sorprendidos durante o camiño por acontecementos que puxeron en perigo a súa vida como lle sucedeu ao británico e vendedor de biblias George Borrow, que cando chegou a Fisterra foi detido e case o fusilan por confundilo con Carlos de Borbón, o irmán do rei Fernando VII. Foi liberado grazas á intervención do fisterrán Antonio de Traba, alcumado O Valente de Fisterra, que testificou que o forasteiro era un verdadeiro inglés; ou como lle ocorreu ao peregrino armenio Mártir, bispo de Adzenján, que se atopou co vákner, un estraño animal salvaxe ao cruzar unha zona montesía, preto do Marco do Couto (Os Buxantes, Dumbría), no camiño a Fisterra no ano 1492. A escasa descrición que o peregrino fai desta fera fixo que resultase difícil identificala. “Padecín moitos traballos e fatigas nesa viaxe, na que me atopei con gran cantidade de bestas bravas e moi perigosas. E encontreime co vákner, animal salvaxe, grande e moi danoso”.

O texto que deixou foi traducido primeiro ao francés por Antoine Jean Saint Martin e logo ao castelán por Emilia Gayangos. Para o tradutor francés o animal salvaxe ao que fai alusión Mártir parécelle que sería un touro ou un oso, non obstante, Gayangos, identificouno cun lobo cerval. Estudosos como José Luis Pensado, Aurora Lestón ou Fernando Alonso Romero, non descartan que fose un animal imaxinario ou mítico.

O biólogo Martiño Nercellas pretendeu ofrecer unha versión nova sobre este misterioso animal partindo das interpretacións aportadas por anteriores autores e considerando aspectos zoolóxicos relacionados con determinados sucesos acontecidos durante varios séculos en toda Europa. Segundo el podería tratarse dun lobo contaxiado por un virus capaz de alterar o seu comportamento, que na fase máis crúa do contaxio actuase con extrema violencia.

O concello de Dumbría, despois de máis de 500 anos deste relato, propúxose recuperar a figura do misterioso ser coa intención de potenciar a ruta xacobea de Fisterra e Muxía, dispoñer dun novo símbolo de identidade e dun recurso turístico deste concello. Para acadar estes obxectivos programou unha serie de actos e actividades nos últimos anos, como foron a organización dun Encontro Internacional sobre o Territorio Vákner en outubro de 2019, a instalación dunha escultura de bronce de case 5 metros de alto que representase esta mítica figura, obra do artista Cándido Pazos, a celebración do Festival Vákner ou a convocatoria do Certame Literario Territorio Vákner dirixido a escolares e persoas adultas.

Galería de fotos de O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

Costa da Morte, naturalmente única: desde hoxe, unha se...

Hai territorios que non se entenden cun “top 10”. Territorios que precisan tempo, contexto e mirada. A Costa da Morte é ...

Que festas gastronómicas hai na Costa da Morte?

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa! A gastronomía é un pil...

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO

En Galicia proliferan as paisaxes nas que a auga doce é protagonista e cada vez teñen un maior atractivo as rutas de sen...

FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspira...

Os faros máis emblemáticos da Costa da Morte

Queres saber cales son os faros máis emblemáticos da Costa da Morte? Pois imos ser sinceros dende o principio do artigo:...

Observación de aves en Costa da Morte

A observación de aves é moito máis que un pasatempo; é unha ferramenta poderosa para conectar as persoas coa natureza e ...

Historias e lendas mariñeiras da Costa da Morte: mitos,...

A Costa da Morte é moito máis que un destino de natureza salvaxe e praias infinitas. A súa historia está vencellada ao m...

MONTE BRANCO E BALARÉS, O GOCE DA PAISAXE

Monte Branco, monte Brancocando te vexo de lonxeverto a soas triste planto.E. Pondal O poeta Eduardo Pondal (1835-191...

REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL

O río Anllóns, esa serpe de prata que atravesa Bergantiños de leste a oeste, despois do seu paso pola vila de Carballo e...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...