VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

Descobre Mazaricos a través de “VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE”. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: fíxate en intenso.
187. Área recreativa da Pontenova

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha mostra da paisaxe do concello mazaricán na que os prados alternan con zonas de plantación forestal e bosque autóctono. Distribuídos por este territorio, aséntanse os pequenos núcleos de poboación das parroquias de San Salvador de Colúns, San Xián de Beba e Santa María de Coiro.

O río Beba ao longo do seu percorrido, desde o nacemento nas proximidades de San Cristovo ata a desembocadura no Xallas, rega as terras de toda esa valgada, que se vai ensanchando de norte a sur. Para coñecer este fermoso val propoñemos realizar unha ruta en dirección oposta á corrente da arteria fluvial, desde Colúns ata Suevos (Coiro). Para chegar a Colúns desviarémonos á dereita en Ponte Olveira ou Zanfoga, na estrada DP-3404 que vai de Dumbría ao Pino do Val. A primeira parada farémola na igrexa de Colúns para ver no seu adro o curioso cruceiro composto por tres columnas que rematan nun capitel decorado con cabezas de anxos e volutas. Na cruz represéntase nunha cara o abrazo de Cristo a San Francisco, e na outra, a imaxe da Virxe.

Continuamos pola estrada que bordea o río en dirección á área recreativa da Pontenova, situada a carón dunha antiga ponte dun só arco apuntado. Esta construción, a praia fluvial, os muíños e o bosque de ribeira, forman un acolledor espazo que nos permite gozar da natureza. Desde este fermoso lugar, dirixímonos á parroquia de Beba, que dá nome ao río e ao val. Faremos unha parada para observar a cabeceira románica da súa igrexa e contemplar a vista panorámica do val polo que estamos a viaxar.

Desde Beba achegámonos á igrexa parroquial de Coiro, a través da estrada que, en liña recta, cruza o val pola parte esquerda. O templo sitúase sobre un outeiro e destaca na paisaxe. Trátase dunha construción barroca, cunha capela maior do século XVI. No extremo sur da fachada elévase unha torre campanario de imitación barroca, de comezos do século XX.

Desde Coiro continuamos ruta en dirección a Suevos. Nesta aldea convén visitar o cruceiro do Cirolán, unha obra escultórica de grande interese, situada ao pé do río. No seu pedestal aparece esta inscrición: “A devoción de D. Ventura Pérez de Lema. Año de 1861”. Na cruz represéntase o desencravo de Cristo. No reverso, Xosé de Arimatea e Nicodemo, subidos a cadansúa escada, realizan o desencravo. Entre as escadas vese a San Buenaventura co libro e a pluma. No frontal, un criado terma do corpo de Xesús, e María, axeónllase ao pé da escena. Esta magnífica obra atribúeselle ao escultor compostelán Francisco María Rodeiro Permuy.

Galería de fotos de VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

CEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANTÁSTICO

Cando visitamos unha zona ás veces non nos detemos en certos sitios porque non os consideramos de interese ou porque car...

Descubre os Mellores Plans para a Noite de San Xoán 202...

A Costa da Morte é un destino máxico todo o ano, pero sexamos sinceros, a noite de San Xoán é a máis máxica de todas! Du...

FERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESIÓN ARTÍSTICA

O concello de Mazaricos no pode ofrecer ao visitante unha paisaxe marítima, porque carece de litoral, pero reúne óptimas...

SOANDRES, ANTIGO MOSTEIRO NA RIBEIRA ALTA DO ANLLÓNS

Nas terras altas do Anllóns na aba norte do Coto de Pedrouzo, sitúase Soandres, unha extensa parroquia do concello da La...

MALPICA DOS MEUS AMORES...

O mar imprime carácter, pero se ese mar é impetuoso como o da Costa da Morte e o espazo de terra no que se vive está tod...

Que Visitar en Costa da Morte en 10 Días

Pregúntaste que visitar na Costa da Morte en 10 días? Pois a continuación traémosche a resposta en detalle. Na nosa opin...

REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL

O río Anllóns, esa serpe de prata que atravesa Bergantiños de leste a oeste, despois do seu paso pola vila de Carballo e...

LAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN ESTADO PURO

Ao longo do litoral da Costa da Morte atopámonos con espazos dunha enorme riqueza paisaxística e ambiental, verdadeiros ...

PONTE LUBIÁN, MEMORIA DE ANTIGOS CAMIÑOS

O territorio da Costa da Morte, debido á súa situación periférica, na antigüidade non foi atravesado por vías de comunic...

RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO

En Galicia proliferan as paisaxes nas que a auga doce é protagonista e cada vez teñen un maior atractivo as rutas de sen...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...