LAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN ESTADO PURO

Entende Laxe a través de “LAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN ESTADO PURO”. Comeza por este capítulo e entenderás mellor o territorio antes de visitalo. Pista: fíxate en playa.
82. Lagoa de Traba de Laxe

Ao longo do litoral da Costa da Morte atopámonos con espazos dunha enorme riqueza paisaxística e ambiental, verdadeiros refuxios naturais de diversidade de fauna e flora. O sitio formado pola lagoa, dunas e praia de Traba de Laxe representa un destes lugares que atesoura un gran valor ecolóxico, unha extraordinaria obra que a natureza foi elaborando durante milleiros de anos e que temos a oportunidade de gozar dela cada día.

Todos os espazos costeiros constituídos por praia, dunas e lagoa teñen unha orixe semellante. A partir dun entrante profundo na costa, no que desemboca algún regato, os sedimentos aportados por este, xunto coa acción das correntes mariñas, acabarán formando unha praia en frecha, que pechará total ou parcialmente a saída das augas fluviais, dando lugar a unha lagoa costeira. Isto foi o que sucedeu en Traba de Laxe, en Baldaio, en Louro e noutras moitas partes da costa galega.

A chegada de sedimentos arrastrados polas augas fluviais irán colmatando as beiras desa masa de auga e diminuíndo a súa profundidade, potenciando o crecemento de vexetación nas súas marxes. Esa vexetación que medra no perímetro da lagoa acelerará o proceso de seca ata chegar á desaparición da zona hídrica.

O conxunto natural de Traba acolle unha variada e abundante vexetación e fauna. Nas terras que circundan a lagoa medran xuncos, espadanas e outro tipo de plantas que se foron adaptando a medios diferentes como as dunas ou os prados. Nas augas da lagoa viven distintas clases de anátidas. Na praia, dunas e prados teñen o seu hábitat outra gran variedade de aves.

Asociada ás lagoas costeiras creouse a lenda da cidade mítica asolagada. A da lagoa de Traba conta que un día o Apóstolo Santiago (patrón da parroquia) chegou á vila de Valverde pedindo pousada e, despois de petar en todas as casas, ningún veciño lla quixo dar, tan só unha anciá lle ofreceu hospitalidade. Ao día seguinte, o Apóstolo e esta muller caritativa subiron aos penedos da Moa e cando chegaron arriba ollaron para atrás e viron como a vila desaparecía baixo as augas da lagoa.

Desde as proximidades da lagoa, ollando cara ao sur, temos unha magnífica panorámica dos penedos de Traba, un conxunto de cristas graníticas, que emerxe sobre os montes que circundan este val. Entre todas esas elevacións destacan a Torre da Moa, un cume rematado nun enorme penedo redondeado, e máis ao fondo, a Galla da Pena Forcada.

Nesta visita ao val de Traba convén tamén realizar unha parada na igrexa parroquial de Santiago, un templo que conserva a súa estrutura románica, e que loce unha magnífica fachada-retablo barroca de comezos do século XVIII, que preside o seu patrón montado a cabalo.

Galería de fotos de LAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN ESTADO PURO

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

CASTELO DE VIMIANZO, SÍMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA ...

Son poucas as fortalezas medievais que lograron manterse en pé en Galicia. No territorio da Costa da Morte hai algunhas ...

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes q...

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL

O río Xallas, que leva o nome da comarca que atravesa, ten as súas primeiras fontes na ladeira occidental do monte Caste...

MONTE BRANCO E BALARÉS, O GOCE DA PAISAXE

Monte Branco, monte Brancocando te vexo de lonxeverto a soas triste planto.E. Pondal O poeta Eduardo Pondal (1835-191...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...

LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Ao sur da ría na que o Anllóns entrega a colleita hídrica que foi recadando ao longo do seu camiñar por terras bergantiñ...

DOLMEN DE DOMBATE, CATEDRAL DO MEGALITISMO GALEGO

A cultura megalítica representa un dos maiores símbolos de identidade da Costa da Morte. Ao longo do seu territorio hai ...

CARNOTA, MOITA VIDA A CARÓN DO MAR

Desde a punta de Caldebarcos, ao norte, ata a punta dos Remedios, ao sur, fórmase un gran arco areento costeiro, como co...

Sabores do Atlántico: a gastronomía da Costa da Morte

A Costa da Morte é un destino que cautiva polas súas paisaxes salvaxes, os seus faros impoñentes e o seu mar bravo. Pero...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...