FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL

Acompaña Dumbría a través de “FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL”. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen présas nin tópicos. Pista: fíxate en cascada.
168. Fervenza do Ézaro

O río Xallas, que leva o nome da comarca que atravesa, ten as súas primeiras fontes na ladeira occidental do monte Castelo. Discorre por unha morfoloxía aplanada de entre 300 e 400 m de altitude na maioría do seu curso, ata pasado o encoro da Fervenza. A partir de aquí, circula por un terreo máis movido e vai encaixado, con augas encoradas desde Ponte Olveira ata Santa Uxía. Desde esta última presa ata a desembocadura a pendente acentúase e a velocidade das augas aumenta, formando rápidos e pequenas cachoeiras, ata precipitarse por unha rampla granítica case vertical de máis de corenta metros de altura, dando lugar á espectacular fervenza do Ézaro, coñecida tamén como O Cadoiro. Un acontecemento natural único, pois ningún outro río de Europa, cun caudal semellante, desemboca nunha cascada coma esta e nun entorno tan singular, como é o do mítico monte Pindo.

O padre Sarmiento, na súa viaxe por Galicia de 1745, cruzou este río utilizando a Barca dos Cregos, embarcación que unía as parroquias de Santa Uxía e Arcos, pois nesta zona non existía ningunha ponte. Di que por aquí o río Ézaro, “vén moi despenado e é o que vai despenar a pouco máis de media legua no mar”, e engade: “Non puiden achegarme a ver como se despena, pero pasei moi preto do sitio, e informeime, que cae, non facendo salto ou catarata, senón precipitándose e facendo cadoiro e facendo un pozo de inmensa profundidade, e perigoso, e erguendo como un monte de escuma e pó, pois o Ézaro leva motísima auga”.

Otero Pedrayo tamén fai referencia a esta extraordinaria fervenza e déixanos estas verbas : “Entre os dous [monte Ézaro e Pindo] bótase a sulago o río Xallas. A técnica da enerxía hidroeléctrica ten micado non pouco a beleza desta limpa e soante frieira. O río enteiro bótase por unha limpa táboa de laxe”.

Actualmente tan só podemos gozar plenamente deste espectáculo natural algúns días, en época de moita chuvia, cando se abren as comportas do encoro de Santa Uxía. O resto do ano percíbese unha fervenza co caudal ecolóxico que por lei lle corresponde, que pode aumentar en certos días, a determinadas horas, se Xeal, a empresa propietaria dos encoros e centrais hidroeléctricas, permite un maior caudal de auga.

Hai varias lendas relacionadas con esta fervenza e o pozo do Cadoiro. Nas rochas por onde ascende o vapor de auga trala espectacular caída, hai unha cova cunha entrada rectangular, que lle chaman a Ventá das Bruxas, da que se contaba que daba acceso a un corredor que conducía a debaixo da fervenza e nunha luxosa estancia habitaba unha princesa encantada. Aquel que se atrevese a desencantala tería que superar varias probas e, de conseguilo, casaría con ela.

Desde o aparcadoiro que hai para visitar a fervenza, sae unha estrada moi costenta que sobe ao miradoiro do Ézaro, situado sobre unha plataforma. Desde este lugar gozaremos de impresionantes vistas sobre a desembocadura do Xallas, o monte Pindo e parte da ría de Corcubión.

Galería de fotos de FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

As praias segredas da Costa da Morte

As praias secretas da Costa da Morte son case calquera que non estea nun núcleo urbano. O territorio da Costa da Morte, ...

FERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESIÓN ARTÍSTICA

O concello de Mazaricos no pode ofrecer ao visitante unha paisaxe marítima, porque carece de litoral, pero reúne óptimas...

CORME, VILA NA QUE O PERCEBE VISTE DE FESTA

O núcleo de Corme Porto debe a súa orixe ás boas condicións da enseada na que se sitúa o seu porto que permitía o aprove...

LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Ao sur da ría na que o Anllóns entrega a colleita hídrica que foi recadando ao longo do seu camiñar por terras bergantiñ...

Observación de aves en Costa da Morte

A observación de aves é moito máis que un pasatempo; é unha ferramenta poderosa para conectar as persoas coa natureza e ...

MONTE PINDO, OLIMPO CELTA DE GALICIA

O Monte Pindo, coñecido entre a veciñanza como O Pedregal, é un accidente xeográfico tan impactante na paisaxe que non p...

VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha...

LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría,...

CAIÓN, VILA ENRIBA DO MAR

Calquera viaxeiro que desexe coñecer a vila de Caión,, primeiro tería que observar a súa situación de lonxe, desde un do...

BRANDOMIL, A MAIOR PRESENCIA ROMANA EN A COSTA DA MORTE

Tense afirmado que nas terras máis occidentais de Galicia, como son as da Costa da Morte, o grao de romanización foi moi...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...