FERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESIÓN ARTÍSTICA

Percorre Mazaricos a través de “FERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESIÓN ARTÍSTICA”. Se estás preparando ruta, aquí tes unha parada imprescindible en formato texto. Pista: fíxate en cascadas.
183. Fervenza de Vioxo Chacín

O concello de Mazaricos no pode ofrecer ao visitante unha paisaxe marítima, porque carece de litoral, pero reúne óptimas condicións para ofrecer paisaxes nas que a auga doce é protagonista polos numerosos ríos e regatos que atravesan o seu territorio.

O descenso brusco dalgúns destes ríos, como o Arcos, Beba ou Santa Locaia, dan lugar a rápidos e fervenzas que forman espazos espectaculares para os visitantes que se acheguen a estas terras do interior da Costa da Morte.

Para a ruta das fervenzas que se propón por este concello seleccionáronse catro delas que nos pareceron as máis interesantes e accesibles. Tres próximas entre si: as de Fírvado, Vioxo-Chacín e Santa Locaia, e outra máis afastada, a de Noveira. As tres primeiras serían para visitar nunha xornada, e de dar tempo e ter ganas, tamén se podería ver a cuarta, se non, deixaríase para outra viaxe.

Para visitar a fervenza de Fírvado, colleremos a estrada AC-400 e ao chegar á aldea de Suevos, tomaremos a que conduce ao lugar de Fírvado. A cascada principal, xa que hai varias, dista uns 770 m da aldea e sitúase na confluencia dos ríos Beba e do seu afluente Xende. No denominado Pozo Negro, hai a lenda que di que no amencer da noite de San Xoán emerxe unha grade de ouro.

Desde Fírvado volvemos á estrada xeral e collemos dirección ao Pino do Val, para visitar a fervenza de Vioxo-Chacín. Neste cruce, continuamos pola mesma estrada uns dous quilómetros ata Lamasapín, onde nos desviamos á dereita cara a Vioxo e Chacín. A 1,5 km, deixamos o coche e tomamos un camiño á esquerda que nos leva á fervenza, despois de andar uns 350 m. A cascada atópase no regato do Casteliño, un afluente do río Entíns que desemboca na Serra de Outes, na ría de Muros e Noia.

Para visitar a fervenza de Santa Locaia continuamos de fronte ata Chacín e logo collemos a estrada DP-4502 en dirección a Serra de Outes uns 3 km ata chegar á capela de Santa Locaia, situada á esquerda da estrada. Deixamos alí o vehículo e, despois de andar uns 100 m polo medio dunha fraga, chegamos á cachoeira que forma neste lugar o regato do Vao da Denociña, afluente do río Entíns. Asociada á mesma consérvase unha fermosa lenda que conta que uns ladróns roubaron a campá desta capela, logo fuxiron con ela ao lombo polo medio da devesa. Ao intentar cruzar o río esvararon no musgo que cubre as pedras da beira e a campá caeulles á auga. Milagrosamente afundiuse o terreo e orixinou a catarata e o pozo no que cae a auga, que desde aquela se denomina Pozo das Campás.

Para visitar a fervenza de Noveira, última desta ruta, temos que volver ao Pino do Val e coller a estrada que vai a Muros ata As Paxareiras. Neste lugar tomar á dereita a que conduce á parroquia de Arcos e a Noveira. Antes de chegar a este último núcleo hai unha indicación para desviarse cara a este fermoso lugar. Máis doado de acceder resulta desde o Ézaro (Dumbría). A auga do río Arcos precipítase con forza sobre un pozo labrado na rocha, que se converte nunha auténtica piscina natural para o baño en tempo de verán.

Galería de fotos de FERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESIÓN ARTÍSTICA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

CORISTANCO, TERRA DA PATACA

Cando pronunciamos o nome de Coristanco, asociado a el de inmediato vénnos á memoria a verba “pataca”, ese tubérculo com...

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes q...

CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

O castro “A Cidá” de Borneiro (Cabana de Bergantiños), situado preto do dolmen de Dombate, representa unha excelente mos...

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, á beira do Anllóns, sitúase a Área Recre...

Que facer un fin de semana na Costa da Morte

Se te preguntas que facer unha fin de semana na Costa da Morte, aquí traémosche un itinerario perfecto para descubrir es...

Castros e dolmens prehistóricos en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é coñecida pola súa beleza natural, pero tamén pola súa rica herencia ...

MUXÍA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE

O poeta Gonzalo López Abente (1878-1963) consideraba a súa Muxía natal como estática, “deitada” na ribeira, silenciosa e...

Avistamentos de baleas na Costa da Morte: unha experien...

Hai momentos nos que a natureza nos regala espectáculos imposibles de olvidar. Un delas é recoller a unha ballena surcan...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...