MUXÍA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE

Entende Muxía a través de “MUXÍA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE”. Lectura curta de entrada, pero con miga: sitúate no mapa e no tempo. Pista: fíxate en muxía.
127. A vila de Muxia desde o monte Corpino 1.jpg

O poeta Gonzalo López Abente (1878-1963) consideraba a súa Muxía natal como estática, “deitada” na ribeira, silenciosa e melancólica, ollando cara ao ceo. Mais tamén se podería imaxinar en movemento, navegando nunha grandiosa embarcación coa proa na punta da Barca, a popa no monte do Enfesto e o monte Corpiño como posto de mando.

Na realidade, Muxía é unha vila cunha longa historia vinculada ao mosteiro de San Xulián de Moraime, que era quen mantiña o dominio sobre a península na que se asenta esta localidade. O propio nome da vila deriva desta comunidade relixiosa constituída na Idade Media.

O rei Alfonso XI, concederalle ao porto muxián o foro da Coruña, que lle permitirá aos seus veciños gozar de certos dereitos coa condición de respectar os privilexios que os monxes de Moraime tiñan sobre esta vila. Hai que ter en conta que o espazo territorial dos muxiáns era moi reducido, sen posibilidades para a agricultura nin para abastecerse de auga ou leña, polo que dependían de Moraime para obter elementos tan básicos coma estes. A pesca era o único recurso daqueles primeiros poboadores que se atreveron a edificar as primeiras casas ao pé do monte Corpiño.

En séculos posteriores a vida dos muxiáns continuou vinculada ao mar, sobre todo á pesca da sardiña e do congro. A partir do século XVIII a artesanía do encaixe tivo certa importancia polo número de mulleres que a practicaban e polas familias que se dedicaban á súa venda.

Nas primeiras décadas do século XX Muxía era unha pequena vila duns mil habitantes cun núcleo urbano que se estendía desde a igrexa parroquial, cara ao sur, ata a praza do Cabo da Vila. O mar seguía a ser o seu medio de vida, que se complementaba coa exportación de encaixe aos países latinoamericanos. O descubrimento do caladoiro do Canto a finais dos anos sesenta supoñerá unha mellora económica moi notable para as familias mariñeiras e permitirá unha renovación da frota pesqueira e unha transformación urbanística do núcleo. Tamén mudou a fachada marítima coa construción do dique de abrigo, do paseo marítimo e do porto deportivo. Todos estes cambios configuraron a Muxía actual, na que o sector pesqueiro perdeu peso e o turismo estase a converter na actividade económica principal, atraído polo camiño xacobeo e os recursos paisaxísticos e históricos que ofrece esta vila mariñeira.

A punta da Barca constitúe o maior atractivo para o visitante. Alí concéntranse os bens patrimoniais de maior interese como o santuario da Virxe da Barca, unha obra barroca de comezos do século XVIII ou as pedras de Abalar e dos Cadrís, relacionadas coa lenda da chegada da Virxe, que lle apareceu ao apóstolo Santiago neste lugar, por iso Muxía representa, xunto con Fisterra, o final do camiño xacobeo que desde Santiago de Compostela chega a estas terras máis occidentais de Galicia.

A vila muxiá ofrece tamén outros lugares de interese para o visitante como a igrexa parroquial de Santa María, un magnífico templo gótico con interesantes retablos; o monte Corpiño, a mellor atalaia para contemplar a localidade e a súa contorna ou o propio núcleo urbano que conserva algunhas rúas e prazas con casas da Muxía histórica.

Galería de fotos de MUXÍA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

CAIÓN, VILA ENRIBA DO MAR

Calquera viaxeiro que desexe coñecer a vila de Caión,, primeiro tería que observar a súa situación de lonxe, desde un do...

Castros e dolmens prehistóricos en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é coñecida pola súa beleza natural, pero tamén pola súa rica herencia ...

Os faros máis emblemáticos da Costa da Morte

Queres saber cales son os faros máis emblemáticos da Costa da Morte? Pois imos ser sinceros dende o principio do artigo:...

REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL

O río Anllóns, esa serpe de prata que atravesa Bergantiños de leste a oeste, despois do seu paso pola vila de Carballo e...

FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspira...

CARNOTA, MOITA VIDA A CARÓN DO MAR

Desde a punta de Caldebarcos, ao norte, ata a punta dos Remedios, ao sur, fórmase un gran arco areento costeiro, como co...

PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e ...

BRANDOMIL, A MAIOR PRESENCIA ROMANA EN A COSTA DA MORTE

Tense afirmado que nas terras máis occidentais de Galicia, como son as da Costa da Morte, o grao de romanización foi moi...

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes q...

TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das m...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...