CAIÓN, VILA ENRIBA DO MAR

Descobre A Laracha a través de “CAIÓN, VILA ENRIBA DO MAR”. Un capítulo para gardar: dá ideas, referencias e ganas de seguir explorando. Pista: fíxate en caión.
1. Vista panorámica de Caión desde o miradoiro de Goxán

Calquera viaxeiro que desexe coñecer a vila de Caión,, primeiro tería que observar a súa situación de lonxe, desde un dos miradoiros que hai antes de entrar no núcleo. A mellor vista panorámica témola desde un que hai na estrada DP-1909, á altura de Goxán.

Moi valentes foron aqueles primeiros habitantes que decidiron asentarse nesta pequena península na que o mar aberto bate con toda a enerxía. Unha das primeiras noticias que temos deste porto fálanos da caza da balea, información que nos transmite o Licenciado Molina a mediados do século XVI cando se refire a el e ao de Malpica: “en los que principalmente más que en otros del reino, mueren muchas ballenas y la causa por que más que aquí que en otras partes haya, es porque estos puertos siempre son más bravos”.

Nesta pequena vila mariñeira instalarase unha rama da familia nobre dos Bermúdez de Castro. Un dos seus membros, Francisco Bermúdez de Castro, fundou na localidade o convento dos Padres Agostiños, ao que lle concedeu importantes privilexios. Estes relixiosos encargaranse tamén de rexentar a parroquia, baixo a nova advocación da Virxe do Perpetuo Socorro.

Os habitantes do Caión tiveron sempre como actividade económica principal a pesca, primeiro a da balea e, a partir do século XVIII, a da sardiña, congrio e pescada. Actualmente o turismo converteuse no principal recurso desta localidade, atraído pola excelente situación e magnífica praia.

Este núcleo, na segunda metade do século XX, experimentou unha fonda transformación urbanística que supuxo a substitución das antigas casas mariñeiras por edificios de nova construción. No centro da vila aínda se conservan algunhas edificacións tradicionais que nos permiten imaxinar como era aquel Caión histórico.

Esta vila mariñeira ofrécelle ao viaxeiro varios atractivos que non debería deixar de visitar. En primeiro lugar a praza de Eduardo Vila Fano, considerada como o centro urbano. Nela sitúanse os dous edificios históricos máis emblemáticos: o pazo dos condes de Graxal e a igrexa parroquial de Santa María do Perpetuo Socorro. O primeiro deles é un edificio alongado que ocupa a parte oeste dese espazo. A igrexa foi o antigo templo do convento dos agostiños e substituíu á anterior parroquial, situada onde actualmente se localiza a capela dos Milagres. O seu maior interese arquitectónico represéntao a portada renacentista do muro norte, que dá á praza. Arrimada á parte sur da cabeceira da igrexa sitúase o edificio do antigo convento. Na fachada móstranse dous escudos: no da esquerda represéntase unha torre e a seguinte inscrición: Malo mori quam foedari (Prefiro morrer antes que mancharme). No da dereita aparecen os símbolos dos Bermúdez e dos Castro.

Moi preto da praza, atópase o edificio da confraría de pescadores, que acolle os fondos do arquivo de pesca e unha exposición permanente sobre a cultura mariñeira desta vila.

Resulta interesante achegarse ao santuario da Virxe dos Milagres,, situado a uns dous quilómetros da localidade, seguindo a estrada cara a Carballo. O templo actual, de formas barrocas, data de 1836. Ao seu redor celébrase unha popular romaría o 8 de setembro.

Galería de fotos de CAIÓN, VILA ENRIBA DO MAR

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Ao sur da ría na que o Anllóns entrega a colleita hídrica que foi recadando ao longo do seu camiñar por terras bergantiñ...

CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

O castro “A Cidá” de Borneiro (Cabana de Bergantiños), situado preto do dolmen de Dombate, representa unha excelente mos...

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes q...

MONTE PINDO, OLIMPO CELTA DE GALICIA

O Monte Pindo, coñecido entre a veciñanza como O Pedregal, é un accidente xeográfico tan impactante na paisaxe que non p...

MUXÍA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE

O poeta Gonzalo López Abente (1878-1963) consideraba a súa Muxía natal como estática, “deitada” na ribeira, silenciosa e...

TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das m...

O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, ...

GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, á beira do Anllóns, sitúase a Área Recre...

HÓRREO DE CARNOTA, BELEZA ARTÍSTICA NUNHA CONSTRUCIÓN P...

Non existe ningunha outra construción que identifique a paisaxe galega coma o hórreo. Tan pronto como pasamos por un núc...

As praias segredas da Costa da Morte

As praias secretas da Costa da Morte son case calquera que non estea nun núcleo urbano. O territorio da Costa da Morte, ...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...