MALPICA DOS MEUS AMORES…

Déixate levar por Malpica De Bergantiños a través de “MALPICA DOS MEUS AMORES…”. Se che interesa a identidade local, este texto vaite enganchar. Pista: fíxate en malpica.
38. Porto e vila de Malpica

O mar imprime carácter, pero se ese mar é impetuoso como o da Costa da Morte e o espazo de terra no que se vive está todo el impregnado de salitre, o sentimento de arraigamento ao territorio aínda se fai máis intenso. Un exemplo da paixón pola patria nativa exprésao esta cantiga popular malpicá:

Malpica é desas vilas nas que o mar foi a razón de ser da súa existencia, os seus primeiros poboadores non dispoñían doutro recurso para subsistir que non fose o medio mariño, pero ademais tiñan que soportar as adversidades dun espazo desprotexido no que mar e vento poucas veces están en calma. Para resistir esta crueza do entorno os malpicáns construíron as súas vivendas acaroadas entre si, baixo a protección do monte da Atalaia.

Malpica dos meus amores,
o rei te quixo vender,
para mercar a Malpica,
moito diñeiro hai que ter.

O núcleo malpicán tivo a súa orixe na instalación dunha base para a caza da balea, actividade practicada desde a Idade Media por pescadores asturianos e vascos, que se achegaban a esta costa nos meses de inverno. O Licenciado Molina documenta esta pesca a mediados do século XVI e fala dos seus beneficios: “É pesca de gran proveito porque dun baleato, aínda que sexa pequeno, sácanse dúas arrobas ou cántaras de aceite, que serve para todo o que se aproveita o de oliveira, agás para comer”.

No século XVIII a caza da balea decae e será substituída pola da sardiña e do congro. Nesta localidade instalaranse varias factorías de salgadura de sardiña, e o congro, despois de curado polo vento do nordés, exportábase para terras do interior peninsular.

Os pescadores malpicáns tiveron que loitar sempre contra os golpes de mar, que de xeito implacable, batían contra as embarcacións, de aí que a súa maior preocupación fose procurar protección para a súa frota. Antes de dispoñer dela, en tempo de inverno, víanse na obriga de subir lanchas e botes para as rúas da vila. Co paso do tempo chegarán os primeiros diques de abrigo e a dársena, instalacións portuarias que mellorarán posteriormente.

O núcleo histórico de Malpica vertebrábase arredor da rúa Eduardo Vila Fano. Desta arteria central partían as calellas que formaban o tramado urbano antigo, con casas dunha soa planta ou de dous andares, paredes de granito e cubertas con tella do país. Algunhas con balcón ou galería. Unha Malpica que se conservou con poucos cambios ata os anos sesenta do pasado século. Era a Malpica que tan ben describiu o escritor andaluz José Mas na súa novela La Costa de la Muerte (1928).

A partir deses anos aquela fisionomía urbana tradicional cambiou e o núcleo de Malpica transformouse substancialmente e medrou de maneira desordenada. A pesar disto, o enclave espectacular desta localidade e do seu porto engalanado polo colorido das embarcacións, xunto coa actividade portuaria, danlle un gran atractivo a esta singular vila mariñeira da Costa da Morte.

O viaxeiro que se achegue a Malpica, ademais de visitar as súas rúas e o seu porto, non debe perder a oportunidade de ver a obra que o pintor Urbano Lugrís (1908-1973) deixou na localidade, depositada na Casa do Pescador, e realizar a ruta a pé desde o núcleo malpicán ata a capela de Santo Hadrián, para gozar das magníficas vistas sobre este excepcional tramo costeiro e as illas Sisargas.

Galería de fotos de MALPICA DOS MEUS AMORES…

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, ...

TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das m...

CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

O castro “A Cidá” de Borneiro (Cabana de Bergantiños), situado preto do dolmen de Dombate, representa unha excelente mos...

CEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANTÁSTICO

Cando visitamos unha zona ás veces non nos detemos en certos sitios porque non os consideramos de interese ou porque car...

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes q...

Turismo Sostenible na Costa da Morte: Descobre sen deix...

A Costa da Morte conta cun patrimonio natural excelente, vivo e salvaxe. Por desgraza, a súa beleza non é eterna se non ...

O Camiño de Santiago á fin do mundo: Fisterra e Muxía

Cada vez son máis os peregrinos que deciden continuar o Camiño de Santiago ata o fin do mundo, ben ata o Faro de Fisterr...

As praias segredas da Costa da Morte

As praias secretas da Costa da Morte son case calquera que non estea nun núcleo urbano. O territorio da Costa da Morte, ...

Onde atopar grafitis, murais e arte da rúa na Costa da ...

Pregúntaste onde atopar grafitis, murais e arte urbano en xeral na Costa da Morte? Pois estás de sorte, porque practicam...

Castros e dolmens prehistóricos en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é coñecida pola súa beleza natural, pero tamén pola súa rica herencia ...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...