CAMELLE, OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN

Descobre Camariñas a través de “CAMELLE, OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN”. Comeza por este capítulo e entenderás mellor o territorio antes de visitalo. Pista: fíxate en figura.
119. A vila de Camelle na actualidade 1.jpg

Camelle, ata non hai moitos anos, era un pequeno núcleo mariñeiro que se estendía pola parte esquerda da baía que leva ese nome. Así aparece na imaxe que nos deixou o fotógrafo laxés José Vidal, no ano 1934. A súa orixe estivo vinculada á caza de baleas que a finais do século XV practicaban vascos e asturianos por esta costa. No século XVI xa existía a capela do Espírito Santo, pero non se convertería en parroquial ata a segunda metade do século XX, anteriormente pertencía á freguesía de San Pedro do Porto.

Na primeira metade do século XVIII tanto a localidade, formada só por unha ducia de casas, como as terras que a circundaban, pertencían ao conde de Altamira, a quen os veciños lle pagaban as rendas dos foros. Ata que estes non foron redimidos a veciñanza non puido facerse coa propiedade de casas e terras. Sería a partir de entón cando este porto comezaría a medrar. Polos anos vinte do século pasado a vila de Camelle dedicábase sobre todo á pesca da sardiña, que adquirían as tres fábricas de salgadura que había na localidade e á pesca do congro, que, despois de secado ao aire do mar, se vendía para terras do interior peninsular. O maior desenvolvemento producirase a partir das décadas dos setenta e oitenta, cando o peixe e o marisco comezaron a ter unha maior cotización no mercado.

Esta localidade é coñecida sobre todo por acoller ao cidadán alemán Manfred Gnändinger, que de xeito casual chegou un día de 1961, cando aínda era un mozo de 26 anos. Logo de convivir coa veciñanza unha tempada, retirouse en solitario a un habitáculo construído na beiramar, ao mesmo tempo que desenvolvía unha intensa actividade artística dedicada á pintura e escultura ao aire libre, nas inmediacións da súa vivenda. Mudou tamén a súa forma de vestir, practicamente non usaba máis que un taparrabos, e tamén os hábitos alimentarios, facéndose vexetariano. Bañábase cada día no mar, verán e inverno, e cada vez comunicábase menos coa veciñanza, tan só recibía aos visitantes do seu museo, aos que, ademais de pedirlles unha pequena axuda, convidábaos a debuxar o que se lle ocorrese, nun pequeno bloc que lles entregaba.

A catástrofe do Prestige causaralle unha fonda ferida ao ser invadido polo chapapote boa parte do seu territorio. Xa anteriormente viña sufrindo algúns problemas de saúde, pero esta desfeita ecolóxica acelerou a súa enfermidade física e psíquica, da que non deu recuperado. O 28 de decembro de 2002, os veciños decatáronse de que non retirara a bolsa de alimentos que lle deixaran na porta como cada día. Máis tarde o seu corpo sen vida apareceu no interior da vivenda.

Man era consciente da transcendencia da súa obra, e para preservala, no seu testamento deixou ao Estado como responsable dela, cedéndolle tamén os recursos económicos que acumulara ao longo da vida. Legado que posteriormente pasou ao concello de Camariñas. Coa intencionalidade de manter viva a súa figura e a súa obra, en 2015 construíuse a Casa do Alemán, que acolle información sobre a vida deste singular artista e parte da súa obra. Tamén se rehabilitou a que fora a súa casa, na que se depositaron as súas cinzas.

Galería de fotos de CAMELLE, OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

Costa da Morte, naturalmente única: desde hoxe, unha se...

Hai territorios que non se entenden cun “top 10”. Territorios que precisan tempo, contexto e mirada. A Costa da Morte é ...

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspira...

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes q...

MORAIME, CENTRO HISTÓRICO DA COSTA DA MORTE

Existe un gran descoñecemento da historia de Moraime e do papel que desempeñou en tempos pasados como centro relixioso e...

LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría,...

CORISTANCO, TERRA DA PATACA

Cando pronunciamos o nome de Coristanco, asociado a el de inmediato vénnos á memoria a verba “pataca”, ese tubérculo com...

ENSEADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA

Ao longo da Costa da Morte dispoñemos de moitos espazos que nos ofrecen a posibilidade de gozar da natureza a nivel pais...

MALPICA DOS MEUS AMORES...

O mar imprime carácter, pero se ese mar é impetuoso como o da Costa da Morte e o espazo de terra no que se vive está tod...

CAMELLE, OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN

Camelle, ata non hai moitos anos, era un pequeno núcleo mariñeiro que se estendía pola parte esquerda da baía que leva e...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...