DERRUBANDO MUROS CON PINTURA, PROXECTO PARA CURAR FERIDAS URBANÍSTICAS

Explora Carballo a través de “DERRUBANDO MUROS CON PINTURA, PROXECTO PARA CURAR FERIDAS URBANÍSTICAS”. Un capítulo para gardar: dá ideas, referencias e ganas de seguir explorando. Pista: fíxate en curar.
19. Un dos participantes no Rexenera Fest elaborando un mural

A vila de Carballo formouse na banda dereita do Anllóns na primeira metade do século XVIII tralo redescubrimento das augas termais. Na outra beira do río, situábase a antiga parroquia de San Xoán de Carballo, de orixe medieval. Polos anos vinte do pasado século esta localidade estaba considerada como un núcleo moderno e ben trazado, pero o crecemento anárquico na década dos setenta, ademais de destruír os edificios máis singulares, provocou que a vila carballesa fose considerada como un exemplo de feísmo. A aprobación do plan urbanístico reconduciu esta anómala situación, pero o estereotipo negativo anterior aínda permanece na memoria dos carballeses e visitantes.

Coa intención de proxectar unha nova imaxe da capital bergantiñá e converter Carballo nun museo ao aire libre con propostas artísticas de vangarda que sorprendan á cidadanía, e ao mesmo tempo, crear un recurso turístico, o concello carballés iniciou no ano 2013 o proxecto denominado Derrubando Muros con Pintura

O primeiro muro “derrubado” foi o dunha antiga casa situada á entrada da rúa do Sol, na que as artistas Paula Fraile e Roberta Venanzi, coordinadoras do proxecto, plasmaron o mural “O Carballo”, unha exaltación da vexetación e da árbore que dá nome á vila. O proxecto ampliarase ao ano seguinte con obras de artistas locais e consolidarase a partir do 2015 coa posta en marcha do Festival Internacional de Arte Público de Carballo, coñecido como Rexenera Fest, co obxectivo de reunir durante unha semana, na primavera de cada ano, a grandes creadores galegos, estatais e internacionais de arte urbana ou street art.

Durante a celebración do evento os artistas convidados pintan de forma simultánea en diferentes rúas da vila e a veciñanza ten a ocasión de observar o proceso de desenvolvemento de cada obra. Por Carballo pasaron creadores de gran prestixio, como o portugués Bodalo II, o italiano Pixel Pancho, o valenciano Dulk, o almeriense afincado en Galicia Nömada, a polaca Natalia Rak, a arxentina Milu Correch, a soriana Marta Lapeña, o zaragozano Isaac Mahou, o dúo valenciano PichiAvo, a lituana Marija Tiurina, o catalán Van Vúu, a vasca Udatxa ou os galegos Mou, Yoseba MP e Lidia Cao.

Neses mesmos días prográmanse outras actividades nas que os propios artistas teñen a oportunidade de comunicar a súa traxectoria creadora ou o proxecto que están a levar a cabo nesas xornadas. A música tamén está presente, e como remate deste acontecemento artístico, realízase un roteiro guiado no que se visitan obras da presente edición e anteriores.

Son xa máis de cen murais os que se expoñen neste museo ao aire libre de Carballo. O proxecto de arte urbana carballés xa adquiriu un recoñecemento mundial ao entrar a formar parte do grupo das 270 cidades de todo o planeta que apostaron por desenvolver iniciativas artísticas deste tipo. Na páxina web derrubandomuros.gal, hai unha completa información sobre este innovador proxecto artístico e unha proposta de rutas.

Galería de fotos de DERRUBANDO MUROS CON PINTURA, PROXECTO PARA CURAR FERIDAS URBANÍSTICAS

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

LAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN ESTADO PURO

Ao longo do litoral da Costa da Morte atopámonos con espazos dunha enorme riqueza paisaxística e ambiental, verdadeiros ...

RAZO-BALDAIO, MODELO DE DIVERSIDADE AMBIENTAL

En poucos lugares da costa galega hai unha área natural con tanta diversidade como neste espazo litoral carballés, no qu...

CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arceb...

As mellores rutas de senderismo en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é famosa polos seus impresionantes paisaxes de penedos, praias virxes ...

PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e ...

CAMELLE, OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN

Camelle, ata non hai moitos anos, era un pequeno núcleo mariñeiro que se estendía pola parte esquerda da baía que leva e...

Avistamentos de baleas na Costa da Morte: unha experien...

Hai momentos nos que a natureza nos regala espectáculos imposibles de olvidar. Un delas é recoller a unha ballena surcan...

RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO

En Galicia proliferan as paisaxes nas que a auga doce é protagonista e cada vez teñen un maior atractivo as rutas de sen...

GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, á beira do Anllóns, sitúase a Área Recre...

CEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANTÁSTICO

Cando visitamos unha zona ás veces non nos detemos en certos sitios porque non os consideramos de interese ou porque car...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...