MORAIME, CENTRO HISTÓRICO DA COSTA DA MORTE

Coñece Muxía a través de “MORAIME, CENTRO HISTÓRICO DA COSTA DA MORTE”. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: fíxate en moraime.
128. Igrexa de San Xulián de Moraime

Existe un gran descoñecemento da historia de Moraime e do papel que desempeñou en tempos pasados como centro relixioso e administrativo dun amplo territorio que se estendía desde o curso baixo do río Anllóns ata Fisterra. O abade deste mosteiro ademais de ser unha destacada autoridade no eido relixioso tamén exercía un notable poder político e administrativo nesta rexión occidental. A falta de sinalización e divulgación do patrimonio que acolle este importante conxunto histórico e arquitectónico e o non manter aberta ao público a súa magnífica igrexa románica fan que o número de visitantes de Moraime sexa moi inferior ao que merecería.

Os monxes bieitos deste mosteiro muxián foron os que difundiron o cristianismo e crearon novas parroquias nestas comarcas da Costa da Morte e fundaron importantes centros relixiosos como o santuario da Virxe da Barca de Muxía, un xeito de cristianizar antigos cultos pagáns a través da aparición de figuras destacadas da igrexa católica coma a Virxe, o Apóstolo Santiago ou Cristo, que serían o motivo da chegada de peregrinos a estas terras e a orixe do actual camiño xacobeo de Fisterra-Muxía.

A historia de Moraime vai máis alá da fundación do mosteiro. No ano 1972 realizáronse unhas escavacións arqueolóxicas dirixidas por Manuel Chamoso Lamas, nas que se descubriron restos dunha vivenda romana (varias estruturas e un hipocausto) e numerosos obxectos do período tardorromano. Todos estes vestixios poderían corresponder á existencia dunha villa romana. Neste mesmo espazo tamén se atopou unha necrópole visigoda composta de varias tumbas, así como algúns restos desta época.

Non se dispón de datos sobre a fundación do mosteiro moraimés, pero as súas orixes poderían remontarse ao século X. A primeira documentación que hai sobre o mesmo é do ano 1095. O cenobio primitivo foi destruído polos almorábides a comezos do século XII, logo sería construído un novo grazas ao apoio do rei Alfonso VII, que pasou un tempo da súa infancia neste centro relixioso muxián. Despois da concesión de propiedades e privilexios por parte dalgúns monarcas, chegarán para esta congregación relixiosa de Moraime tempos de abusos e ataques por parte da nobreza local, ata a súa incorporación ao mosteiro compostelán de San Martiño Pinario.

De todo este conxunto histórico e artístico, consérvase a magnífica igrexa románica de planta basilical de finais do século XII, formada por tres naves e tres ábsidas. Na que destacan a portada occidental e a extraordinaria porta sur coa representación no tímpano da Última Cea. No interior, ademais da súa excelente colección de capiteis, sobresaen as interesantes pinturas góticas do século XV, nas que se representan escenas dos sete pecados capitais e da morte, descubertas nos anos sesenta do pasado século. O conxunto complétase co edificio da antiga casa reitoral construída a mediados do século XVIII.

Galería de fotos de MORAIME, CENTRO HISTÓRICO DA COSTA DA MORTE

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

O castro “A Cidá” de Borneiro (Cabana de Bergantiños), situado preto do dolmen de Dombate, representa unha excelente mos...

Eclipse 2026 na Costa da Morte

Xa saben: a eclipse total de Sol prodúcese porque a Lúa se coloca xusto diante do Sol, e tápanolo. O tamaño aparente dos...

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

MONTE PINDO, OLIMPO CELTA DE GALICIA

O Monte Pindo, coñecido entre a veciñanza como O Pedregal, é un accidente xeográfico tan impactante na paisaxe que non p...

HÓRREO DE CARNOTA, BELEZA ARTÍSTICA NUNHA CONSTRUCIÓN P...

Non existe ningunha outra construción que identifique a paisaxe galega coma o hórreo. Tan pronto como pasamos por un núc...

RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO

En Galicia proliferan as paisaxes nas que a auga doce é protagonista e cada vez teñen un maior atractivo as rutas de sen...

RAZO-BALDAIO, MODELO DE DIVERSIDADE AMBIENTAL

En poucos lugares da costa galega hai unha área natural con tanta diversidade como neste espazo litoral carballés, no qu...

Observación de aves en Costa da Morte

A observación de aves é moito máis que un pasatempo; é unha ferramenta poderosa para conectar as persoas coa natureza e ...

PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO

Para comprender a importancia e o valor dos Penedos de Pasarela e Traba necesitamos coñecer como se formou este conxunto...

LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría,...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...