A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

Achégate a Carballo a través de “A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS”. Comeza por este capítulo e entenderás mellor o territorio antes de visitalo. Pista: fíxate en sinfonía.
23. Férveda de San Paio de Entrecruces

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes que se achegue ao máxico lugar da Férveda. Unha explosión de colorido, sons e imaxes que penetran a través dos sentidos e que non deixan impasible ao camiñante que contemple semellante espectáculo.

Para chegar a ese sensacional lugar collemos a estrada que de Carballo se dirixe a Santiago. Ao pasar Entrecruces, tomamos unha desviación á esquerda cara a San Paio que nos leva ata a capela dedicada a este santo. Agora xa a pé, seguimos de fronte polo medio da aldea ata coller un camiño á dereita que bordea o río Outón, e despois de percorrer uns 500 m, nos conduce á fervenza.

Ao comezo da ruta o son da auga do regato, xunto co bosque de ribeira que o acompaña, vainos introducindo nun ambiente que nos prepara para o cúmulo de emocións que nos agardan ao final do traxecto.

A humanización da paisaxe maniféstase nos muíños de auga rehabilitados polos que pasamos e nos restos da construción, situada á man dereita, que corresponden á antiga central hidroeléctrica instalada cara ao ano 1915, que proporcionou a primeira enerxía eléctrica á vila de Carballo. Nos arredores aínda se visualizan algúns anacos da tubaxe pola que baixaba a auga desde a pequena presa que había antes da fervenza.

A partir de aquí, se o río leva un caudal abondoso, comezamos a escoitar de fondo o balbordo da auga da Férveda, que vai en aumento segundo nos imos achegando á cascada, pero aínda non a alcanzamos coa vista ata chegar a poucos metros dela. Semella que desexa transmitir primeiro a súa presenza sonora que visual, coa intencionalidade de sorprender e causar un maior impacto ao intruso que se aproxima ao seu espazo vital.

Cando nos situamos diante deste fascinante marco natural quedamos absortos pola variedade de formas e sons que percibimos e notamos como a forza da natureza nos invade diante de tanta beleza, e que tan ben soubo expresar coa palabra o crego humanista Xosé Pumar Gándara: “A Férveda é un espectáculo permanente e variado, ten todos os compases e aires (…). Ten o seu minueto na escaseza da auga, o seu adagio na primavera, o seu forte tutti na invernía, cando enchentes e idoiros rebordan camiños e agras”.

A orixe desta fervenza está relacionada coa Depresión Meridiana, formada por un conxunto de fallas que se estenden desde Carballo ata Tui, dando lugar á existencia de augas termais como as sulfurosas da capital bergantiñá. Nesta zona, o bloque ergueito correspóndese coas terras que a veciñanza denomina A Alta e o bloque fundido co val, denominado A Baixa. A Férveda representa o desnivel duns 40 m de altura que ten que salvar o río Outón desde a meseta ao val.

De volta da Férveda temos a oportunidade de visitar tamén a Férveda de Rus, desviándonos á dereita no cruce da Canosa e seguindo a estrada uns 2 km. Esta cachoeira é máis humilde que a de San Paio, pero ben fermosa. Un pouco antes de chegar a ela, pasamos pola igrexa parroquial de Santa María de Rus, esplendoroso templo, coñecido como a pequena catedral de Bergantiños. Unha obra que se realizou en varias intervencións desde finais do século XVII ata o século XIX.

Galería de fotos de A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes q...

FARO VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE

Nun tempo no que ningún núcleo costeiro da contorna dispoñía de luz eléctrica, o resplandor da luz do faro Vilán producí...

Que festas gastronómicas hai na Costa da Morte?

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa! A gastronomía é un pil...

VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha...

FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspira...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

Museos para visitar na Costa da Morte: 11 plans cultura...

Falar da Costa da Morte é pensar en faros, praias salvaxes, cantís, gastronomía atlántica e vilas cunha personalidade ún...

A PENELA E RIOBÓ, HISTORIA E ARTE NO SILENCIO

Hai lugares na Costa da Morte que conservan un prezado patrimonio histórico, pero por situarse afastados das principais ...

MONTE PINDO, OLIMPO CELTA DE GALICIA

O Monte Pindo, coñecido entre a veciñanza como O Pedregal, é un accidente xeográfico tan impactante na paisaxe que non p...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...