PONTE LUBIÁN, MEMORIA DE ANTIGOS CAMIÑOS

Explora Coristanco a través de “PONTE LUBIÁN, MEMORIA DE ANTIGOS CAMIÑOS”. Lectura curta de entrada, pero con miga: sitúate no mapa e no tempo. Pista: fíxate en caminos.
35. Ponte Lubián, no límiate dos concellos de Carballo e Coristanco

O territorio da Costa da Morte, debido á súa situación periférica, na antigüidade non foi atravesado por vías de comunicación importantes. A única destacada, se temos en conta a opinión dalgúns historiadores, sería a vía romana XX, tamén denominada Per loca maritima, que despois de cruzar a ponte de Brandomil e introducirse na comarca do Xallas, entraría en Bergantiños en dirección a Carballo, para continuar despois cara a Brigantium (A Coruña).

As arterias de comunicación antigas da Costa da Morte dirixíanse sobre todo cara a Santiago e A Coruña. Os camiños cara a estas dúas urbes cruzaban os ríos Xallas, Porto e Anllóns a través de varias pontes. Sobre o Xallas, as dúas de maior relevancia eran a ponte de Olveira e a ponte de Brandomil. Sobre o río do Porto, a de maior importancia era a da Ponte do Porto. No Anllóns, as dúas de máis entidade eran a de Ponteceso e a ponte Lubián.

Hai quen defende que onde se sitúa esta última, houbo outra anterior pola que cruzaba esa hipotética vía XX. Unha parte da veciñanza aínda se refire a ela como “a ponte romana”. Carré Aldao, cando describe a parroquia de Oca (Coristanco), dinos que hai dúas pontes sobre o río Lubián: Vella e Nova. Sobre a primeira afirma: “A ponte Vella é de lombo de cabalo e foi construída polos romanos na vía que pasaba por estes lugares”. Porén, a ponte antiga que vemos na actualidade é do século XVIII, así nolo confirma o ilustrado coruñés José Cornide: “hai poucos anos que se edificou e está moi ben conservada”.

No mapa de Tomás López (1784) esta ponte aparece baixo a denominación de “ponte Lubián”, e xunto coa de Ponteceso, son as únicas que cita sobre o Anllóns. Por suposto, a ponte Lubián tamén aparece nomeada no mapa de Domingo Fontán (1845), pero neste caso cítanse outras máis, como a de Anllóns, Cardezo, Pontedona, Verdes ou Garga.

A ponte Lubián sitúase no límite que divide os concellos de Coristanco e Carballo, moi próxima á estrada AC-552, e está considerada como a mellor construción deste tipo que se conserva en Bergantiños; polo tanto, constitúe un dos monumentos históricos máis destacados da comarca. No ano 1984 sufriu a caída dun dos arcos menores a consecuencia dunha gran riada, pero este deterioro foi reparado e na actualidade mantense en bo estado de conservación.

Os arcos que a forman son asimétricos: dous de gran diámetro, no lado norte, polos que circula o caudal do río, e dous de menores dimensións, no lado contrario. A súa estrutura está reforzada por un tajamar entre os dous arcos maiores. Dispón dunha estreita calzada (2,60 m), cunha loma que alcanza o seu punto máis elevado no piar no que apoian os dous arcos de maior luz. Por ela cruzaba o antigo camiño real que desde a cidade da Coruña se dirixía ás comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, e deixou de utilizarse cando se construíu a estrada AC-552 a mediados do século XIX e se levantou unha nova ponte máis ao norte da anterior.

Galería de fotos de PONTE LUBIÁN, MEMORIA DE ANTIGOS CAMIÑOS

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

Descubre os Mellores Plans para a Noite de San Xoán 202...

A Costa da Morte é un destino máxico todo o ano, pero sexamos sinceros, a noite de San Xoán é a máis máxica de todas! Du...

Sabores do Atlántico: a gastronomía da Costa da Morte

A Costa da Morte é un destino que cautiva polas súas paisaxes salvaxes, os seus faros impoñentes e o seu mar bravo. Pero...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...

MONTE PINDO, OLIMPO CELTA DE GALICIA

O Monte Pindo, coñecido entre a veciñanza como O Pedregal, é un accidente xeográfico tan impactante na paisaxe que non p...

FARO VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE

Nun tempo no que ningún núcleo costeiro da contorna dispoñía de luz eléctrica, o resplandor da luz do faro Vilán producí...

MONTE BRANCO E BALARÉS, O GOCE DA PAISAXE

Monte Branco, monte Brancocando te vexo de lonxeverto a soas triste planto.E. Pondal O poeta Eduardo Pondal (1835-191...

CORCUBIÓN, VILA E PORTO SEÑORIAL DOS ALTAMIRA

A vila de Corcubión, hoxe capital dun pequeno concello, foi a cabeza reitora dunha extensa xurisdición sobre a que exerc...

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes q...

LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría,...

PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e ...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...