2026
23
Abril

Malpica nun mar de letras 2026

Cultura
Malpica

Saber máis sobre Malpica nun mar de letras 2026

O Concello de Malpica, xunto coas asociacións locais, súmase á celebración das Letras Galegas cun programa cheo de actividades culturais para todos os públicos, poñendo en valor a nosa lingua, a literatura e a identidade galega.

Ao longo destas semanas, Malpica acollerá presentacións literarias, contacontos, teatro, música, exposicións, danza e actos conmemorativos como a ofrenda ás Pandeireteiras de Mens, nunha programación que mestura tradición, memoria e creación contemporánea.

Cultura e letras para todos os públicos! Unha oportunidade perfecta para vivir Malpica a través da palabra, da música e da participación veciñal.

  • Xoves 23 de abril: dotación da Biblioteca Pública Municipal ás bibliotecas dos centros de ensino do concello de Malpica de publicacións sobre a vida e obra de Begoña Caamaño.
  • Venres 24 de abril: a partir das 18:00 h, Venres na biblioteca: Galeatro con Hotel Paraíso, na Biblioteca Pública Municipal Eduardo Blanco Amor. Público infantil a partir de 4 anos.
  • Sábado 2 de maio: ás 20:30 h, presentación literaria de A novela do Bravú, de Xurxo Souto, no Fogar do Pensionista da Casa do Pescador de Malpica.
  • Do martes 5 de maio ao luns 15 de xuño: exposicións “Begoña Caamaño, un Camiño de Sementes” e “De Circe a Morgana”, na Biblioteca Eduardo Blanco Amor de Malpica.
  • Venres 8 de maio: a partir das 18:00 h, Tardes na biblioteca: Pérez&Fdez con UMAMI, na Biblioteca Municipal Eduardo Blanco Amor.
  • Venres 8 de maio: ás 20:30 h, presentación literaria de A Costa da Morte. Naturalmente única, de Xan X. Fdez. Carrera e Antonio Fernández, no Fogar do Pensionista da Casa do Pescador.
  • Domingo 10 de maio: ás 12:00 h, Gala de fin de curso da AC Malante, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica de Bergantiños.
  • Luns 11 de maio: ás 11:45 h, Cris de Caldas con Mulleres de Conto, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica de Bergantiños.
  • Xoves 14 de maio: a partir das 11:00 h, Festival das Letras Galegas, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica de Bergantiños.
  • Venres 15 de maio: ás 10:15 h, Chaves Invisibles, de Vero Rilo e Luís Iglesias, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica de Bergantiños.
  • Sábado 16 de maio: ás 20:30 h, presentación literaria de Begoña Caamaño, de Nerea Gómez, Icía Varela e Xosé M. Varela, no Fogar do Pensionista.
  • Domingo 17 de maio: ás 12:00 h, ofrenda floral ás Pandeireteiras de Mens, no Centro Sociocultural de Mens.
  • Venres 22 de maio: a partir das 18:00 h, Venres na biblioteca: Pablísimo con Contacomic, na Biblioteca Pública Municipal Eduardo Blanco Amor.
  • Sábado 23 de maio: ás 19:00 h, Gala de fin de curso da AC Raigañas, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica de Bergantiños.
  • Sábado 23 de maio: a partir das 19:00 h, presentación do libro O país invisible, de Arturo Lezcano, no Fogar do Pensionista da Casa do Pescador.
  • Venres 29 de maio: ás 12:00 h, presentación das bases e convocatoria do XXI Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”, no Salón de Plenos da Casa do Concello.
  • Venres 29 de maio: ás 20:30 h, presentación literaria de Un mundo que se nos va. Razones para rebelarse, de Carlos Taibo, no Fogar do Pensionista.
  • Sábado 30 de maio: ás 20:30 h, presentación da canción da “Romaría de San Adrián”, no salón de actos da Casa do Pescador.
  • Domingo 31 de maio: a partir das 12:30 h, Gala de fin de curso da ACD Carcaxía, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica de Bergantiños.
  • Martes 2 de xuño: ás 11:00 h, Maratón do Obradoiro de Animación Teatral do Concello de Malpica, no Auditorio do Centro Cívico.
  • Martes 2 de xuño: ás 17:30 h, Gala de fin de curso do obradoiro de Arte, na Aula da Arte do Centro Cívico de Malpica.
  • Venres 5 de xuño: Escora Danza.
  • Sábado 6 de xuño: ás 20:00 h, “Merendola Desconcertante”, do Cuarteto de Biselas, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica.
  • Venres 12 de xuño: Maratón do Obradoiro de Animación Teatral do Concello de Malpica, no Auditorio do Centro Cívico, con varias representacións ao longo da tarde.
  • Sábado 13 de xuño: Escora Danza.
Malpica Nun Mar de Letras

Máis detalles sobre Malpica nun mar de letras 2026

Data de inicio

Xoves, 23 de Abril de 2026

Data de fin

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar de celebración

Malpica de Begantiños

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco

As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8 de xuño cun programa cheo de ...

Fecha de inicio

Sábado, 6 de Xuño de 2026

Lugar

Paiosaco (A Laracha)

Ximnasia rítmica e estética en Muxía

O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o talento da mocidade coa actividad...

Fecha de inicio

Mércores, 10 de Xuño de 2026

Lugar

Pavillón Municipal de Muxía

Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte

O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte celebrarase o xoves 11 de xuño ...

Fecha de inicio

Xoves, 11 de Xuño de 2026

Lugar

Centro de Artesanía e Tradición de Buño

Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría

A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11 de xuño ás 19:30 horas no Edi...

Fecha de inicio

Xoves, 11 de Xuño de 2026

Lugar

Ctra. General, 69 - Ézaro - 15297 - Dumbría (A Coruña)

Cea da Fame de Cáritas en Vimianzo

A Cea da Fame de Cáritas en Vimianzo celebrarase o 12 de xuño de 2026 ás 21:00 horas no Centro Comer...

Fecha de inicio

Venres, 12 de Xuño de 2026

Lugar

Centro Comercial Fonte dos Cabalos

Obradoiro Consellos para a horta en Zas

O Obradoiro Consellos para a horta en Zas chega ao Centro Sociocultural de Zas o venres 12 de xuño á...

Fecha de inicio

Venres, 12 de Xuño de 2026

Lugar

Centro Sociocultural de Zas

6ª Carreira Popular Faro Roncudo

A 6ª Carreira Popular Faro Roncudo celebrarase o 13 de xuño de 2026 en Corme, cun percorrido que une...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Corme Porto

Festa de San Antonio 2026 en Carnés

A Festa de San Antonio 2026 en Carnés celebrarase o 13 de xuño nesta parroquia do Concello de Vimian...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Carnés - Vimianzo

Malpica nun mar de letras 2026

O Concello de Malpica, xunto coas asociacións locais, súmase á celebración das Letras Galegas cun pr...

Fecha de inicio

Xoves, 23 de Abril de 2026

Lugar

Malpica de Begantiños
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg