Vilas con encanto na Costa da Morte: rutas por Corme, Camariñas e Muxía entre outras

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no sur, son moitas as pequenas vilas tanto mariñeiras como do interior que te namorarán por motivos moi diferentes.
Prg148 Vista De Corme

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no sur, son moitas as pequenas vilas tanto mariñeiras como do interior que te namorarán por motivos moi diferentes.

Descubrirás vilas con moito encanto que te transportarás a outra época, onde o mar, as lendas e a cultura local se entrelazan. Aínda que tamén te manterán moi neste tempo coas súas terrazas e actividades actuais. Nestas vilas hai para todos os gustos.


Cada unha das vilas que che traemos neste artigo ten o seu propio carácter, pero todas comparten a beleza do paisaxe galego e unha profunda conexión co mar.

Facer unha ruta por estas pequenas e encantadoras vilas é unha forma de adentrarse no corazón da Galicia máis genuína, onde cada recuncho conta historias de antano. A continuación, propoñémosche unha ruta por algúns das vilas máis encantadoras da Costa da Morte.

Caión

Esta pequena vila atópase nunha península que a fai preciosa desde a súa vista desde o alto da estrada, por onde se goza para chegar ata aquí. As súas rúas, estreitas e rochosas, fan máxico calquera paseo. Acabalo nas súas praias, aínda mellor.

Caión A Laracha Vista Aérea 00001

Malpica de Bergantiños

A parte máis antiga desta vila tamén se atopa nunha península e ten un porto resgardado do implacable vento. O paseo marítimo, máis turístico, coas súas terrazas, preséntase ante o mar aberto. Nunha vila pequena, podes vivir moitas emocións diferentes, como fan os seus habitantes.

Playa De Malpica

Corme

Corme é un lugar perfecto para os amantes da natureza, co seu porto pesqueiro e o seu contorno de acantilados e paisaxes impresionantes. Así como para os que queren ver unha pequena vila pesqueira con bos bares nos que tomar algo a resgardo dos ventos do norte.


Desde aquí pódense disfrutar as vistas á nosa seguinte vila con encanto: Laxe.

Prg148 Vista De Corme

Laxe

Laxe, outra das vilas máis encantadoras da Costa da Morte, é un destino ideal para quen buscan unha mestura de beleza costeira e ambiente relaxado. O porto de Laxe é un lugar pintoresco, con barcos pesqueiros que achegan un aire auténtico e mariñeiro. As rúas do pobo invitan a pasear tranquilamente.


A praia de Laxe, de area fina e augas claras, é un dos lugares preferidos polos locais para relaxarse e disfrutar do sol. Nos arredores, o faro de Laxe ofrece vistas espectaculares do océano Atlántico. Ademais, en Laxe poderás gozar dunha boa oferta gastronómica baseada en produtos frescos do mar, como o marisco e o peixe local.

Vista Aérea Da Praia De Laxe

Camariñas

E chegamos a Camariñas, unha vila mariñeira con unha rica historia vinculada ao mar. Coñecida pola súa tradición no encaixe de bolillos, unha técnica artesanal que foi transmitida de xeración en xeración, Camariñas ten moito que ofrecer a quen queren coñecer máis sobre a cultura galega e gozar da súa beleza natural.

Paseo Marítimo De Camariñas 00001

Muxía

O seguinte destino na nosa ruta é Muxía. Muxía é coñecida principalmente polo seu santuario, a Virxe da Barca, que atrae a miles de peregrinos cada ano. Esta vila é perfecta para os que buscan mesturar historia, tradición e natureza.

Ruta Muxía Monte Facho 5

Fisterra

O porto pesqueiro de Fisterra, xunto ao seu ambiente mariñeiro, é un lugar ideal para disfrutar da gastronomía local, especialmente do marisco fresco. Tamén podes percorrer o seu casco antigo e perderte polas súas ruelas empedradas, onde o tempo parece que se detivo.

Vista De Pantalanes En Fisterra

Corcubión

O encanto de Corcubión radica principalmente na súa atmósfera pintoresca e na súa beleza natural. A vila ten un aire tradicional galego, con rúas empedradas, casas de cores suaves e balcóns de ferro forxado que evocan unha sensación de nostalgia por tempos pasados. Ao camiñar polas súas rúas, percíbese o contraste perfecto entre o casco antigo e a impresionante vista á ría que se abre ante os ollos. Moito máis tranquila que nas vilas anteriores.

Ruta De Corcubión Ao Faro De Cee 6

Unha viaxe pola Galicia máis auténtica

A ruta por estas vilas con encanto da Costa da Morte levarate a coñecer con calma o noso territorio. E, con sorte, deixarache verte reflexado en algún recuncho das súas rúas. Cada vila ten a súa propia personalidade e ofrece unha infinidade de paisaxes, cultura e tradición, todas unidas por un mesmo elemento: o mar.


Xa sexa camiñando polas súas rúas empedradas, disfrutando das súas praias tranquilas ou visitando os seus monumentos históricos, esta viaxe permitirate mergullarte na Galicia máis auténtica e disfrutar dunha das costas máis fermosas. Sen dúbida, é un percorrido que non só deleitará os teus sentidos, senón que tamén te conectará coa esencia máis pura desta terra galega.


Cando visites este territorio e subas fotos a Instagram, etiquétanos na nosa conta @visitacostadamorte para que todos poidan disfrutar do teu paso pola nosa terra.

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

MONTE BRANCO E BALARÉS, O GOCE DA PAISAXE

Monte Branco, monte Brancocando te vexo de lonxeverto a soas triste planto.E. Pondal O poeta Eduardo Pondal (1835-191...

GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, á beira do Anllóns, sitúase a Área Recre...

CASTELO DE VIMIANZO, SÍMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA ...

Son poucas as fortalezas medievais que lograron manterse en pé en Galicia. No territorio da Costa da Morte hai algunhas ...

FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspira...

FARO VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE

Nun tempo no que ningún núcleo costeiro da contorna dispoñía de luz eléctrica, o resplandor da luz do faro Vilán producí...

LAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN ESTADO PURO

Ao longo do litoral da Costa da Morte atopámonos con espazos dunha enorme riqueza paisaxística e ambiental, verdadeiros ...

Onde atopar grafitis, murais e arte da rúa na Costa da ...

Pregúntaste onde atopar grafitis, murais e arte urbano en xeral na Costa da Morte? Pois estás de sorte, porque practicam...

PONTE LUBIÁN, MEMORIA DE ANTIGOS CAMIÑOS

O territorio da Costa da Morte, debido á súa situación periférica, na antigüidade non foi atravesado por vías de comunic...

MUXÍA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE

O poeta Gonzalo López Abente (1878-1963) consideraba a súa Muxía natal como estática, “deitada” na ribeira, silenciosa e...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...