A PENELA E RIOBÓ, HISTORIA E ARTE NO SILENCIO

Mira de preto Cabana De Bergantiños a través de “A PENELA E RIOBÓ, HISTORIA E ARTE NO SILENCIO”. Para ler con calma: axudarache a mirar o lugar con outros ollos. Pista: fíxate en riobó.
72. Torre da Penela

Hai lugares na Costa da Morte que conservan un prezado patrimonio histórico, pero por situarse afastados das principais vías de comunicación pasan desapercibidos para os visitantes, e incluso, para os propios habitantes locais. Certo é tamén que á hora de promocionar o territorio, concédeselle maior visibilidade á zona costeira que a do interior. A torre da Penela e a igrexa de San Martiño de Riobó, dous lugares do concello de cabana de Bergantiños, son un bo exemplo do expresado anteriormente.

A aldea da Penela, pertencente á parroquia de Silvarredonda, é coñecida pola torre que se conserva nesta pequena aldea e que formou parte dunha fortaleza da familia dos Bermúdez de Castro. Posiblemente existisen dúas torres máis. A torre que se conserva podería ser a da homenaxe. Presenta unha forma cadrada e tres alturas, rematada en ameas, cos merlóns moi separados.

A entrada principal está formada por un arco de medio punto con grandes doelas, semellante ao da torre norte das Torres do Allo. Arredor desta porta móstranse pezas de boa cantería, pero esta calidade non é uniforme no resto dos muros. Nunha abertura da primeira planta sitúase un escudo no que se representan os símbolos das familias Bermúdez, Moscoso, Castro e Rioboo.

O fundador deste vínculo da Penela foi Lope Bermúdez de Castro, procedente dos antigos Bermúdez de Montaos. A comezos do século XVII, esta fortaleza foi transformada nun pazo por Lourenzo Bermúdez de Castro. Uns descendentes desta familia serían os fundadores do morgado das Torres do Allo.

Logo esta propiedade pasará a mans dos Ozores, condes de Priegue, e finalmente, será adquirida pola familia campesiña Castro Ribeira, coa condición de que a torre non fose vendida a persoas alleas aos antigos propietarios. Estes no ano 2022 chegarán a un acordo co concello de Cabana de Bergantiños para que a fortaleza pasase a propiedade municipal. Agora a necesaria rehabilitación está pendente da dotación de recursos económicos para tal fin.

Nas proximidades da torre hai unha fonte no medio dun acolledor bosque de abeleiras. Unha lenda conta que entre a fonte e a torre había un túnel, e a través del os donos da fortaleza abastecíanse de auga no caso de asedio.

Preto da Penela atópase a igrexa parroquial de San Martiño de Riobó, vinculada aos señores da torre da Penela. Algúns deles soterráronse no seu interior, como Rui Soneira de Rioboo e o seu neto Lourenzo Bermúdez de Castro, falecido en 1625, e a súa dona María de Leis. O templo conserva a base románica, pero sufriu unha profunda reforma posteriormente. A ábsida é a parte que máis se axusta á obra primitiva. A nave foi refeita a mediados do século XVIII. No interior destaca o magnífico retablo maior da mesma época que a remodelación da igrexa, unha obra anónima inspirada nos mestres composteláns do momento.

Cerca da parroquial de Riobó queda a ermida de San Brais de Folgoso, situada sobre a croa dun castro, exemplo de cristianización dun espazo sagrado anterior, e tamén o pozo da Forca, nun lugar natural extraordinario. A súa profundidade deu orixe a varias lendas, unha delas fala de que no fondo hai unha grade de ouro.

Galería de fotos de A PENELA E RIOBÓ, HISTORIA E ARTE NO SILENCIO

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

MALPICA DOS MEUS AMORES...

O mar imprime carácter, pero se ese mar é impetuoso como o da Costa da Morte e o espazo de terra no que se vive está tod...

Actividades ao aire libre na Costa da Morte: surf, kaya...

A Costa da Morte, como é de esperar, é terra de actividades ao aire libre. Especialmente acuáticas. Aínda que é certo qu...

Vilas con encanto na Costa da Morte: rutas por Corme, C...

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no ...

BUÑO, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE

A vila de Buño é coñecida en toda Galicia pola súa tradición oleira. A práctica desta actividade por parte dos buñeses p...

MORAIME, CENTRO HISTÓRICO DA COSTA DA MORTE

Existe un gran descoñecemento da historia de Moraime e do papel que desempeñou en tempos pasados como centro relixioso e...

Semana Santa 2026 na Costa da Morte: qué facer en cada ...

A Semana Santa 2026 na Costa da Morte é unha das mellores épocas do ano para descubrir este recuncho atlántico de Galici...

As praias segredas da Costa da Morte

As praias secretas da Costa da Morte son case calquera que non estea nun núcleo urbano. O territorio da Costa da Morte, ...

Consellos fotográficos para captar aves na Costa da Mor...

Hoxe imos parar a darche consellos fotográficos para captar aves na Costa da Morte. E é que a Costa da Morte é un paraís...

Descubre os Mellores Plans para a Noite de San Xoán 202...

A Costa da Morte é un destino máxico todo o ano, pero sexamos sinceros, a noite de San Xoán é a máis máxica de todas! Du...

PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e ...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...