CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Déixate levar por Fisterra a través de “CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN”. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen présas nin tópicos. Pista: fíxate en última.
144. Panorámica desde o monte Facho de Fisterra

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente americano, experimentará a mesma sensación que tiveron moitos outros camiñantes séculos atrás ao atoparse na fin da Terra. Esta mesma impresión tamén se podería experimentar noutras puntas de Galicia, como no cabo Touriñán, moi preto de Fisterra, non obstante, algunha causa habería para que aqueles antepasados lle atribuísen esa denominación a esta punta fisterrá. Sería porque o cabo Fisterra presenta unha costa agreste e perigosa na parte norte, pero no lado sur, onde se sitúa a vila reúne excelentes condicións para o asentamento de poboación, algo que non ocorre, por exemplo, no cabo Touriñán?

A península que forma o cabo Fisterra penetra no mar uns tres quilómetros e amosa dúas facianas moi diferentes: a norte, agreste e acantilada, bañada por un mar bravo, o denominado Mar de Fóra e a cara sur, de costa máis baixa e protexida, con formacións areentas que actuaron como portos naturais en tempos pasados.

Os autores clásicos nas súas obras fan referencia a estas terras fisterrás, habitadas polos nerios. O cabo Fisterra podería corresponderse co promontorio Nerio ou Céltico, segundo estas fontes. Na Idade Media, Fisterra relaciónase coa ruta xacobea a través da lenda que relata o traslado dos restos do Apóstolo Santiago a Galicia recollida no Códice Calixtino, na que se fai referencia á cidade lendaria de Duio.

No extremo sur do cabo Fisterra sitúase o faro, unha construción proxectada polo enxeñeiro Félix de Uhagón, que entrou en funcionamento en 1853. Consta dun edificio de planta rectangular de dúas alturas, cunha máis na parte central, de paredes recebadas e pintadas de branco, agás os rebordes das aberturas e dos extremos, que presentan cantería á vista. Na parte posterior levantouse a torre de planta octogonal, sobre a que se asentou a lanterna. A súa luz proxéctase a unha distancia de 31 millas. Algo máis ao sur construíuse o edificio da sirena (1889), do que sobresaen dúas buguinas que emitían estrondosos sons cando había néboa. Popularmente coñecíase como a Vaca de Fisterra.

Ao norte do faro, sitúase o edifico do Semáforo, que funcionou como estación de emisións de sinais marítimas e entrou en funcionamento en 1883. Despois de ser rehabilitado polo arquitecto César Portela, dedicouse á hostalería.

Nesta península do cabo Fisterra, chea de historia e lendas, hai dous lugares máis de interese para o visitante: o monte Facho e as ruínas da capela de San Guillerme. Para acceder ao cume do monte Facho temos que coller unha pista asfaltada que sae á dereita, antes de chegar ao faro. Este monte denomínase así polas lumaradas ou fachos que antigamente se prendían para alertar da chegada de embarcacións sospeitosas de piratería. No seu cume localizaríase a enigmática tumba de Orcavella, que puido ser un antigo dolmen, que deu orixe á lenda desta mítica muller centenaria e sitúanse as Pedras Santas, dous penedos redondeados, nos que se di que descansou a Virxe.

Na baixada do monte, sae unha pista á esquerda que conduce ás ruínas da capela de San Guillerme. Desde este lugar gozaremos de impresionantes panorámicas sobre Fisterra e a súa contorna. Non existen datos da fundación desta ermida, pero hai noticias de que durante a Idade Media era un importante lugar de peregrinación.

Galería de fotos de CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL

O río Xallas, que leva o nome da comarca que atravesa, ten as súas primeiras fontes na ladeira occidental do monte Caste...

Turismo Sostenible na Costa da Morte: Descobre sen deix...

A Costa da Morte conta cun patrimonio natural excelente, vivo e salvaxe. Por desgraza, a súa beleza non é eterna se non ...

Castros e dolmens prehistóricos en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é coñecida pola súa beleza natural, pero tamén pola súa rica herencia ...

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

CABO TOURIÑÁN, ÚLTIMO SOLPOR DE EUROPA

Polos anos vinte do pasado século o poeta muxián Gonzalo López Abente xa consideraba o cabo Touriñán coma a punta máis o...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...

A PENELA E RIOBÓ, HISTORIA E ARTE NO SILENCIO

Hai lugares na Costa da Morte que conservan un prezado patrimonio histórico, pero por situarse afastados das principais ...

Vilas con encanto na Costa da Morte: rutas por Corme, C...

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no ...

PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e ...

Onde atopar grafitis, murais e arte da rúa na Costa da ...

Pregúntaste onde atopar grafitis, murais e arte urbano en xeral na Costa da Morte? Pois estás de sorte, porque practicam...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...