PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO

Descobre Vimianzo a través de “PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO”. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: fíxate en pasarela.
85. Penedos de Traba e Pasarela desde a lagoa

Para comprender a importancia e o valor dos Penedos de Pasarela e Traba necesitamos coñecer como se formou este conxunto granítico e que relevancia ten dentro do noso Planeta. De sabermos que estas formas tan singulares teñen unha antigüidade duns 300 millóns de anos, que se formaron a uns 20 km de profundidade e que abundan moi pouco na Terra, a nosa apreciación cara a este espazo natural sería outra.

Segundo afirman algúns xeólogos, estes penedos xa adquiriron a configuración na profundidade anteriormente aludida hai uns 23 millóns de anos, cando estaban cubertos por unha capa de sedimentos de varios quilómetros, que desapareceu pola erosión. O xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní, cando fala dos penedos de Pasarela e Traba defende que son unha formación única no mundo e que aínda que abunda en Galicia, escasea noutras partes do Planeta.

Por descoñecemento e por intereses económicos este senlleiro lugar anos atrás estivo a punto de ser destruída pola intención de varias empresas de instalar unha canteira neste emblemático lugar, pero grazas á mobilización e denuncia de varias asociacións lograríase frear esta posible agresión e conseguir que o goberno da Xunta de Galicia declarase este espazo natural como Paisaxe Protexida en 2008. Ultimamente aínda sufriu a ameaza da construción dun parque eólico, que tamén se paralizou.

O visitante dispón de varios accesos para chegar a estes penedos, tanto desde o Concello de Vimianzo como do de Laxe. Nós propoñemos a ruta que parte do núcleo de Pasarela e leva ao lugar do Penedo, e desde alí sae un camiño que conduce á Pedra do Barco, onde se inicia o percorrido por este extraordinario lugar natural. Seguimos pola pista de terra ata tomar un camiño á esquerda que leva ao primeiro grupo de rochas situado ao norte do alto da Cachucha. Aquí atoparemos as figuras do Cantor, o Camelo, o Coello ou o Pallaso. Preto deste conxunto atópase a Pedra Multiforme, unha das formacións máis singulares.

Deixamos esta primeira estación e dirixímonos cara á Galla de Pena Forcada, que dá nome á serra que se prolonga ata o Cabo Vilán. Despois de pasar pola Pedra Abaladoira e polo Magrebí, chegamos á segunda zona na que se atopan formas tan espectaculares como a Dama da Costa da Morte, a Zafra ou a Osa.

Continuamos, agora xa por terras do Concello de Laxe, e á beira do camiño atopámonos coa Tartaruga-Peixe ou o Xigante. Ao chegar á pista collemos á dereita, para despois tomar un camiño á esquerda que conduce ao alto da Torre da Moa, a terceira estación, desde a que gozaremos dunha extraordinaria panorámica sobre a lagoa e a Praia de Traba de Laxe. Desde esta plataforma contemplamos na proximidade as figuras do Can Enfurruñado ou a Cachola do Porco.

Galería de fotos de PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

CASTELO DE VIMIANZO, SÍMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA ...

Son poucas as fortalezas medievais que lograron manterse en pé en Galicia. No territorio da Costa da Morte hai algunhas ...

As mellores rutas de senderismo en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é famosa polos seus impresionantes paisaxes de penedos, praias virxes ...

PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO

Para comprender a importancia e o valor dos Penedos de Pasarela e Traba necesitamos coñecer como se formou este conxunto...

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

A Costa da Morte presenta a súa nova campaña: unha apos...

Esta campaña parte dunha idea clara: a Costa da Morte non é un decorado nin un produto construído artificialmente para o...

Actividades ao aire libre na Costa da Morte: surf, kaya...

A Costa da Morte, como é de esperar, é terra de actividades ao aire libre. Especialmente acuáticas. Aínda que é certo qu...

CORISTANCO, TERRA DA PATACA

Cando pronunciamos o nome de Coristanco, asociado a el de inmediato vénnos á memoria a verba “pataca”, ese tubérculo com...

CARNOTA, MOITA VIDA A CARÓN DO MAR

Desde a punta de Caldebarcos, ao norte, ata a punta dos Remedios, ao sur, fórmase un gran arco areento costeiro, como co...

FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL

O río Xallas, que leva o nome da comarca que atravesa, ten as súas primeiras fontes na ladeira occidental do monte Caste...

Observación de aves en Costa da Morte

A observación de aves é moito máis que un pasatempo; é unha ferramenta poderosa para conectar as persoas coa natureza e ...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...