GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Entende A Laracha a través de “GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA”. Se estás preparando ruta, aquí tes unha parada imprescindible en formato texto. Pista: fíxate en naturaleza.
11. A área de Gabenlle está dotada con todo tipo de servizos

Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, á beira do Anllóns, sitúase a Área Recreativa de Gabenlle, un espazo natural apracible que nos convida a esquecer a axitada vida diaria. Un Anllóns, con pouco camiño andado e despois de deixar atrás o seu rebuldeiro curso alto, chega a este lugar de Gabenlle cun trazado sinuoso e augas mainas, por mor da escasa pendente do terreo.

A creación desta área recreativa comezou a finais do século pasado na parte esquerda do río, para despois continuar a súa ampliación en ambas marxes e en varias fases que se sucederon no século actual. Dotouse con un completo equipamento: parque infantil, parque biosaudable para persoas maiores, zonas de mesa e asadores, así como un edificio de servizos hixiénicos, para dar a mellor acollida aos posibles visitantes. As zonas verdes alternan con outras de bosque e á beira do río dispón dunha senda que permite camiñar a carón del e cruzar dunha banda a outra a través de tres pontes peonís.

Desde esta área temos acceso ao paseo fluvial, que, río abaixo, se prolonga desde a ponte de Gabenlle ata a do Formigueiro, un percorrido duns 2,3 km. Durante a camiñada, ademais de gozar dun excelente medio natural que nos ofrece o río e o variado bosque ribeirán que o acompaña, temos a oportunidade de contemplar varios muíños de auga restaurados: o Grande de Gabenlle, ao comezo; o chamado Muíño das Pezas, na metade do itinerario e o muíño do Formigueiro, ao final do paseo, case debaixo da ponte. Esta, actualmente moi reformada, foi construída polos anos sesenta do século XX coa pedra procedente dunha das torres que compoñían a fortaleza de Cillobre, situada á entrada da Laracha, antigo soar da familia nobre dos Mariñas, onde se atopa a capela de San Roque.

Preto desta área recreativa sitúase o castro de Gabenlle, distribuído en dous espazos arqueolóxicos: o Campo das Croas e o propio recinto castrexo, situado algo máis ao leste, rodeado por un muro circular que protexe á croa. A súa tradición lendaria fai referencia a unha xente (os xentís) que andaba fuxida e vivía baixo terra.

Galería de fotos de GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

MONTE PINDO, OLIMPO CELTA DE GALICIA

O Monte Pindo, coñecido entre a veciñanza como O Pedregal, é un accidente xeográfico tan impactante na paisaxe que non p...

A PENELA E RIOBÓ, HISTORIA E ARTE NO SILENCIO

Hai lugares na Costa da Morte que conservan un prezado patrimonio histórico, pero por situarse afastados das principais ...

Os faros máis emblemáticos da Costa da Morte

Queres saber cales son os faros máis emblemáticos da Costa da Morte? Pois imos ser sinceros dende o principio do artigo:...

VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha...

ENSEADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA

Ao longo da Costa da Morte dispoñemos de moitos espazos que nos ofrecen a posibilidade de gozar da natureza a nivel pais...

O Camiño de Santiago á fin do mundo: Fisterra e Muxía

Cada vez son máis os peregrinos que deciden continuar o Camiño de Santiago ata o fin do mundo, ben ata o Faro de Fisterr...

LAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN ESTADO PURO

Ao longo do litoral da Costa da Morte atopámonos con espazos dunha enorme riqueza paisaxística e ambiental, verdadeiros ...

Que facer un fin de semana na Costa da Morte

Se te preguntas que facer unha fin de semana na Costa da Morte, aquí traémosche un itinerario perfecto para descubrir es...

CORISTANCO, TERRA DA PATACA

Cando pronunciamos o nome de Coristanco, asociado a el de inmediato vénnos á memoria a verba “pataca”, ese tubérculo com...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...