Os faros máis emblemáticos da Costa da Morte

Faro de Cabo Vilán

Queres saber cales son os faros máis emblemáticos da Costa da Morte? Pois imos ser sinceros dende o principio do artigo: todos o son.

Así que imos a facer un percorrido por todos os faros deste territorio, destacando por diferentes motivos, aínda que todos con unha importancia capital.

Visitarémolos todos, do norte ao sur, polos faros do litoral da Costa da Morte. Case todos estes faros están unidos polo Camiño dos Faros, a excepción dos insulares e dous que se atopan máis ao sur.

Imos descubrir un por un estes salvavidas de luz, que evitan tantas tragedias no océano e inspiran a aqueles que temos o privilexio de velos dende terra.

Posta De Sol En Faro De Fisterra

Cantos faros son y para que serven

Son once os faros que gardan a Costa da Morte. Once luces que cada noite iluminan os puntos chave para evitar traxedias no mar e que tamén lle dan un pouco máis de maxia á terra.

Cada un dos faros emite unha sinal luminosa única. Ningunha é igual na mesma liña de costa. Por que? Porque así permite aos navegantes saber no que lugar exacto se atópan.

Grazas aos avances tecnolóxicos, os faros son moito menos importantes que antigamente. Non obstante, seguen sendo indispensables cando a tecnoloxía falla.

Faros da Costa da Morte

Como indicamos na sección anterior, son once os faros que protexen a Costa da Morte. Dous deles insulares, entre os que se atopa o máis septentrional.

Faro das Illas Sisargas

É un dos menos visitados por motivos obvios: está nunha illa. De todos os xeitos, pode ser visitado se collemos un bote en Malpica, concello ao que pertencen as Illas Sisargas.

Faro de Punta Nariga

Tamén está situado no Concello de Malpica de Bergantiños. É un dos faros máis modernos de Galicia, construído en 1995. Conta con 50 metros de altura e a súa construción aseméllase á dun barco. O contorno de Punta Nariga é idílico.

Faro Y Piedras De Punta Nariga En Malpica 1

Faro do Roncudo

A dous quilómetros da aldea de Corme, Concello de Ponteceso, atoparemos o seguinte faro: o Faro do Roncudo. Debe o seu nome ao ronco estrondo do mar. A zona é espectacular, cunha posta de sol preciosa e unha fama especial polos seus percebes. En Corme celébrase a súa festa gastronómica unha vez ao ano, da que falamos neste outro artigo.

O faro, que funciona dende 1920, é pequeno e ten un xemelgo ao outro lado da ría.

Faro de Laxe

Xusto ao outro lado da ría, podemos ver o Faro de Laxe, o seu xemelgo. Tamén se atopa nun espazo natural privilexiado, coma todos os faros que forman esta lista.

Nesta zona tamén hai un merendeiro e unha escultura: A Espera. Esta obra representa a unha muller cun neno pequeno nos brazos mirando ao horizonte. Como esperando un barco que non vai volver. “A Espera” conta a historia de moitas mulleres na zona e é un homenaxe a todos os falecidos no mar.

Memoria A Espera En Laxe

Faro Vilán

No Concello de Camariñas, atoparás o Faro Vilán, un dos máis icónicos da Costa da Morte. É unha das zonas máis perigosas da Costa da Morte e onde tiveron lugar algúns dos peores naufragios. Este é o faro eléctrico máis antigo de España.

Actualmente, pódese visitar o seu museo. Nel difúndese a historia dos naufragios e dos faros da Costa da Morte. Tamén hai unha sala dedicada a exposicións temporais. A entrada é gratuita.

Faro da Praia do Lago

Este é un faro pequeniño (de menor orde para o tráfico mariño) que se atopa dentro da ría de Camariñas e Muxía. Na plena desembocadura do río Grande. Está nunha praia moi bonita con vistas aos dous pobos antes mencionados. Merece a pena unha visita.

Faro de Muxía

O Faro de Muxía non destaca pola súa beleza obxectiva, pero si pola da súa contorna. Tanto o salvaxe de Punta da Barca como o Santuario da Virxe da Barca que ten ao lado fan que a visita ao Faro mereza moito a pena. Sen esquecer as vistas. Impresionantes, como a cada paso.

Faro de Cabo Touriñán

Seguimos no Concello de Muxía e imos co seu terceiro faro: o Faro de Cabo Touriñán. Este é o punto máis occidental de España. Duas veces ao ano, pódese presenciar aquí o último atardecer de Europa continental. Maxia en cada atardecer na Costa da Morte.

Faros de la Costa da Morte: Faro de cabo Touriñán en la Costa da Morte

Faro de Fisterra

A fin do mundo. Probablemente, un dos faros máis icónicos e máis visitados. Non só da Costa da Morte. Este é o fin do Camiño de Santiago. O fin do mundo. O fin de todo. Moitas son as lendas que precederon a este lugar e, certo é, que cando o visitas non che deixa indiferente.

Unha sirena e outro edificio para emitir sinais para a mariña de guerra completaban o conxunto arquitectónico. Actualmente, este último edificio é o Semáforo, para turismo rural. Si, podes durmir neste faro tan especial. E non é o único!

Solpor No Faro De Fisterra 00013

Faro Cee

Entrando na ría, no Concello de Corcubión, atoparás o Faro Cee, que data de 1860. Trátase dunha casita cun tellado a catro augas. A súa luz non só sinala os perigos da terra, senón tamén os que hai no medio da ría, que agora teñen as súas propias luces.

Faro das Illas Lobeiras e Carrumeiro

Outros dos faros menos visitados son os das Illas Lobeiras e o Carrumeiro, que precisa de barco para poder ser visto de cerca.

Son luces moi necesarias, xa que moitos foron os faros que históricamente entraron na ría de Corcubión, sentindo que o perigo quedaba no mar aberto. Pero nada máis lonxe da realidade, porque a ría alberga perigos secretos en forma de pedras.

Na Illa da Lobeira Grande, construíuse un edificio cun faro, que depende do de Fisterra.

E nunha rocha non lonxe das Illas Lobeiras, construíuse o Carrumeiro Chico. Este non leva o título de faro, senón de baliza.

Faro Islas Lobeira

Faro de Lariño

Continuando cara ao sur, chegamos ao último faro do territorio: o Faro de Lariño. Este é o outro faro no que poderás aloxarte, xa que actualmente é un hotel.

Percorrer os faros a pé

O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo que cubre 200 quilómetros de litoral. Nel, poderás visitar ao longo de varias etapas moitos dos faros recollidos neste artigo.

Xa estiveches nalgún destes faros? Tes pensado descubrilos na túa próxima visita á Costa da Morte? Se o fas, etiquétanos nas túas fotos de Instagram na conta @visitacostadamorte Aquí te esperamos!

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

MONTE BRANCO E BALARÉS, O GOCE DA PAISAXE

Monte Branco, monte Brancocando te vexo de lonxeverto a soas triste planto.E. Pondal O poeta Eduardo Pondal (1835-191...

TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das m...

CAIÓN, VILA ENRIBA DO MAR

Calquera viaxeiro que desexe coñecer a vila de Caión,, primeiro tería que observar a súa situación de lonxe, desde un do...

FERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESIÓN ARTÍSTICA

O concello de Mazaricos no pode ofrecer ao visitante unha paisaxe marítima, porque carece de litoral, pero reúne óptimas...

CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

O castro “A Cidá” de Borneiro (Cabana de Bergantiños), situado preto do dolmen de Dombate, representa unha excelente mos...

CAMELLE, OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN

Camelle, ata non hai moitos anos, era un pequeno núcleo mariñeiro que se estendía pola parte esquerda da baía que leva e...

ENSEADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA

Ao longo da Costa da Morte dispoñemos de moitos espazos que nos ofrecen a posibilidade de gozar da natureza a nivel pais...

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

Historias e lendas mariñeiras da Costa da Morte: mitos,...

A Costa da Morte é moito máis que un destino de natureza salvaxe e praias infinitas. A súa historia está vencellada ao m...

Vilas con encanto na Costa da Morte: rutas por Corme, C...

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no ...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...