CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

Percorre Cabana De Bergantiños a través de “CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA”, a vida nunha aldea da prehistoria”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA”, LA VIDA EN UNA ALDEA DE LA PREHISTORIA”. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: fíxate en aldea.
69. Construcions circulares do castro A Cida 1.jpg

O castro “A Cidá” de Borneiro (Cabana de Bergantiños), situado preto do dolmen de Dombate, representa unha excelente mostra dun poboado da Idade de Ferro no que se percibe con claridade como eran as vivendas dos habitantes destes recintos fortificados.

Localízase no extremo norte do Chan de Borneiro, sobre unha ladeira que descende cara ao rego dos Muíños. O interior do poboado está protexido por dobre muralla e un foxo, na zona chaira, e por un só muro na parte leste, por aproveitar como protección a pendente cara ao regato.

O recinto presenta unha forma ovalada que acada na croa unhas dimensións de 90 m de longo por 55 de largo, considerado como un asentamento de tamaño medio. A datación por carbono 14, das primeiras que se realizaron en Galicia, deu como momento máis antigo de habitabilidade o ano 525 a. C.

Foi un dos primeiros castros nos que se realizaron prospeccións arqueolóxicas. Nos anos trinta do pasado século Sebastián González levou a cabo a primeira intervención. Seguirao Jorge Juan Eiroa, nos anos setenta e logo Ana Romero Masiá, quen descubriu nos anos oitenta un maior número de construcións. As últimas escavacións acometeunas no ano 2007 Fidel López, na zona extramuros e na entrada situada ao leste.

A maioría das construcións da croa son de forma circular e desempeñarían a función de vivendas. Nelas non se percibe o oco da porta, que podería estar a unha maior altura dos muros conservados. Hai outras construcións de forma rectangular cos esquinais redondeados, destinadas a outras finalidades. No denominado Barrio Extramuros, situado ao pé da entrada, descubriuse unha edificación ovalada, unha fonte e unha especie de forno, que hai quen a interpreta como unha sauna.

Durante as varias campañas de escavacións realizadas atopáronse múltiples obxectos e materiais diversos. De pedra: muíños planos, pedras de afiar, moldes de fundicións ou machados pulidos. De cerámica: restos de cuncas, olas, xerras etc, De metal: agullas, aneis, fíbulas, coitelos, puñais ou fouces. A gran maioría de todos estes restos foron depositados no museo Histórico e Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón da Coruña.

Este castro está comunicado a través dunha senda duns 3 km de lonxitude co paseo da enseada da Insua, denominada Ruta dos Muíños, que discorre a carón do regato dese mesmo nome. Trátase dun camiño moi acolledor polo fermoso bosque de ribeira que o acompaña e polas abundantes construcións de muíños de auga que se van sucedendo ao longo do percorrido.

Galería de fotos de CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

Os faros máis emblemáticos da Costa da Morte

Queres saber cales son os faros máis emblemáticos da Costa da Morte? Pois imos ser sinceros dende o principio do artigo:...

CAMARIÑAS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE

Camariñas é desas vilas que ten un selo de identificación moi definido, pois simplemente con pronunciar o nome desta loc...

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

As praias segredas da Costa da Morte

As praias secretas da Costa da Morte son case calquera que non estea nun núcleo urbano. O territorio da Costa da Morte, ...

CORCUBIÓN, VILA E PORTO SEÑORIAL DOS ALTAMIRA

A vila de Corcubión, hoxe capital dun pequeno concello, foi a cabeza reitora dunha extensa xurisdición sobre a que exerc...

Eclipse 2026 na Costa da Morte

Xa saben: a eclipse total de Sol prodúcese porque a Lúa se coloca xusto diante do Sol, e tápanolo. O tamaño aparente dos...

FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL

O río Xallas, que leva o nome da comarca que atravesa, ten as súas primeiras fontes na ladeira occidental do monte Caste...

CAMELLE, OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN

Camelle, ata non hai moitos anos, era un pequeno núcleo mariñeiro que se estendía pola parte esquerda da baía que leva e...

ENSEADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA

Ao longo da Costa da Morte dispoñemos de moitos espazos que nos ofrecen a posibilidade de gozar da natureza a nivel pais...

Semana Santa 2026 na Costa da Morte: qué facer en cada ...

A Semana Santa 2026 na Costa da Morte é unha das mellores épocas do ano para descubrir este recuncho atlántico de Galici...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...