FARO VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE

Coñece Camariñas a través de “FARO VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE”. Para ler con calma: axudarache a mirar o lugar con outros ollos. Pista: fíxate en vilan.
114. Cabo e faro Vilán ao solpor

Nun tempo no que ningún núcleo costeiro da contorna dispoñía de luz eléctrica, o resplandor da luz do faro Vilán producía na xente da zona un impacto extraordinario. O potente lampo que emitía ata lle chamou a atención ao escritor baiés Enrique Labarta Pose, que o recolleu nun dos seus contos, a comezos do século XX.

Debido ao perigo deste tramo de costa no que abundan os baixos e pronunciados cantís, onde se produciron numerosos naufraxios, o cabo Vilán foi un dos lugares nos que se instalou un dos tres primeiros faros construídos na Costa da Morte, xunto cos das illas Sisargas e Fisterra.

No ano 1854 construíuse o faro antigo, obra mal proxectada tanto pola súa inadecuada situación como pola escasa potencia de luz. Por iso, poucos anos despois, houbo que construír un novo faro nunha elevación máis ao norte e de maior altura, con máis potencia luminosa, como foi o novo Vilán. Un proxecto dos enxeñeiros Francisco Lizárraga e Adolfo Pequeño, que entrou en funcionamento en 1896.

A torre, de sección octogonal, choída con pezas de granito rosa procedentes da canteira de Pena Maior, xunto coa lanterna, acada unha altura do chan de 24 m e 104 con respecto ao mar. Por falta de superficie arredor da torre, houbo que construír o edificio de vivendas para os torreiros e a sala de máquinas nunha explanada inferior.

Foi, este novo Vilán, o primeiro faro de España en utilizar a enerxía eléctrica que producían dúas máquinas de vapor. Trala chegada de corrente por cable en 1924, derrubouse a nave de máquinas e no seu lugar quedou a explanada que actualmente hai diante do edificio de vivendas.

Co paso do tempo fóronselle incorporando ao faro novos servizos, como o radiofaro (1922) que transmitía un sinal en código morse igual que a luminosa ou a instalación da sirena e unha nova óptica e lanterna (1962). Con algunhas das máquinas ou mecanismos que se retiraron en varias reformas, creouse no baixo do edificio un pequeno museo aberto ao público. Nun outeiro que hai ao sur da explanada aínda se conserva parte da torre do primitivo faro Vilán. Desde este lugar temos unha magnífica panorámica do novo faro e de toda esta zona costeira.

Á volta de cabo Vilán é moi recomendable tomar a pista de terra que leva ao Cemiterio dos Ingleses, que nos ofrece inmellorables vistas sobre o cabo e o faro, nun dos tramos costeiros máis fermosos do litoral galego. O camposanto construíuse para darlle sepultura aos corpos que o mar arrastrou á costa, do naufraxio do buque inglés The Serpent, que bateu contra os cantís da punta do Boi o 10 de novembro de 1890 e no que perderon a vida 173 tripulantes dos 176 que levaba a bordo.

Galería de fotos de FARO VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

HÓRREO DE CARNOTA, BELEZA ARTÍSTICA NUNHA CONSTRUCIÓN P...

Non existe ningunha outra construción que identifique a paisaxe galega coma o hórreo. Tan pronto como pasamos por un núc...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...

Eclipse 2026 na Costa da Morte

Xa saben: a eclipse total de Sol prodúcese porque a Lúa se coloca xusto diante do Sol, e tápanolo. O tamaño aparente dos...

Que Visitar en Costa da Morte en 10 Días

Pregúntaste que visitar na Costa da Morte en 10 días? Pois a continuación traémosche a resposta en detalle. Na nosa opin...

LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Ao sur da ría na que o Anllóns entrega a colleita hídrica que foi recadando ao longo do seu camiñar por terras bergantiñ...

REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL

O río Anllóns, esa serpe de prata que atravesa Bergantiños de leste a oeste, despois do seu paso pola vila de Carballo e...

CAIÓN, VILA ENRIBA DO MAR

Calquera viaxeiro que desexe coñecer a vila de Caión,, primeiro tería que observar a súa situación de lonxe, desde un do...

CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arceb...

PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e ...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...